Evolución e Características da Cantiga de Amor Galego-Portuguesa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,22 KB

A Cantiga de Amor Galego-Portuguesa e a Influencia Provenzal

A cantiga de amor galego-portuguesa preséntase con claras diferenzas respecto á canción provenzal. Na galego-portuguesa sempre se trata dun amor non correspondido, cunha descrición abstracta, etérea e irreal da señora. A nosa señora pode estar casada ou solteira, e a natureza reflicte o sufrimento do namorado.

Elementos Distintivos e Tópicos Literarios

É habitual a presenza do trobador, que pode chegar aos graos de feñador e precador, pero non aparece o Joi. Aparece tamén a identificación do amor como coita, un sufrimento, e tamén se inclúen motivos relixiosos nos que o señor pode aparecer como figura divina. No exordio, o trobador fala coa señora, e non hai referencias espaciais nin temporais.

A dona da nosa cantiga nunca entrega unha doa ou peñar (prenda de amor) como sinal de afecto, e o noso trobador non utiliza o sinal (pseudónimo poético) para gardar o segredo amoroso. A cantiga de amor galego-portuguesa é máis sinxela tanto no contido (centrada só no tema da coita de amor) como na forma. Nunca aparece o gilos (marido celoso) nin o lausengier (calumniador). O tema predominante é a coita de amor, cunha dona inaccesible e intocable, e o tópico literario da morte por amor só aparece nesta cantiga.

Simplicidade e Espiritualidade

En contraste coa canción provenzal, a cantiga de amor galego-portuguesa destaca pola súa simplicidade, a centralidade do sufrimento amoroso e a ausencia de intrigas ou complicacións sociais, enfocándose na relación espiritual e emocional entre o trobador e a señora.

Recursos Métricos e Estrutura das Cobras

  • Cobras unisonantes: Mesma combinación rítmica en toda a composición.
  • Cobras duplas: Cada dúas cobras teñen unha combinación rítmica diferente.
  • Cobras alternas: As cobras pares teñen unha combinación rítmica e as impares teñen outra diferente.
  • Cobras singulares: Cada cobra comeza pola última palabra ou secuencia de palabras da anterior.
  • Cobras capcaudadas: A rima do último verso dunha cobra repítese no primeiro do seguinte.
  • Cobras retrógradas: Cando a segunda cobra repite en orde inversa a distribución de rimas da primeira.
  • Dobre: Repetición dunha ou máis palabras en lugares simétricos dentro da mesma cobra.
  • Mordobre: Repetición dunha palabra con variacións en lugares simétricos dentro da mesma estrofa.
  • Finda: Verso ou grupo de versos ao final da cantiga que funcionan como resumo ou conclusión.
  • Atafinda: Trátase dun encabalgamento: o verso final dunha cobra completa o seu sentido no verso inicial da seguinte.

Entradas relacionadas: