Xéneros Teatrais: Unha Guía Completa

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,95 KB

Xéneros Teatrais


Xéneros Maiores

  • Tragedia: Forma dramática cuxos personaxes protagónicos se ven enfrontados de maneira misteriosa, inexpugnable e inevitable contra o destino ou os deuses, movéndose cara un desenlace fatal por unha forza cega, a fatalidade, o fatum, anunciado sempre por diversos oráculos. As traxedias acaban xeralmente na morte ou destrución física, moral e económica do personaxe principal, quen é sacrificado así a esa forza que se lle impón, e contra a cal se rebela con orgullo insolente ou hybris. As traxedias clásicas caracterízanse por xerar unha catarse no espectador.
  • Comedia: Xénero dramático que se caracteriza porque os seus personaxes protagonistas se enfrontan ás dificultades da vida cotiá, movidos polos seus propios defectos cara desenlaces felices onde se escarnece a debilidade humana. É orixinaria do mundo grego e chega aos nosos días. Como características, o personaxe protagonista é común e representa un arquetipo: un mentirán, bardallas, farfatón, pillo, namorado… mais tamén inxenuo e inocente.
  • Drama: Aínda que é o nome xenérico para todo o teatro, como xénero específico nace no século XIX asociado ao romanticismo (drama romántico) como oposición ás normas establecidas polo neoclasicismo. Propugna a liberdade absoluta na forma, non acepta as unidades clásicas de tempo, acción e lugar, admite a mestura da prosa e o verso e da traxedia coa comedia, pois os finais destas obras poden ser felices ou tráxicos. O seu antecedente máis claro é o teatro áureo español.
  • Ópera: Do italiano opera, "obra musical", designa un xénero de música teatral no que unha acción escénica é cantada e ten acompañamento instrumental.
  • Opereta: Representación teatral que, a diferenza da ópera, non é totalmente musical xa que alterna partes faladas e partes musicais. En España coñécese co nome de Zarzuela.

Xéneros Menores

  • Auto Sacramental: Peza teatral relixiosa alegórica dun só acto de tema preferentemente eucarístico que se representaba o día de Corpus entre os séculos XVI e XVIII, ata a prohibición do xénero en 1765, polo xeral con gran aparato escenográfico.
  • Melodrama: Xénero non realista con anécdotas complexas onde os personaxes son simples. Busca que o espectador teña unha resposta emocional superficial ante os sucesos da escena. Hai un conflito de valores opostos que poden estar en calquera ámbito: moral, estético, etc.
  • Traxicomedia: Xénero non realista. O protagonista, xeralmente un arquetipo, está en busca dun ideal: o amor, a amizade, a fraternidade, etc. A anécdota é complexa. A pesar do que o nome poida suxerir, non se trata da unión ou mestura da traxedia e a comedia.
  • Farsa: Tipo de obra teatral cunha estrutura e trama baseadas en situacións e personaxes extravagantes, aínda que cribles. A palabra provén do latín "encher", polo costume de empregar as farsas como breves interludios cómicos nos dramas serios.
  • Entremés (ou paso): Peza dramática chusca dun só acto, protagonizada por personaxes de clases populares, que se representaba durante o Século de Ouro español, ata a súa prohibición en 1780, entre a primeira e segunda xornada dunha obra maior. Posteriormente será chamado sainete. En Europa, o seu equivalente é a farsa.
  • Sainete: Peza dramática chusca dun só acto, de carácter popular, que se representaba como intermedio dunha función ou ao final. Substitúe ao entremés nos séculos XVIII, XIX e XX.
  • Loa: Breve composición dialogada laudatoria en verso que se escenificaba antes do primeiro acto ou xornada dunha comedia.

"