O Prerrexurdimento e Rexurdimento na literatura galega
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,95 KB
Prerrexurdimento (1808-1862)
No Prerrexurdimento podemos distinguir dous períodos:
- Iníciase a principios de século coa mobilización contra os franceses.
- Principia coa recuperación para a cultura escrita da lingua popular, por parte dunha promoción de intelectuais progresistas e galeguistas organizada politicamente no Provincialismo. Este período estenderíase ata o ano 1861, coa celebración dos Xogos Florais e a publicación, ao ano seguinte, do Álbum de la Caridad.
Rexurdimento (1863-1916)
O inicio do Rexurdimento propiamente dito establécese coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro en 1863. A partir de 1886, no Rexionalismo, cuxa principal figura vai ser Manuel Murguía, ata 1916, que marca o inicio do nacionalismo.
O Provincialismo
Reivindicaba a antiga provincia como realidade política e cultural única e diferenciada fronte ás catro provincias en que se divide o Reino de Galicia, administradas por separado dende Madrid.
Os primeiros textos galegos: Textos propagandísticos
Os escritos de guerra
Dos textos contra a invasión francesa conservamos a proclama anónima de Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento. En 1810 aparece na Coruña o segundo texto que alude á Guerra da Independencia: Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira.
Cartas, diálogos e folletos propagandísticos
Noutros casos, o desexo de liberais e conservadores de atraer á súa causa ao campesiñado motivou a aparición de textos en prosa galega en forma de cartas ou diálogos. A obra máis importante deste período é Os rogos dun galego establecido en Londres de Manuel Pardo de Andrade. O regreso dos intelectuais fomenta a publicación de folletos e pregos soltos. A finais deste período aparece Diálogo entre dos labradores gallegos, afligidos, y un abogado instruido de Pedro Boado Sánchez.
A Primeira Guerra Carlista trae de novo a literatura de propaganda, na que destaca Tertulia de Picaños.
Textos literarios anteriores ao Provincialismo
Son:
- Algunhas son poesías satíricas, como os dous sonetos do absolutista Arias Teixeiro; outras son obras de circunstancias, como os poemas de Quevedo.
- Panxoliñas destinadas ás celebracións de Nadal.
- Antonio Bieito Fandiño, que escribiu A Casamenteira cando estaba no cárcere de Compostela. Desenvolve en tres cadros e en versos octosílabos o tema dos casamentos amañados por conveniencia.
- De Nicomedes Pastor Díaz: Escribe A Alborada e Égloga de Belmiro e Benigno, onde mostra a asimilación dos modelos clásicos.
Os precursores do Rexurdimento
O proceso de descubrimento e valoración da singularidade de Galicia por parte dos provincialistas supuxo a utilización do galego na escritura.
En 1853 aparece o primeiro libro do século XIX escrito primordialmente en galego: A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos Villar.
Foi Francisco Añón o poeta máis importante deste Prerrexurdimento galego. A vida atarefada que levou, unido á pouca transcendencia que concedía aos seus versos, dificultou a recompilación da súa obra. En 1861, nos Xogos Florais da Coruña, concorre cun efusivo himno dedicado a Galicia, premiado cun accésit.
Alberto Camino: Foi moi famoso O desconsolo; escribía composicións fermosas elexíacas.
Os Xogos Florais
A celebración dos Xogos Florais na Coruña en 1861 suporía un acontecemento importante para a literatura deste período. O máis significativo deste certame foi a publicación do Álbum de la Caridad (1862), coordinado por Antonio María de la Iglesia. Incluía un total de 40 poemas en galego de autores tan relevantes como Francisco Añón, Alberto Camino, Rosalía de Castro, Xoán Manuel Pintos, etc.