Obra a trabe de ouro e a trabe de alquitran de Vicente risco
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 7,58 KB
Vicente RISCO (1884-1963)
É un dos autores máis interesantes da literatura, non só pola súa obra narrativa e
Ensaística, tamén polo liderado que exerceu en moitos dos grandes autores da súa época
Galeguista. É significativo o seu esforzo por construír as bases dunha literatura galega á
Altura dos tempos modernos, cando non había ningunha tradición narrativa desenvolta
(mesmo estaba por estudar a prosa medieval), nin había ferramentas filolóxicas xa que
Non se estudaran aínda moitos aspectos da lingua galega, non había dicionarios nin
Gramáticas científicas.
Hai que distinguir varias etapas na traxectoria ideolóxica de Risco.
A primeira Etapa coincide coa dirección da revista neosófica La Centuria (1917). Nesta revista, Nunha crítica favorábel a un libro en galego do Marqués de Figueroa, coméntase ao Mesmo tempo que “se se quere facer unha obra con futuro hai que utilizar un idioma Que pode dar esas posibilidades: o castelán” (sic). A segunda etapa está marcada polo descubrimento de Galiza e a súa entrada no Galeguismo en 1918. Esta evolución tiña moito de snobismo, como se o galeguismo Permitise enfrontarse á realidade dunha maneira vangardista. Quizá por iso non tivo Moitos escrúpulos en abandonar o nacionalismo cando se produciu o golpe militar que Levou á Guerra Civil. Nesta terceira etapa, xa intuída anteriormente polo afastamento progresivo que Mostraba do nacionalismo ao decantarse este cada vez máis polos postulados das Políticas de esquerda. Coa guerra abandona o nacionalismo e o uso literario da lingua, Non abandonará o que foi máis importante nese descubrimento persoal de 1918, o Catolicismo (antes da entrada no galeguismo era budista e orientalista) e o interese pola Cultura popular.
A primeira Etapa coincide coa dirección da revista neosófica La Centuria (1917). Nesta revista, Nunha crítica favorábel a un libro en galego do Marqués de Figueroa, coméntase ao Mesmo tempo que “se se quere facer unha obra con futuro hai que utilizar un idioma Que pode dar esas posibilidades: o castelán” (sic). A segunda etapa está marcada polo descubrimento de Galiza e a súa entrada no Galeguismo en 1918. Esta evolución tiña moito de snobismo, como se o galeguismo Permitise enfrontarse á realidade dunha maneira vangardista. Quizá por iso non tivo Moitos escrúpulos en abandonar o nacionalismo cando se produciu o golpe militar que Levou á Guerra Civil. Nesta terceira etapa, xa intuída anteriormente polo afastamento progresivo que Mostraba do nacionalismo ao decantarse este cada vez máis polos postulados das Políticas de esquerda. Coa guerra abandona o nacionalismo e o uso literario da lingua, Non abandonará o que foi máis importante nese descubrimento persoal de 1918, o Catolicismo (antes da entrada no galeguismo era budista e orientalista) e o interese pola Cultura popular.
As novelas curtas
Como moitos membros das Irmandades, Risco vai colaborar na creación da
Narrativa galega a través das coleccións de novelas curtas. A súa primeira novela, Do
Caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) vai ser entregada xunto cun xornal da
Coruña, polo que se aproximaba a literatura galega a un público que seguramente non
Mercaría nunha libraría unha obra en galego. Deste modo Risco adiantouse ao seu
Tempo, iniciando o que hoxe é unha práctica frecuente nos nosos xornais: entregar, por
Poucos cartos, libros de literatura e outros materiais para enriquecer culturalmente a
Cidadanía. Esta primeira obra, polo contido, está aínda dentro da súa estética
Modernista. É a historia do doutor Alveiros, médico espiritualista e coñecedor das
Ciencias esotéricas e ocultas, que por insistencia dun enigmático personaxe alemán que
Ao final resultou ser un defunto, vai emprender unha aventura polo outro mundo ao
Liberar a momia de Tuthankamon. De novo, o noso autor adiántase ao que será un dos
Descubrimentos máis importantes da cultura exipcia. O tesouro deste faraón será
Encontrado intacto en 1922 por exiptólogos británicos.
