A Idade Moderna: Exploracións Portuguesas e Castelás
A Idade Moderna, unha nova era
No século XV os europeos coñecían Europa, as terras que rodean os mares Mediterráneo e Negro, a India, China e Xapón a través dos mercadores. Non sabían case nada da África subsahariana, nada de América, Oceanía e Antártida.
Os mercadores traían produtos exóticos de Extremo Oriente a través da Ruta da Seda, unha serie de vías que unían Constantinopla con China.
Os turcos conquistaron Constantinopla, ocuparon o Imperio Bizantino e a Ruta da Seda quedou interrompida. Os mercadores tiveron que buscar rutas alternativas.
Os avances na navegación
- O compás: permitiu navegar sen ter a costa á vista e facilitou a navegación nocturna, o que acurtou a duración das viaxes marítimas.
- O astrolabio e o cuadrante: