Teorías sobre a orixe da vida
Teoría da xeración espontánea
A teoría da xeración espontánea, debida a Aristóteles, presupón a xeración dalgunhas formas de vida sinxelas como resultado da interacción de materia inerte cunha forza vital ou sopro divino, denominado entelequia. Francesco Redi, Anton van Leeuwenhoek e Lazzaro Spallanzani cuestionaban esta teoría nos séculos XVII e XVIII; despois, Pasteur demostrou que era errónea.
Teoría da panspermia
A teoría da panspermia explica como a vida se xerou no espazo exterior. Foi exposta por Anaxágoras e cobrou forza xa que se observou a existencia de materia orgánica, bacterias fosilizadas ou moléculas precursoras de ADN na análise dalgúns meteoritos. O seu máximo representante foi...