O Verbo en Galego: Morfoloxía, Clasificación e Perífrases

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,59 KB
Actualizado el

Resumen

O documento explica a estrutura e a morfoloxía do verbo en galego: lexema, tema verbal e morfemas. Recolle as clasificacións dos verbos, as categorías de tempo, aspecto, modo, voz, número e persoa, e os valores de cada tempo e modo. Remata coas formas nominais e coas perífrases verbais temporais, modais, aspectuais e pasivas.

Puntos clave

  • O verbo está formado polo lexema e polos morfemas verbais. Entre estes está a vogal temática, que permite clasificar os verbos en tres conxugacións.
  • Os tempos absolutos son o presente, o pasado e o futuro. Os relativos son o antepretérito, o copretérito e o pospretérito.
  • O aspecto perfectivo indica un proceso xa concluído. O imperfectivo ou durativo non indica o seu remate.
  • Os modos son o indicativo, o subxuntivo e o imperativo. As formas nominais son o infinitivo, o xerundio e o participio.
  • O infinitivo conxugado é obrigatorio cando ten un suxeito expreso diferente do verbo principal.
  • As perífrases verbais clasifícanse en temporais, modais e aspectuais. A perífrase pasiva forma ser máis participio de verbos transitivos.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

O Verbo: Estrutura e Morfoloxía

O VERBO está formado polo lexema seguido de morfemas verbais que indican tempo, modo, aspecto, número e persoa. Entre estes atópase a vogal temática (morfema gramatical con valor taxonómico que permite clasificar os verbos en tres clases ou conxugacións).

Estrutura do Verbo: Verbo = tema verbal (radical + vogal temática) + morfemas flexivos (Morfemas de Tempo, Modo, Aspecto, e Morfemas de Número e Persoa).

Clasificación dos Verbos

Clasificación Morfosintáctica

  • Plenos / Auxiliares
  • Copulativos / Predicativos
  • Impersoais
  • (In)transitivos
  • Pronominais

Clasificación Semántica

De acción, causativos, de estado, de proceso, de sentido, de entendemento, de lingua, de emoción, de vontade, perfectivos, imperfectivos, puntuais / durativos, incoativos, iterativos, frecuentativos.

Clasificación Formal

De 1ª, 2ª ou 3ª conxugación, regulares e irregulares, defectivos.

Categorías Gramaticais do Verbo

Tempo

Relaciona o tempo da enunciación co momento no que se produce a acción.

  • Tempos absolutos: Presente, Pasado (Pretérito) e Futuro.
  • Formas referentes ou relativas: Antepretérito, Copretérito e Pospretérito.

Aspecto

  • Perfectivo: Proceso xa concluído.
  • Imperfectivo ou durativo: Sen indicación do seu remate.

Modo

Indicativo, Subxuntivo, Imperativo.

Formas Nominais (Amodotemporais)

Infinitivo, Xerundio, Participio. Só o infinitivo e o xerundio ás veces levan morfemas de número e persoa.

Voz

  • Activa: O suxeito actúa como axente.
  • Pasiva: O suxeito actúa como receptor da acción verbal.

Número e Persoa

Singular / Plural // 1ª, 2ª, 3ª persoa.

Valores dos Modos e dos Tempos Verbais

Indicativo

Presente

Simultaneidade, permanente, habitual, valor de futuro, pasado histórico, valor imperativo.

Pretérito

Anterioridade e anterioridade no futuro.

Futuro

Posterioridade, imperativo, probabilidade/sorpresa.

Copretérito (Pretérito Imperfecto)

Simultaneidade no pasado, intratemporalidade no pasado, futuro desde o pasado, narrativo, irrealidade lúdica, exclamativo, cortesía, posibilidade irreal.

Antepretérito

Anterioridade no pasado, irrealidade no pasado, irrealidade futura desde o pasado, irrealidade no presente, irrealidade, cortesía.

Pospretérito

Futuro desde o pasado, desiderativo, probabilidade no pasado, irrealidade, cortesía, concesión irónica, irrealidade no pasado (consello).

Subxuntivo

Presente

Simultaneidade co presente, posterioridade co presente, desiderativo, imperativo.

Pretérito

Anterioridade, simultaneidade, posterioridade, posterioridade desde o pasado, desiderativo, condicional.

Futuro

Linguaxe proverbial e frases feitas.

Formas Nominais do Verbo

Infinitivo

Funciona como verbo e como substantivo verbal de xénero masculino. Admite flexión de número e pode desempeñar funcións sintácticas propias do substantivo.

O Infinitivo Conxugado (r, re, r, r, r, re)

É obrigatorio:

  1. Cando ten suxeito expreso diferente do verbo principal.
  2. Cando ten un suxeito non expreso diferente do verbo principal e se quere expresar.

É usual:

  • Co mesmo suxeito, aparecendo antes có verbo principal + preposición.
  • Co mesmo suxeito e indo posposto, na 6ª persoa indicando indeterminación do suxeito.
  • En construcións reflexivas e con verbos pronominais.

O Infinitivo Invariable

É obrigatorio cando:

  • O verbo auxiliar é unha perífrase.
  • Non se refire a ningún suxeito.
  • Está rexido por un verbo modal.
  • Ten o mesmo suxeito có verbo principal e van xuntos ou separados.
  • Está rexido polo verbo causativo.
  • Vai con verbo de movemento en construción con valor final.
  • Ten valor imperativo.

Xerundio

Aspecto imperfectivo e durativo.

Participio

Aspecto perfectivo. Exemplo de irregular: abrir-aberto. Existen Participios Dobres (consultar táboa).

Perífrases Verbais

Perífrases Temporais

Ir + infinitivo, haber (de), estar a/para + infinitivo, querer + infinitivo.

Perífrases Modais

Haber que, haber (de), ter que, ter (de), deber (de), poder (probabilidade).

Perífrases Aspectuais

  • Imperfectivas (Durativas): Levar + xerundio/infinitivo, estar + xerundio, estar a + infinitivo, seguir + xerundio, seguir a + infinitivo, andar + xerundio, andar a + infinitivo, ir + xerundio, vir + xerundio, ser a + xerundio.
  • Perfectivas (Conclusivas): Acabar de, rematar de, ver de, deixarse de, dar + participio, levar + participio, ter + participio, estar + participio, ir + participio.
  • Incoativas (Inicio da acción): Comezar a, empezar a, botarse a, poñerse a, dar en, romper a, pegar a, saltar a, brincar a.
  • Reiterativas (Repetición): Volver a, voltar a, ter + participio.
  • Terminativas (Finalización): Chegar a, vir (a), acabar por, vir + xerundio.

Perífrase Pasiva

Ser + participio de verbos transitivos.

Preguntas frecuentes

Que é o infinitivo conxugado?

É o infinitivo que admite morfemas de número e persoa. É obrigatorio cando o suxeito expreso é diferente do verbo principal, e é usual cando o suxeito é o mesmo e aparece antes do verbo principal con preposición.

Que son as perífrases verbais?

Son construcións formadas por un verbo auxiliar e unha forma nominal. Clasifícanse en temporais, modais e aspectuais, segundo o valor que aportan ao verbo principal.

Como se forma a perífrase pasiva?

Con ser máis o participio de verbos transitivos. O texto cita ser + participio como forma da perífrase pasiva.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que morfema permite clasificar os verbos en tres conxugacións?
2. Cal destes tempos é absoluto?
3. Que aspecto indica un proceso xa concluído?
4. Que perífrase aspectual indica o inicio da acción?
5. Como se forma a perífrase pasiva?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.