Bloques dialectais do galego: características e áreas
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,5 KB
Bloque occidental (occidente de Coruña e Pontevedra)
- Gheada (amigha, ghaliña): nas vilas costeiras, o son aspirado deste fenómeno provoca unha pronuncia semellante ao «j» do castelán.
- Seseo: implosivo (lus, des) en case todas as falas do bloque e explosivo (faser, vesiño) só en parte.
- Terminación -án: sen distinción de xénero (meu irmán / miña irmán).
- Plural en -ns: as palabras que rematan en -n forman o plural engadindo -s (cans).
- Pronomes: uso da forma ti como pronome suxeito da segunda persoa.
- Verbos: formas como colleche(s) na segunda persoa do pretérito de indicativo no canto de colliches.
Áreas do bloque occidental
- Área fisterrá: cheísmo (uso do che como CD): «Vinche».
- Área bergantiñá: terminación -iu na 3ª persoa do pretérito de indicativo dos verbos da 2ª e 3ª conxugación (colliu, partiu).
- Área pontevedresa: terminación -eu na 3ª persoa do pretérito de indicativo da 2ª e 3ª conxugación (colleu, parteu).
Bloque central (Lugo, Ourense e interior de Pontevedra e Coruña)
- Gheada: presente, aínda que non afecta a toda a área central.
- Seseo: na maioría das falas non existe.
- Terminación -ao/-á: con oposición de xénero (meu irmao / miña irmá).
- Plural: as palabras rematadas en -n forman o plural quitando o -n e engadindo -s (cas). Só no noroeste ourensán e ao sur do val de Verín existe o plural en -ns (cans).
- Pronomes: alternancia das formas ti/tú (ti sabes / tú sabes).
- Ditongo: o ditongo oi é maioritario (moito, loita).
- Verbos: terminación da 2ª persoa do pretérito de indicativo en -iche(s) (colliche(s)).
- Sufixo -des: é maioritario na 2ª persoa do plural (cantades).
Áreas do bloque central
- Área mindoniense: uso dos pronomes nosoutros e vosoutros no canto de nós e vós, e desprezamento acentual.
- Área lucu-auriense: formas dos demostrativos iste, ise, aquil e o pronome il.
Bloque oriental (Lugo, Ourense e zonas de Asturias, León e Zamora)
- Inexistencia de gheada e seseo.
- Conservación do «u»: nas formas cuatro, cuando...
- Terminación -ín: no canto de -iño (Camín).
- Plural en -is: os nomes rematados en -n forman o plural engadindo -is (cais).
- Pronomes: o pronome suxeito é tú.
- Ditongo -ui: muito. Tamén formas monotongadas como muto con desprazamento do segundo elemento do ditongo (mutio).
- Verbos: terminación da segunda persoa do presente de indicativo en -is (cantais).
Áreas do bloque oriental
- Área asturiana