Cantigas de amigo: Análise e simboloxía
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,02 KB
Marcas da cantiga de amigo
- Voz poética feminina: a pesar de estar compostas por homes, a voz é a dunha muller nova namorada. A nai é a súa confidente.
- Palabra "amigo": aparece nos primeiros versos.
- Localización topográfica: breve e imprecisa, no inicio ou refrán. Pode ser o interior, o lugar de partida do namorado ou o lugar de encontro da parella.
- Símbolos naturais: para expresar o sentimento amoroso e erótico.
- Pequenas escenas da vida cotiá: nas que as mulleres tiñan un protagonismo exclusivo.
- Elementos repetitivos: paralelismo, leixaprén ou refrán.
Modalidades
- Cantigas monologadas: unha muller que fala consigo mesma. O destinatario pode ser o namorado, a nai, confidentes, Deus, a natureza, etc.
- Cantigas dialogadas: dúas ou máis voces e un destinatario marcado por un apóstrofe ao inicio.
- Cantiga con narración mixta: ningún destinatario explícito.
Temas
- Ausencia do amigo: marchou, non vai ao encontro da amada ou é infiel. Isto provoca un amor desgraciado e produce coita. Outro obstáculo da relación amorosa é a nai da protagonista, que a ten vixiada.
- Amor correspondido: ledicia dos namorados.
- Gabanza propia da muller: é consciente da súa beleza e declárao con orgullo a través da gabanza da súa propia persoa.
Personaxes
- Muller namorada (amiga): protagonista, nova, inxenua, confiada, consciente e orgullosa da súa beleza. A descrición física faise mediante cualificativos xerais, apenas hai referencias a outras partes do corpo.
- Amigo: apenas participa na acción. Sabemos que marchou do lado da amiga e intuímos o seu estado de ánimo.
- Nai: confidente, cómplice, protectora e gardiá da virtude da filla; pero tamén trata de poñer obstáculos na relación impedindo que se vexan.
- Amiga confidente: pode tomar a voz da cantiga e compartir a alegría do amor, darlle algún recado ao namorado ou ser a súa conselleira.
Modalidades xenéricas
- Mariñas ou barcarolas: teñen como escenario o mar e os barcos que o atravesan (Mendiño, Martín Codax).
- Cantigas de romaría ou santuario: fai referencia á intención de ir en romaría ou peregrinación a ermidas e santuarios relixiosos (pretexto de unión dos namorados).
- Bailadas ou bailías: referencias á danza (alegría do amor e a vida).
- Alba: separación dos amantes ao amencer, alertados por gardas, polo amigo ou polo canto dun galo (Nuno Fernández Tornerol).
Símbolos e natureza
- Árbores: bosque como locus amoenus para o encontro dos namorados ou asociadas coa fertilidade e o gozo do amor (abeleiras en flor → fecundidade).
- Auga: ten poder fertilizante e connota pureza e virxinidade. Ideal para o encontro.
- Baños de amor: xunto co aseo do corpo, é un ritual erótico que precede o encontro amoroso e o baño conxunto dos namorados.
- Cabelo: muller con pelo longo e solto → muller solteira; suxeición do pelo → compromiso ou casamento. A que entregaba os seus cabelos → virxinidade; lavado dos cabelos → preludio amoroso.
- Cervo: potencia viril masculina e referente da axitación sentimental.
- Doas: agasallos que intercambian os namorados, proba sentimental. A perda dunha → infidelidade. Cinta ou cordón da camisa → posesión carnal. Rotura do vestido → perda da virxinidade.
- Fonte: principio da vida, amor e fecundidade (encontros, relacións sexuais, perda da virxinidade da muller, etc.).