Linguas minorizadas e minoritarias
3. LINGUAS MINORIZADAS ELINGUAS MINORITARIAS. O GALEGO EN VÍAS DE NORMALIZACIÓN
O concepto de lingua minorizada.
Enténdese lingua minorizada as linguas non oficiais que sendo historicamente propias dun pobo e vehículo das súas manifestacións culturais, sofren a competencia doutra lingua allea á comunidade e que constitúe unha ameaza para a súa supervivencia. Noutras palabras é toda variedade lingüística que comparte espazo lingüístico con outra que é a lingua oficial e a de desenvolvemento pleno. Podemos distinguir diversos tipos de linguas minorizadas segundo o seu estatus:
Linguas que non teñen ningún tipo de recoñecemento legal; as linguas distintas do francés en Francia.
Linguas que teñen algún tipo de recoñecemento,
...