Memorias de un esquelete (un ollo de vidro) castelao resumen

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,23 KB

3.- A prosa do primeiro terzo do s.XX:

Entre o 1916 e 1936, grazas ao un espazo político e cultural, impulsado polas Irmandades da Fala e o Grupo Nós, a lingua adquire novos ámbitos expresivos. A dinamización da actividade editorial foi fundamental para impulsar a práctica literaria, especialmente daqueles xéneros menos desenvolvidos, como era o caso da prosa. 

As chamadas coleccións de novela curta prepararán o terreo para consolidación da prosa galega. AS editoriais ¡Terra a nosa!, Céltiga, Aborada, e Lar ( antecedente da editorial Nós) publican máis de 70 noveliñas, onde se inician os principais 

narradores da época. Estas narracións propoñen novos modelos temáticos (humor, simbolismo, Naturalismo, macabrismo, ...) que contrasta co costumismo ruralista decimonónico. Entre outras, publícase Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros( Risco),Un ollo de vidro.
Memorias dun esquelete(Castelao), Maliaxe ( Amado Carballo), Cousas (Castelao) ou Manecho o da rúa( Lesta Meis...) 

Neste primeiro terzo conviven varios grupos de narradores : os narradores das Irmandades, o Grupo Nós e os novecentistas. 

Das Irmandades cobran especial relevancia a figura deAntón Villar Ponte(fundador no 1916 das Irmandades da Fala e do seu voceiro , a revista A Nosa Terra) polo seu labor periodístico e por ser o iniciador o ensaio político. Nesta liña debemos situar tamén aLois Porteiro Garea, e Xoán Vicente Viqueira. 

Co Grupo Nós, que recibe o nome da revista que publican dende 1920 ata 1936, a prosa galega consolídase e modernízase en todos os seus rexistros (novela, ensaio, discurso científico...). Dentro dos escritores do Grupo hai que distinguir o cenáculo ourensán (Risco , Otero Pedrayo e Cuevillas) que, entre outros trazos, comparten a mesma evolución dende un inicial individualismo e ansias de mundos exóticos a un traballo colectivo a prol da cultura galega, ao ingresaren en 1918 nas Irmandades da Fala. Esta viaxe vai ser reflectida na novela Arredor de si de Otero Pedrayo,e nos ensaios Nós, os inadaptados de Vicente Risco. 

Vicente MARTÍNEZ-RISCO. Publica o ensaio Teoría do Nacionalismo Galego. A súa produción narrativa ten unha intencionalidade didáctica e é a continuación do seu pensamento filosófico: esoterismo, atlantismo, visión cíclica da historia... Iníciase co relato Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, unha narración humorística sobre ciencias ocultas e a figura de TUthankhamon. Os seguintes contos van achegarse ás lendas e ás tradicións populares (O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán). O porco de pé é unha novela longa que supón o cume narrativo de Risco. O porco de pé é Don Celidonio, que ascende de tendeiro vulgar de orixe castelá a alcalde dunha cidade galega, e que encarna a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía e a penetración cultural allea. Para esta ficción bota man das longas enumeracións, da parodia, da sátira, da caricatura, das imaxes degradantes,... A Guerra Civil silenciou unha voz que contribuíu de xeito decisivo no rexurdimento literario deste primeiro terzo do século XX 

RAMÓN OTERO PEDRAYO é o escritor máis prolífico e cultivou todos os xéneros. As claves do seu pensamento (cristianismo e tradición) son fundamentais para entender a súa obra. A crítica acostuma dividir a súa narrativa entre obras históricas e psicolóxicas. Entre as primeiras destaca o conxunto de novelas e relatos que que amosan a transformación da sociedade galega rural durante o século XIX, facendo fincapé na decadencia da fidalguía. Os camiños da vida é a novela máis importante 

deste ciclo. Dentro das novelas psicolóxicas, onde a trama xira arredor do conflito interior dos personaxes, destaca Arredor de si, onde Otero se retrata a si mesmo na figura de Adrián Solovio. 

De entre a súa fecunda produción ensaística destacao Ensaio histórico sobre a cultura galega,primeira grande síntese interpretativa da nosa evolución histórico-cultural ao longo dos tempos 

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO, pertencente ao Grupo Nós, tamén contribuíu á modernización da prosa. A súa polifacética obra –debuxos, pintura, novela, relato, ensaio, teatro- non comparte o culturalismo dos ourensáns nin o afán doutrinal. Opta por dar testemuño da realidade presente, concedéndolle o protagonismo ás clases populares. A técnica narrativa de Castelao apóiase nunha narración esencial que achega os trazos esenciais e o resto da información só se suxire. Así conséguense textos breves e sintéticos que se caracterizan pola depuración, a sinxeleza, o lirismo e humor que aproveita para facer sátira social. A súa primeira obra é Un ollo de vidro. O seu subtítulo “Memorias dun esqueleto” é indicativo da súa historia. Cousas é a fórmula literaria máis orixinal de Castelao: corenta e catro microtextos con ilustracións do autor . O libro Retrincos é unha colección de cinco contos que se nos presentan como autobiográficos.
Os dous de sempre
é a única novela de Castelao e nos seus capítulos narra a vida diverxente dos dous protagonistas: Pedriño e Rañolas. A obra amosa unha certa concepción determinista do ser humano. 

As principais obras ensaísticas de Castelao son Sempre en Galiza, síntese do seu pensamento político e a conferencia Alba de gloria. 

Tamén participan na renovación da narrativa deste período os Novecentistas ou Xeración de 1925, aínda que ben a achega dos novos non tivo tanta relevancia como na poesía. O escritor máis destacado é Rafael Dieste. Dos arquivos do trasno é a súa principal obra narrativa. O eixo temático da narrativa de Dieste xira arredor da psicoloxía e das vivencias misteriosas ou con algún matiz extraordinario. 

En resumo, no primeiro terzo do século XX a literatura galega experimentou un novo impulso, especialmente significativo no eido da prosa ( relato, novela, ensaio) que se asentou e modernizou grazas á obra de autores como Otero Risco e Castelao.As temáticas que se tratan dan conta dun mundo que se perde, inciden nas deficiencias do momento , ou asentan os sinais de identidade nunha singularidade creadora.