Memorias dun esqueleto (Un ollo de vidro) de Castelao: resumo da prosa galega do primeiro terzo do s.XX
3.- A prosa do primeiro terzo do s.XX:
Entre o 1916 e 1936, grazas ao un espazo político e cultural, impulsado polas Irmandades da Fala e o Grupo Nós, a lingua adquire novos ámbitos expresivos. A dinamización da actividade editorial foi fundamental para impulsar a práctica literaria, especialmente daqueles xéneros menos desenvolvidos, como era o caso da prosa.
As chamadas coleccións de novela curta prepararán o terreo para consolidación da prosa galega. AS editoriais ¡Terra a nosa!, Céltiga, Aborada, e Lar ( antecedente da editorial Nós) publican máis de 70 noveliñas, onde se inician os principais
narradores da época. Estas narracións propoñen novos modelos temáticos (humor, simbolismo, Naturalismo, macabrismo, ...) que contrasta
...