A Idade Moderna: Exploracións Portuguesas e Castelás

Ciencias sociales3,38 KB

A Idade Moderna, unha nova era

No século XV os europeos coñecían Europa, as terras que rodean os mares Mediterráneo e Negro, a India, China e Xapón a través dos mercadores. Non sabían case nada da África subsahariana, nada de América, Oceanía e Antártida.

Os mercadores traían produtos exóticos de Extremo Oriente a través da Ruta da Seda, unha serie de vías que unían Constantinopla con China.

Os turcos conquistaron Constantinopla, ocuparon o Imperio Bizantino e a Ruta da Seda quedou interrompida. Os mercadores tiveron que buscar rutas alternativas.

Os avances na navegación

  • O compás: permitiu navegar sen ter a costa á vista e facilitou a navegación nocturna, o que acurtou a duración das viaxes marítimas.
  • O astrolabio e o cuadrante: posibilitaron calcular a latitude.
  • A corredeira e a ampoleta: axudaron a medir a velocidade á que navegaba o barco.

Desenvolveuse a cartografía. Elaboráronse os portolanos, que eran cartas náuticas nas que se representaban as costas, as rutas marítimas e os obstáculos.

Melloraron os barcos e apareceron novos modelos de embarcacións, como a carabela.

As exploracións portuguesas

Portugal quería atopar unha ruta que evitase a navegación polo Mediterráneo; pensaban que así poderían facer co comercio das especias e da seda de Extremo Oriente.

O impulsor deste proxecto foi o Infante Henrique o Navegante, fillo do rei Xoán I de Portugal. Para superar as dificultades creou unha escola náutica.

Avanzaron pouco a pouco. Tras a conquista de Ceuta descubriron as illas da Madeira e dos Azores, que incorporaron a Portugal. Doblaron o cabo Bojador, ocuparon as illas de Cabo Verde e entraron no golfo de Guinea.

Tras a morte de Henrique, o avance portugués cara ao sur continuou, pero de forma máis lenta. Diego Cão descubriu a desembocadura do río Congo; Bartolomeu Dias alcanzou o cabo da Boa Esperanza, o que deixou aberto o paso cara ao océano Índico.

Cristóvão Colón trasladouse a Lisboa para propoñerlle ao rei de Portugal unha nova ruta para chegar a Asia, pero o éxito de Bartolomeu Dias fixo que o monarca portugués desestimase o proxecto de Colón.

En 1497 partiu de Lisboa unha frota de catro navíos ao mando de Vasco da Gama e dez meses máis tarde chegaron á India. Culminou o proxecto e Portugal afianzaba a súa presenza no océano Índico.

Máis tarde, Pedro Álvares Cabral descubriu Brasil ao separarse do continente africano durante unha nova viaxe á India.

Os portugueses crearon un gran imperio marítimo defendido por factorías costeiras.

As exploracións castelás

Cristóvão Colón dirixiuse a Castela, onde os Reis Católicos decidiron financiar a súa empresa. A expedición dirixiuse primeiro ás illas Canarias e alcanzou a costa o 12 de outubro de 1492. Colón pensaba que chegarían a Xapón, pero chegaron á illa de Guanahaní, que pertencía a un continente descoñecido. Desde esta illa, que Colón bautizou como San Salvador, percorreu as illas Bahamas, Juana e A Española, e regresou a Castela.

Colón realizou outras tres viaxes para explorar e asegurar o dominio castelán.

Cristóvão Colón morreu pensando que alcanzara Asia, pero Américo Vespucio demostrou que esas terras pertencían a un novo continente: América.

Descargar

PDF Word HTML