O Agrarismo, Nós e o Socialrealismo en Galicia: Unha análise literaria

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,43 KB

O Agrarismo (1907-1923)

Un movemento reivindicativo

O agrarismo (1907-1923) foi un movemento reivindicativo que estimulou a conciencia política do campesiñado galego, organizándoo en sociedades. A máis importante foi a Liga Agraria de Acción Gallega, dirixida por Basilio Álvarez. Este movemento acabou definitivamente cos foros.

R. Cabanillas (1876-1959)

Vida e obra

R. Cabanillas (1876-1959), natural de Cambados, emigrou a Cuba en 1910. Alí publicou as súas primeiras obras, entrou en contacto co galeguismo e co movemento agrarista. De volta a Galicia, colaborou coas Irmandades da Fala e o Grupo Nós.

Poesía Lírica

  • Segue a poetas do Rexurdimento, Rosalía e Curros.
  • Intimista: Fala do amor e da natureza.
  • Costumista: Temas rurais e crítica humorística.
  • Cívica: Reflicte postulados agraristas e, máis tarde, nacionalistas.
Libros
  • No desterro (1913)
  • Vento mareiro (1915)
  • Da terra asolagada (1917)
  • A rosa de cen follas (1927)

Poesía Narrativa

Adopta de Pondal o ton mítico e prehistórico, crea un pasado cheo de esplendor e crea un futuro esperanzador para Galicia.

Libros
  • Na noite estrelecida (1926)
  • O bendito San Amaro (1925)

Grupo Nós

Características

O Grupo Nós caracterizouse pola súa extracción social acomodada e ideoloxía tradicionalista galega fidalga, considerando Galicia como un país de base labrega, cunha elite fidalga que desempeñaba un papel dirixente. Posuían unha ampla formación (universidade, coñecemento de idiomas...), e foron creadores da prosa moderna galega, aínda que a súa formación inicial estivo desvinculada da lingua galega.

Irmandades da Fala

Obxectivos

Fundadas en 1916, as Irmandades da Fala tiñan como obxectivo o uso do galego na vida pública. Como órgano de expresión, publicaron o semanario A Nosa Terra.

Otero Pedrayo (1888-1976)

Traxectoria

Otero Pedrayo (1888-1976), nado en Ourense, foi doutor en Xeografía e Historia. Traballou primeiro nun instituto e logo na universidade. Colaborou con Castelao no Partido Galeguista e foi deputado durante a II República.

Narrativa

Autor da obra máis extensa da literatura galega, abarcando todos os xéneros.

Obras
  • Os camiños da vida (1928): Cadro da sociedade do século XIX en transformación ao século XX. Retrata a decadencia de dúas familias que simbolizan o paso do poder da fidalguía rural á burguesía urbana.
  • Arredor de si (1930): Retrata a súa xeración, contando como o protagonista chega ao galeguismo.
  • Novelas: A romaría de Xelmírez (1934) e Devalar (1935)
  • Libros de relatos: Contos do camiño e da rúa (1932) e Entre a vendima e a castañeira (1957)
  • Obra ensaística: Guía de Galicia (1926) e Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939)

Vicente Risco (1884-1963)

Vida e obra

Vicente Risco (1884-1963), natural de Ourense, foi desde novo animador da vida cultural ourensá, participando na revista La Centuria. En 1920, dirixiu a revista Nós. Tras a guerra civil, cambiou de bando.

Obras

Narrativa
  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919): Relato breve humorístico onde Risco mostra o seu interese polo ocultismo.
  • O lobo da xente/A trabe de ouro e a trabe de alquitrán: O primeiro centrado no segundo mundo e o segundo nos celtas, ambos relatos curtos.
  • O porco de pé (1928): Obra que critica unha burguesía só pendente do diñeiro.
Obra Ensaística
  • Teoría do Nacionalismo Galego (1920)
  • Nós os inadaptados

Narrativa da época de Nós

Unha etapa decisiva

A segunda década do século XX foi un período decisivo na consolidación da narrativa galega. Por primeira vez aparecen escritores que fan narrativa desde un punto de vista innovador. Ademais do seu labor literario, estes intelectuais crearon órganos de difusión como a revista Nós, e coleccións narrativas como Céltiga (1922) e Lar (1924). A Editorial Nós publicou numerosas obras en galego.

Narrativa de Castelao

Temas xerais

A narrativa de Castelao caracterízase polo humanismo e compromiso cos máis débiles, a crítica da marxinación económica de Galicia (que provoca fenómenos como a emigración), o protagonismo social das clases populares e a defensa da lingua galega ante o fascismo, o racismo e o imperialismo.

Obras

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto (1992): Historia crítico-humanística onde se relata a vida dun esqueleto na ultratumba.
  • Cousas (1926/1929/1934): 45 narracións líricas, combinando relato e debuxo. Inspiración: problemas humanos das clases galegas, a miseria, a emigración...
  • Retrincos (1934): 5 relatos autobiográficos que mostran momentos da súa nenez e mocidade.
  • Os dous de sempre (1934): Novela estruturada arredor de dous rapaces que ven a vida de diferente forma.

Década de 1960: O Socialrealismo

Características

A partir da publicación de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, nace o socialrealismo, unha poesía comprometida coa sociedade do seu tempo. Defínese polos seguintes trazos:

  • Sinxeleza expresiva, para que o entenda todo o mundo.
  • Predominio da mensaxe ideolóxica.
  • Recursos como humor, sarcasmo e ironía, destinados a intensificar a forza burlesca do relato.
  • Apertura lingüística do poema, achegando o poema á fala cotiá.

Esta tendencia cultivouse ata finais dos 70, con temas como a crítica ao conformismo burgués, o imperialismo e a pobreza dos humildes. Celso Emilio Ferreiro e Manuel María abanderaron esta tendencia.

Celso Emilio Ferreiro (1912-1979)

Vida e obra

Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), natural de Celanova, tivo unha grande actividade cultural e política galeguista. Participou de novo nas Mocedades Galeguistas. Condenado a morte na Guerra Civil, marchou a Venezuela. Ao volver, colaborou na fundación da colección de poesía Benito Soto e na Fundación do Pobo Galego. Foi sobre todo poeta, aínda que tamén cultivou a narrativa.

Obras

  • A fronteira infinita (1972)

Na súa obra poética distínguense tres liñas:

  • Socialrealismo: Longa noite de pedra
  • Intimismo: O soño sulagado (1954), trata temas como a soidade, a angustia vital e o pesimismo dentro da corrente existencialista da década de 1950.
  • Sátira burlesca: Variante irónica dos temas tratados no socialrealismo. Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir (1968), baixo o pseudónimo de Aristides Silveira.

Máis tarde, trata temas como a saudade da infancia e da terra natal, a perda da inocencia e o contraste entre rural e urbano (Onde o mundo se chama Celanova, 1975). Tamén hai poemas amorosos adicados á súa muller, agrupados na sección Moraima: diario de bordo.

Entradas relacionadas: