"os dous de sempre" : resumen de la obra

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,7 KB

RAMÓN OTERO PEDRAYO

Nace nunha familia fidalga de ideoloxía liberal.Ingresa nas Irmandades da Fala e inicia a súa militancia no galeguismo, e máis tarde únese ao Seminario de Estudos Galegos.

  • A súa obra

Centrouse principalmente no campo da narrativa,aínda que tamén cultivou o teatro, o ensaio e brevemente a poesía.

  • A súa obra narrativa está integrada por novelas longas e por relatos breves.

  • Obras realistas

    Caracterízanse por:
  • Narrador omnisciente en 3º persoa.
  • Plasmación da vida da Galiza decimonónica.
  • Digresións culturais,fundamentalmente históricas.

Os camiños da vida trata dos cambios que se producen en Galicia no S.XIX, fundamentalmente a decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía.

  1. Obras culturais


    Caracterízanse por:
  2. O narrador é un personaxe, polo tanto é subxectivo.
  3. Frecuentes evocacións e sensacións dos protagonistas.
  4. Consideracións históricas ou filosóficas.

Arredor de si é un relato da xeración do autor e dá conta da conversión o galeguismo dos homes do seu tempo.O protagonista, Adrián Solovio, viaxa por diversos lugares de España e de Europa e vai experimentando unha evolución ideolóxica que o leva de regreso a Galicia, nun reencontro consigo mesmo e coa súa terra.A viaxe física do personaxe  é o soporte da viaxe interior que nel se está producindo e é definida como un “itinerario de perfección”, unha viaxe iniciática que cambia a súa personalidade e o converte nun ser maduro e consciente.

Seu estilo son os longos parágrafos ramificados en subordinadas e con abundantes imaxes,enumeracións e as numerosas metáforas e símbolos.

  • A súa numerosa produción ensaística céntrase, sobre todo, en temas de xeografía e de historia.
  • Otero Pedrayo tamén participa do interese pola consolidación dun teatro galego,obxectivo fundamental dos escritores do seu tempo.

A lagarada trátase dunha traxedia situada no Ribeiro na época da vendima.

CASTELAO

  • A súa obra literaria

A súa obra caracterízase pola crítica social,polo humor acedo, a través do cal pretende amosar os defectos da sociedade galega do seu tempo, e polo lirismo que atinxe á forma e ais contidos con abundantes recursos expresivos (anáforas,comparacións,paralelismos..) e cunha esmerada selección léxica, procurando sobre todo efectos rítmicos. A súa prosa caracterízase pola concisión e brevidade,eliminando todo o innecesario.

  • Narrativa


  • Un ollo de vidrio é unha novela curta de carácter humorístico centrada no tema de ultratumba: un esqueleto narra a súa actual vida nun cemiterio.
  • Cousas reúne un conxunto de 45 breves relatos acompañados dunha ilustración.Nestes relatos Castelao ofrece un mosaico da realidade galega do seu tempo: o mundo mariñeiro, a emigración, retrato de personaxes ...

  • Retrincos
    é unha colección de cinco relatos, aparentemente autobiográficos, nos que se narra acontecementos e vivencias do autor en distintos momentos da súa vida.

  • Os dous de sempre
    é a única novela longa de Castelao. Presenta a biografía paralela de dous personaxes, Pedriño e Rañolas, amigos desde a infancia e que encarnan dou xeitos diferentes de concibir a vida:
  • Rañolas é o rapaz que, partindo dunhas circunstancias adversas (eivado de corpo, de condición humilde...) vai superando todos os atrancos grazas á súa intelixencia, valentía e idealismo.
  • Pedriño, en cambio, é unha persoa sen vontade, preguiceiro e materialista, que ten por única preocupación comer e folgar.

O narrador acumula múltiples trazos positivos na caracterización do primeiro e negativos para o segundo.

  • Ensaio


  • A obra ensaística máis importante é Sempre en Galiza. É a obra máis importante do pensamento galeguista da época.
  • O autor expón o seu pensamento político e presenta a historia, a cultura a identidade e os problemas de Galicia desde unha óptica nacionalismo.
  • Teatro

Os vellos non deben de namorarse.O prólogo anticipa o tema e o argumento da obra: os amores serodios dos vellos van aparellados á morte.

Deste modo quería manifestar a importancia que lle concedía aos artificios estenográficos (iluminación,vestiario,decorados...)mediante os cales modernizou o teatro galego do seu tempo.

  • A súa obra gráfica


Castelao tamén foi pintor, debuxante e caricaturista.Publicou os debuxos do álbum Nós, e a serie Causas da vida.


CASTELAO

  • A súa obra literaria

A súa obra caracterízase pola crítica social,polo humor acedo, a través do cal pretende amosar os defectos da sociedade galega do seu tempo, e polo lirismo que atinxe á forma e ais contidos con abundantes recursos expresivos (anáforas,comparacións,paralelismos..) e cunha esmerada selección léxica, procurando sobre todo efectos rítmicos. A súa prosa caracterízase pola concisión e brevidade,eliminando todo o innecesario.

  • Narrativa


  • Un ollo de vidrio é unha novela curta de carácter humorístico centrada no tema de ultratumba: un esqueleto narra a súa actual vida nun cemiterio.
  • Cousas reúne un conxunto de 45 breves relatos acompañados dunha ilustración.Nestes relatos Castelao ofrece un mosaico da realidade galega do seu tempo: o mundo mariñeiro, a emigración, retrato de personaxes ...
  • Retrincos é unha colección de cinco relatos, aparentemente autobiográficos, nos que se narra acontecementos e vivencias do autor en distintos momentos da súa vida.
  • Os dous de sempre é a única novela longa de Castelao. Presenta a biografía paralela de dous personaxes, Pedriño e Rañolas, amigos desde a infancia e que encarnan dou xeitos diferentes de concibir a vida:
  • Rañolas é o rapaz que, partindo dunhas circunstancias adversas (eivado de corpo, de condición humilde...) vai superando todos os atrancos grazas á súa intelixencia, valentía e idealismo.
  • Pedriño, en cambio, é unha persoa sen vontade, preguiceiro e materialista, que ten por única preocupación comer e folgar.

O narrador acumula múltiples trazos positivos na caracterización do primeiro e negativos para o segundo.

  • Ensaio


  • A obra ensaística máis importante é Sempre en Galiza. É a obra máis importante do pensamento galeguista da época.
  • O autor expón o seu pensamento político e presenta a historia, a cultura a identidade e os problemas de Galicia desde unha óptica nacionalismo.
  • Teatro

Os vellos non deben de namorarse.O prólogo anticipa o tema e o argumento da obra: os amores serodios dos vellos van aparellados á morte.

Deste modo quería manifestar a importancia que lle concedía aos artificios estenográficos (iluminación,vestiario,decorados...)mediante os cales modernizou o teatro galego do seu tempo.

  • A súa obra gráfica


Castelao tamén foi pintor, debuxante e caricaturista.Publicou os debuxos do álbum Nós, e a serie Causas da vida.

Entradas relacionadas: