Linguas minorizadas e minoritarias
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 10,84 KB
3. LINGUAS MINORIZADAS ELINGUAS MINORITARIAS. O GALEGO EN VÍAS DE NORMALIZACIÓN
O concepto de lingua minorizada.
Enténdese lingua minorizada as linguas non oficiais que sendo historicamente propias dun pobo e vehículo das súas manifestacións culturais, sofren a competencia doutra lingua allea á comunidade e que constitúe unha ameaza para a súa supervivencia. Noutras palabras é toda variedade lingüística que comparte espazo lingüístico con outra que é a lingua oficial e a de desenvolvemento pleno. Podemos distinguir diversos tipos de linguas minorizadas segundo o seu estatus:
Linguas que non teñen ningún tipo de recoñecemento legal; as linguas distintas do francés en Francia.
Linguas que teñen algún tipo de recoñecemento, aínda que están secundarizadas en relación co a lingua do estado; o galego.
Linguas minorizadas que teñen distintos graos de recoñecemento legal, o catalán en España, Francia, Italia, Andorra.
Existen casos excepcionais nos que a lingua nacional é a lingua minorizada, o gaélico idioma nacional e oficial en Irlanda.
O concepto de lingua minoritaria.
Respecto a estas linguas a realidade é moi diversa. O que teñen en común todos os casos é que a posición do grupo humano que as sustenta é minoritario, fronte a outras que se falan no mesmo territorio ou zonas adxacentes. O principio territorial é básico na súa definición, así como o factor político: as comunidades de falantes soen ser periféricas co poder central. Esta situación implica un risco para a súa subsistencia.
John Edwards estableceu unha tipoloxía das linguas minoritarias:
Linguas minoritarias únicas: só se falan no seo dun estado.
Linguas minoritarias non únicas: fálanse no seo de máis dun estado.
Linguas só minoritarias localmente: as que son maioritarias noutro estado.
O galego: lingua en vías de normalización.
Falamos de proceso de normalización lingüística cando estamos ante unha recuperación dunha lingua que, foi desprazada por outra foránea e viu restrinxidos os seus usos. O enfrontamento pola primacía social entre un idioma hexemónico e outra lingua minorizada só ten dúas saídas: a substitución lingüística ou a normalización lingüística.
O procesos de normalización está constituído por todas as medidas e accións que teñen como obxectivos o uso normal dunha lingua minorizada en todos os seus ámbitos e a recuperación de todas as funcións dentro da propia comunidade.
Dende fins da Idade Media produciuse unha imposición do castelán e tomáronse medidas políticas e legais destinadas a concederlle unha situación de supremacía con respecto a outros idiomas falados nos territorios que constitúen o estado español. A anormalidade lingüística afectou á súa consideración social e ó seu desenvolvemento nos ámbitos máis prestixiosos.
Nos s. XVIII e XIX, detectase o proceso de desgaleguización que afecta ás clases medias e altas, xorden as primeiras voces de defensa do galego. O proceso de normalización iniciase co noso Rexurdimento literario. O labor continúano as Irmandades no primeiro terzo do XX.
No último cuarto do XX iniciase un proceso de recuperación institucional, existían as bases establecidas por numerosos axentes sociais e culturais no franquismo. Nos 80 o proceso de normalización prodúcese dentro dun marco legal que contempla unha serie de institucións que teñen como obxectivo a promoción social da lingua.
Aínda que non son o único axente normalizador, as institucións públicas teñen un papel determinante no proceso de normalización. Na Xunta a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten como obxectivo a promoción da lingua na administración e na sociedade. Tras a entrada en vigor da LNL o proceso levado a cabo en Galicia non conseguiu deter a progresiva substitución do galego polo castelán. As actuacións centráronse en 4 aspectos:
A mellora da competencia en galego, cursos de formación para os traballadores da función pública.
A introdución do galego en espazos que non estivera marxinado, mediante a concesión de axudas e subvencións.
O financiamento da CRTVG, creada para promover a lingua e a cultura galegas.
A extensión do galego nas novas xeracións, centrándose os esforzos no ámbito do ensino universitario.
Os resultados non foron os esperados. As principais eivas da política lingüística poden resumirse en 3 puntos:
Falta de formación en planificación lingüística do persoal responsable.
Incumprimento da normativa legal establecida.
