Manuel Antonio: Análise de De catro en catro
De catro en catro é unha das obras máis importantes de Manuel Antonio. Esta obra correspóndese co período en que Manuel Antonio comeza, en 1926, as prácticas de navegación no mercante de cabotaxe, con viaxes polo Atlántico e polo Mediterráneo.
A relación desta obra coas vangardas baséase en tres elementos principais que son o compromiso ideolóxico, a relación entre o autor e o texto, e por último a vontade renovadora respecto da linguaxe e da forma poética.
En canto ao compromiso ideolóxico, o autor defende a idea de que a poesía de vangarda non debe preocuparse da ideoloxía porque o poema non pode transmitir ideas, por iso a elección do galego como idioma poético debe ser marca...