Víctor Català e a narrativa e o teatro modernista
Víctor Català
É, xunto con Raimon Casellas e Josep Pous i Pagès, un dos máximos representantes da narrativa rural modernista.
Naceu na vila empordanesa de L'Escala, situada entre o mar e a serra del Montgrí, escenario das súas obras. Víctor Català é o pseudónimo que adoptou a escritora Caterina Albert i Paradís a raíz do escándalo provocado polo seu conto L'infanticida nos Jocs Florals de Olot. O xurado quedou conmocionado ao descubrir que aquel relato tan escabroso o escribira unha muller e a partir de entón asinou as obras co pseudónimo. É unha artista polifacética, que cultivou a pintura, a escultura, a poesía e o teatro, pero destacou no campo da narrativa. A súa produción narrativa pódese dividir en tres etapas:
1902-