Inadecuado seguimento e valoración dos investimentos realizados.
Se se quere a normalización cómpre que as novas xeracións utilicen a lingua e que o fagan en todos os ámbitos da vida. É o principal reto no camiño da normalización, moito máis que os organismos intitucionais, a cidadanía comprometida con este proceso xogou e xoga un papel moito máis activo e importante a través de movementos, asociacións ou organismos.
A lexislación relativa á lingua galega caracterizase por certa imprecisión temporal e denotativa. Durante máis de 20 anos levouse a cabo un proceso de normalización sen a existencia dun plan xeral, coa conseguinte desorganización, improvisación e parcialidade. O Plan Xeral de Normalización Lingüística non se elaborou ata marzo de 2004, pero a súa aplicación esta pendente na maioría dos ámbitos.
Á grande unidade que presenta o galego na súa xeografía falase de bloques para referirse o conxunto de falas no canto de dialectos.
Bloque occidental, presenta menor extensión e maior vitalidade demográfica ( A Coruña e Vigo). É o máis innovador debido a vitalidade. En canto a fonética encontramos gheada, seseo explosivo e implosivo, alteración do timbre etimolóxico do “e” e “o” tónicos. Na morfoloxía, terminacións –ns para masculino plural, en –án para masculino e feminino, o pronome ti e el, terminación verbal da 2ª persoa do pretérito de indicativo da 2ª conxugación en –eche(s) ou –este(s), desinencia –des para a 2ª persoa do plural maioritaria, formas verbais incrementadas cun –n.
Bloque central, inclúe toda a Galicia central, é o máis extenso. É o que representa mellor as características do galego común ou xeral. Na fonética gheada na parte occidental e ausencia na oriental, seseo implosivo só en Coruña e Pontevedra, ditongo –oi-. Na morfoloxía, plural en –s para os substantivos e adxetivos rematados en -n, terminación –ao para o masculino e –á para feminino, pronome suxeito ti no occidente e tu en oriente, desinencia da 2ª do singular do pretérito de indicativo da 2ª conxugación en –iche(s), e desinencia da 2ª persoa do plural do presente de indicativo en –des.
Bloque oriental, inclúe as falas do leste de Lugo e Ourense e o galego exterior, é un complexo de falas moi consevadoras, presentan semellanzas co latín. Na fonética, ausencia de gheada e de seseo, ditongos –ui-, -u-, -ua-, formas con –ax-. Na morfoloxía, plural en –is para substantivos rematados en –n e –l, terminación –ao para o masculino e –á para feminino, terminación –ín en lugar de –iño, pronome tu, desinencia da 2ª persoa do plural en –is, formas verbais incrementadas cun –n.
Os bloques divídense en áreas, que son zonas do bloque que, mantendo as características propias do bloque , posúe trazos lingüísticos de seu. Dentro de cada área pódense establecer subáreas.
No bloque Occidental, atopamos: A. Fisterrá, con seseo explosivo e cheísmo cas subáreas Xallas, Tambre-Barbanza, Bembibre, Compostelá. A. Bergantiñá, co ditongo –oi-, desinencia –ui e non hai seseo nin cheísmo ca subárea Ponteceso-Malpica. A. Pontevedresa, co radical hub- e o radical trux- cas subáreas Ulla-Umia e Verdugo-Miño
No bloque Central, atopamos: A. Mindoniense, cos pronomes nosoutros/vosoutros, fonema / / aberto no subxuntivo presente e léxico característico cas subáreas occidental e oriental. A. Lucu-auriense, cos pronomes masculinos con i e acentuación etimolóxica cas subáreas Lucense, Auriense e Limia Baixa.
No bloque Oriental atopamos: A. Asturiana, cas terminacións –íus/ías, mantemento do –l- intervocálico, artigo el ou l` e posesivos meu, tou, sou cas subáreas A Veiga-Oscos-Ibias e Salave-Coaña-Boal. A. Ancaresa con gheada, vocais nasais, desinencias –í e –e para pretéritos perfectos. A. Zamorana coa ausencia do ditongo en muto e truta, teísmo e pronome o formando ditongo cas subáreas Porto e A Mezquita-Lubián. A. Oriental Central cas formas muito/muto/mutio, ditongo –ua- e plural cais cas subáreas A Fonsagrada-O Courel- O Bierzo e Valdeorras- OBolo.