2As noveliñas seguintes, O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
Apareceron en 1925 na colección Lar. Son dúas novelas que están vinculadas á literatura
popular galega nun momento en que Risco era director da sección de etnografía do
Seminario de Estudos Galegos. A primeira novela trata sobre un lobishome que resultou
Ser unha moza que fora enmeigada pola súa nai e á que un valente mozo popular
Desenmeiga. A segunda novela é máis complexa, nela aparece a súa ideoloxía míticonacionalista,
Que xustifica polo pasado céltico o fundamento da nación galega.
Novamente o noso autor anuncia dous temas de grande presenza na literatura e no cine
De hoxe en día: os lobishome e a literatura fantástica.
A derradeira novela curta foi A coutada (1926). É una novela alegórica na que
Risco expón a súa visión ideolóxica galeguista a través do diálogo dun matrimonio no
Que se presenta a autenticidade da vida tradicional, fronte ao mundo urbano
despersonalizado.
As novelas longas
En 1927 aparecen varios capítulos na revista Nós da que sería unha novela
Abortada polo propio autor, Os europeos en Abrantes, novela satírica que criticaba o
Mundo burgués e a mentalidade científica de xente que el coñecía do Ateneo de
Ourense. O escándalo entre esta xente levouno a non seguir a súa escrita. Nese mesmo
Ano aparecerá na revista Nós un relato entre a ficción e o ensaio literario, “Dédalus en
Compostela”, interesante porque se trata dun personaxe das novelas de James Joyce,
Autor do Ulysses (1922), novela vangardista por excelencia, da que foran traducidos
Varios capítulos ao galego na revista Nós en 1926, e que cremos que inflúe na súa única
Novela en galego: O porco de pé (1928). Esta é unha obra satírica non realista, que
Lembra a pintura expresionista alemá dos anos vinte pola súa estética e na que Risco fai
Unha crítica de todo e de si mesmo na figura do xa coñecido doutor Alveiros. Só salva o
Campesiñado, que non aparece na novela. É a historia dun comerciante enriquecido e
Vulgar e que chega a alcalde e a ter todos os honores. En contraposición temos ao
Espiritualista doutor Alveiros, que ao final, tentado polo demo, renderá tamén homenaxe
Ao porco de pé. A obra é un exercicio de linguaxe que, a través da parodia de estilos
Lingüísticos diferentes (das ciencias, da economía, do xornalismo, da linguaxe cheli, dos
Mitins políticos...), nos dá unha visión lúcida e desencantada do que ía ser todo o século
XX co triunfo da vulgaridade, da masificación dos deportes, da comida lixo, da
Importancia do diñeiro, etc.
Ensaio
Como os demais membros da súa xeración, Risco vai contribuír á creación do
Ensaio galego dunha maneira moi brillante, cun estilo claro e didáctico e unha lingua
Moi equilibrada. Ten escrito sobre moitos temas e en especial sobre o devir da cultura
En xeral e sobre etnografía en particular. Mesmo despois de deixar o nacionalismo
Galego no 36 colaborará na sección de etnografía, na Historia de Galiza (1963) dirixida
Por Otero Pedrayo.
Foi dos primeiros autores que ten teorizado sobre o nacionalismo galego en
Teoría do nacionalismo galego (1920). Seguindo a traxectoria do rexionalismo de
Murguía fálanos de que Galiza é unha nación, porque posúe todas as características
Desta, desde unha visión bastante conservadora.
3Outra obra destacada e publicada en 1934 foi Mitteleuropa, que apareceu antes
Na revista Nós. Risco, sempre disposto á crítica, pretende mostrar a raíz da súa viaxe por
Alemaña, Chequia e Austria, a súa teoría sobre as sociedades en crise. Xustifica o
Ascenso do nazismo como a mellor maneira de frear o movemento comunista.
Persoalmente refuxiarase no catolicismo como resposta ao conflito que prevía nun
Futuro inmediato en toda Europa. Non imaxinaba as consecuencias nefastas que traería o
Nazismo.
Despois da guerra publicou Leria (1961), na Editorial Galaxia, eran artigos de
Antes da guerra, que agora corrixe o seu nacionalismo e outros son artigos traducidos do
español.
Teatro
A única peza dramática de Risco é O bufón d’El Rei (1928). Estreada en Bos Aires e
Impresa en Nós, é un drama simbólico ambientado na Idade Media, que ten como
Protagonista un bufón intelixente e sobre todo malvado, namorado da raíña adúltera, que
Se alía co rei e se interpón no amor.