Acentuación gráfica e unidades da lingua galega
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,61 KB
Actualizado el
Resumen
Este apunte explica as normas de acentuación gráfica do galego: o til nos hiatos, nos ditongos, nas palabras agudas, nos monosílabos e nos pronomes NÓS e VÓS. Tamén define as unidades da lingua: fonema, letra, monema, palabra, sintagma, oración e texto. Indica que a fonoloxía estuda os fonemas e a ortografía estuda as letras.
Puntos clave
- Nos hiatos de dúas vogais pechadas, o til vai sempre na segunda. Nos hiatos de vogal pechada e vogal aberta, vai sempre na pechada.
- As palabras agudas levan til cando rematan en vogal, n, s ou ns. Non o levan se rematan en ditongo decrecente, ditongo homoxéneo ou tritongo.
- Os adverbios rematados en -mente non levan til. Os monosílabos só poden levar til diacrítico.
- Só os pronomes NÓS e VÓS poden levar til diacrítico, cando equivalen a nosoutros e vosoutros. Os interrogativos, os exclamativos e os demostrativos nunca levan til diacrítico.
- O fonema é a unidade mínima da lingua oral, e o estudo dos fonemas corresponde á fonoloxía. A letra é a unidade mínima da lingua escrita, e o seu estudo corresponde á ortografía.
- O monema é a unidade mínima con significado: lexema (significado léxico) ou morfema (significado gramatical). A palabra é unha unidade autónoma formada por un ou máis monemas.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
1. A ACENTUACIÓN
Os hiatos de dúas vogais abertas seguen as normas de acentuación; os de dúas pechadas levan sempre til na segunda ; os de pechada e aberta levan sempre til na pechada (feo, aéreo, ruína, oído, raíz).
Os ditongos seguen as normas de acentuación (canción, Paulo).
As palabras agudas levan til cando rematan en VOGAL, N, S ou ns ; excepto se rematan en ditongo decrecente (xamais), ditongo homoxéneo (fuxiu) ou tritongo (Uruguai).
Os adverbios rematados en MENTE non levan til porque son palabras graves rematadas en vogal.
Os monosílabos só poden levar til diacrítico.
Se un til diacrítico recae sobre un O ou sobre un E, este pronúnciase aberto .
Só os pronomes persoais NÓS e VÓS poden levar til diacrítico. Isto ocorre cando equivalen a nosoutros e vosoutros
Os interrogativos/ exclamativos (que, como, cando...) e os demostrativos (este, ese, aquel), non levan nunca til diacrítico.
1. A unidade mínima da lingua oral é o fonema . Os fonemas represéntanse na lingua escrita por medio das letras , que son as unidades mínimas da lingua escrita.
Do estudo dos fonemas, ocúpase a fonoloxía ; do estudo das letras ocúpase a ortografía .
2. As unidades mínimas con significado son os monemas . Estes poden ser de dous tipos: lexemas , se teñen significado léxico, ou morfemas , se teñen significado gramatical.
3. A palabra é unha unidade lingüística autónoma formada por un ou máis monemas
Do estudo das palabras ocúpanse a morfoloxía (que atende á súa forma), a semántica (que atende ó seu significado) e a sintaxe (que atende á súa función).
4. As palabras agrúpanse en frases ou sintagmas , unidades que desempeñan unha función (suxeito, c. Directo...) dentro da oración.
5. A oración é a unidade lingüística con sentido completo e con verbo
6. O texto é unha unidade lingüística con sentido. Pode estar constituído por unha
palabra por unha frase ou sintagma por unha oración ou por un conxunto delas
Preguntas frecuentes
Que til levan os adverbios rematados en -mente?
Segundo o texto, non levan til, porque son palabras graves rematadas en vogal.
Cando levan til diacrítico os pronomes NÓS e VÓS?
Segundo o texto, levan til diacrítico cando equivalen a nosoutros e vosoutros.
Cal é a diferenza entre fonema e letra?
Segundo o texto, o fonema é a unidade mínima da lingua oral e a letra é a unidade mínima da lingua escrita. O estudo dos fonemas corresponde á fonoloxía e o das letras á ortografía.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.