Dereito de Sucesións en Galicia: Reservas, Lexítima e Imputación
Reservas, lexítima e imputación no dereito de sucesións de Galicia
1. Clases de reservas. Como acontece coas lexítimas, as reservas hereditarias son supostos que conlevan límites á liberdade de testar. Cómpre advertir a priori que, segundo o artigo 182 da Lei de dereito civil de Galicia, nas sucesións rexidas pola lei non abre lugar á reversión legal nin á obrigación de reservar.
Entre estas reservas destaca a chamada reserva lineal ou reserva troncal, regulada polo artigo 811 do Código civil, que prescribe que os bens non pasen dunha familia a outra senón que volvan ao tronco de onde procedían.
Outro tipo de reserva é a chamada reserva viduval, vidual ou viunpcial, à que se refire o artigo 968 do Código civil: o viúvo ou viúva...