Usos de 'se' e 'que' e normalización do galego
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,68 KB
Actualizado el
Resumen
Este documento explica os valores de 'se' e 'que' en galego, con exemplos de cada uso. Describe os valores do 'se' como conxunción, condicional, pronome ou pasiva reflexa, e os do 'que' como conxunción, relativo, interrogativo ou exclamativo. Tamén resume a normalización lingüística en Galicia, desde a Constitución e o Estatuto ata a presenza do galego na educación e nos medios.
Puntos clave
- O 'se' pode ser conxunción completiva, condicional, comparativa, pronome, reflexo, recíproco, pasiva reflexa ou activa impersoal.
- O 'que' pode ser conxunción completiva, causal, consecutiva, concesiva, comparativa, relativo, interrogativo ou exclamativo.
- Nalgúns verbos o 'se' é reflexivo: 'Lavouse' é intransitivo, mentres que 'Lavou o pelo' é transitivo.
- En 1983 entrou en vigor a Lei de Normalización Lingüística, que regula o uso do galego nas administracións e servizos.
- En 1985 comezaron as emisións da Radiotelevisión de Galicia, que ampliaron a presenza do galego nos medios audiovisuais.
- En setembro de 2004 o Parlamento galego aprobou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, con 445 medidas.
- No curso 2007-2008 entrou en vigor un decreto que establece que en Primaria e ESO polo menos o 50% das materias sexan en galego.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Valores de 'se' e 'que' e a normalización do galego
Valores do 'se'
- Conxunción completiva: Quero saber se o identificas.
- Condicional: Se estudas, aprobas.
- Comparativa (coma se, como se): Fixo coma se non oíse.
- Pronome (non ten función sintáctica. É acompañante do verbo)
- Compoñente de verbos pronominais (xeralmente, de emoción): Quéixase seguido. Séntese mal.
- Reflexivo: Caeu e mancouse. (Ollo! Hai verbos que poden ter dobre valor, pronominal (intransitivos) e non pronominal (transitivos). Ex. Lavouse./Lavou o pelo.; Queimouse./Queimou os papeis).
- Recíproco: Quérense moito.
- Pasiva reflexa (concordan suxeito paciente e verbo): Nestas hortas plántanse patacas.
- Activas impersoais (carecen de suxeito e acompañan un verbo que non pode ir en plural): Falouse deses temas. Aquí apréndese moito.
Valores do 'que'
- Conxunción completiva: Pensei que non viñas.
- Causal: Non mo digas, que xa o sei, creo.
- Consecutiva: Cheguei tan tarde que xa non puiden intervir.
- Concesiva: Que veña, si.
- Comparativa: Xoga máis que estuda.
- Disxuntiva: Hei de saudala, que queira, que non.
- Copulativa: Dálle que dálle.
- Nexo de perífrase: Teño que marchar.
- Parte de locucións conxuntivas: aínda que, malia que.
- Pronome relativo: Esta é a rúa na que nacín. Son eles os que teñen a solución.
- Interrogativo: Que fas?
- Exclamativo: Que grande es!
A normalización lingüística en Galicia
No ano 1975 morre Franco e tres anos máis tarde as Cortes democráticas aproban a Constitución, que establece a cooficialidade de galego e castelán en Galicia. En 1981, no Estatuto de Autonomía, establécese que “a lingua propia de Galicia é o galego” e que “ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua”.
No ano 1983 entra en vigor a Lei de Normalización Lingüística, que regula o uso do galego nas diversas administracións e servizos. O galego convértese na lingua oficial da administración autonómica: da Xunta de Galicia e todas as súas Delegacións e do Parlamento, pero tamén de Deputacións e Concellos. A lingua incorpórase ao sistema educativo como materia obrigatoria de aprendizaxe, pero tamén como lingua vehicular doutros contidos (agás no sistema universitario, no que o uso da lingua non está legalmente regulado na práctica académica).
No ano 1985 comezan as emisións da Radiotelevisión de Galicia (TVG e RG), que ampliou a escasa presenza do galego nos medios audiovisuais existente ata o momento nos espazos informativos, e que asentou o galego nos programas de temáticas diversas e na incipiente ficción. En setembro de 2004 o Parlamento galego aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: 445 medidas destinadas a potenciar o galego. En setembro de 2005 o Consello de Europa recomenda que en Galicia o ensino sexa “principalmente en galego”.
No curso 2007-2008 entra en vigor o decreto que establece que en Primaria e ESO polo menos o 50% das materias sexan en galego. En 2010 un novo decreto reduce a presenza do galego ata un máximo do 50% e abre as portas a que os centros vaian introducindo progresivamente o inglés como lingua vehicular. Aínda que o control do cumprimento normativo fose laxo neste período, o galego foise incorporando á oficialidade institucional do país e hoxe está presente en ámbitos que lle foran alleos desde había séculos, como a actividade xurídica, política ou académica. Mesmo o seu uso comercial, aínda que non maioritario, preséntase como un elemento de rendibilidade e prestixio vinculado a certos produtos. Cada vez úsao un maior número de profesionais liberais.
No plano cultural (literario, audiovisual, musical etc.), a expansión do uso do galego incrementouse nestas últimas décadas en moita maior medida ca noutros ámbitos coma o científico ou o sanitario, nos que, porén, tamén se produciu un avance no seu uso formal. Mesmo as grandes produtoras de contidos audiovisuais, coma Netflix, está a apostar nos últimos meses pola ampliación da súa oferta en galego.
Preguntas frecuentes
Cales son os valores do 'se' en galego?
O 'se' pode ser conxunción completiva, condicional ou comparativa, ou pode funcionar como pronome. Tamén pode ser reflexo, recíproco, pasiva reflexa ou activa impersoal.
Que tipo de 'que' é o de 'Teño que marchar'?
Nese caso o 'que' é nexo de perífrase. O texto usa esta frase como exemplo deste valor.
Cando entrou en vigor a Lei de Normalización Lingüística?
Entrou en vigor no ano 1983. Regula o uso do galego nas diversas administracións e servizos.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.