Rexurdimento e Galeguismo: A Evolución da Lingua e Identidade Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,15 KB
O Rexurdimento e a Lingua Galega no Século XIX
No século XIX, produciuse o Rexurdimento literario galego, impulsado polo Romanticismo, co obxectivo de defender Galicia e o seu idioma fronte ao centralismo do Estado español. Tras a reorganización de Galicia en catro provincias en 1833, o galego seguía sendo falado pola maioría, pero o castelán foi gañando forza, especialmente nas elites.
Etapas Iniciais do Movemento Galeguista
O movemento galeguista pasou por tres etapas fundamentais:
- Provincialismo
- Rexionalismo
- Nacionalismo
A publicación en 1863 de Cantares gallegos de Rosalía de Castro marcou un fito, sendo o primeiro libro integramente en galego. Durante este período tamén se publicaron os primeiros dicionarios e gramáticas galegas.
catalán con un tamaño de 6,4 KB