Pondal helenismo

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,45 KB

EDUARDO PONDAL-


1.VIDA-Naceu o 8 de febreiro de 1835 na vila de Ponteceso,na comarca de Bergantiños,dentro dunha familia de orixe fidalga, rica grazas aos ingresos que o pai trouxera da súa emigración a América. Esta situación permitiu a Pondal e aos seus irmáns vivir de rendas. Mesmo se cre que a maioría dos integrantes da familia quedaron célibes (Pondal entre eles) de propósito, para subsistir con maior comodidade sen necesidade de exercer traballo ou profesión remunerados. O noso poeta púidose así dedicar a aquilo que el consideraba esencial na súa vida: a creación literaria. Pondal iniciou os seus estudos aprendendo gramática latina na reitoral de Vilela de Nemiña, baixo a dirección do párroco e en compañía de moi tos dos rapaces da zona. Cara a 1848 parte a Santiago para realizar o bacharelato que finaliza en xuño de 1854. Comeza entón os seus estudos universitarios de Medicina, que remata brillantemente en 1860. Durante estes anos intégrase no Liceo de la Juventud. É entón tamén cando se celebra o famoso Banquete de Conxo (1856). Aínda que era médico, Pondal exerceu moi pouco a súa profesión. Aprobou unhas oposicións ao corpo de Sanidade Militar, sendo destinado á fábrica de armas de Trubia, pero, descontento co ambiente e a disciplina que lle impuña o seu traballo, abandónao cara a 1864 e retírase a vivir de rendas. Desde entón pasa temporadas en Ponteceso e a Coruña. A neurose progresiva que padecía foise agravando co paso dos anos ata desembocar na loucura. Afectado dun proceso de cegueira irreversible, encerrouse nunha pensión coruñesa, sen querer ver nin falar con ninguén, con temor de que lle roubasen as carpetas e maletas onde gardaba os seus orixinais. Morreu nestas condicións penosas en Marzo de 1917. O Concello coruñés tivo que correr cos gastos do enterro e foron os membros das Irmandades da Fala os que velaron os restos mortais do poeta. O seu legado documental depositouse na Biblioteca da Academia Galega e aínda é hoxe obxecto de numerosas investigacións que non deixan de deparar sorpresas.

POESIA-"Rumores de los pinos" ( Santiago 1877),contén 11 poemas en galego,2 bilingües e 8 en castelán. "Queixumes dos pinos" (A Coruña,1886).Contén 91 poemas sen títulos. Inclúe os 11 galegos e os 2 bilingües de "Rumores" e 4 traducidos do castelán. O libro presenta unha relativa unidade temática, uso exclusivo do galego (agás nos poemas bilingües).Reelaboración e superación literaria e ideolóxicamente de "Rumores". " P o e m a s i n é d i t o s e e s q u e c i d o s " ,reunidos, prologados e anotados por Carballo Calero, foron publicados en Vigo no ano 1961.Nel atópanse 49 composicións en lingua galega que non estaban contidas nas anteriores edicións. "Os Eoas" ,trátase dun extenso poema épico,que aínda hoxe non foi publicado completo.Murguía defíneo como un poema español escrito en galego, destinado a cantar aos heroes e ao descubrimento do Novo Mundo. Segue " Os Lusíadas" de Camoens, se este representa un canto aos navegantes portugueses polos mares orientais," Os Eoas" canta aos españois por Occidente.O orixinal sen publicar foi depositado polo autor na Real Academia Galega.


POESÍA CÍVICO-PATRIÓTICA


Pondal aínda que imperialista, racista e machista foi un patriota. Cría nos galegos e na súa terra.Pensaba que a súa misión era 'despertalos do seu sono', e, para iso,tratou de imbuír na conciencia destes un pasado heróico celta que os estimulase para conseguir así unha patria forte e valerosa. Para que os galegos recobrasen o orgullo de ser un pobo distinto e valeroso, cun pasado heroico e un futuro glorioso, o bergantiñán baseouse fundamentalmente en tres constantes que xorden nos seus versos : celtismo,helenismo e bardismo.
CELTISMO Influído polos historiadores galegos do momento,que concedian excesiva importancia ás raices celtas de Galicia, Pondal cantará aos nosos devanceiros celtas.Valéndose de materias librescos e do coñecemento directo dos movementos arqueolóxicos celtas de Galicia, chegou a conquerir unha visión mítica da orixe e da cultura galegas, sobor das que estructurou o seu pensamento encadrado nunha política progresista,democrática e liberal. HELENISMO O noso poeta foi un grande coñecedor da cultura e da lingua gregas.Son moitos os poemas de inspiración helénica: ' A v olu n t a d e homérica','Morrer en brando leito','Necias fillas d e Héllade' ,'A lira de Tyrteo',etc e tamén os topónimos e antropónimos de orixe grega: Héllade,Sparta,Thermópilas,Dafne,Leónidas,Tyrteo,etc. Este coñecemento do mundo clasico aproveitouno Pondal para tomar o espírito militarista, de virilidade rexa e forte, propia do mundo espartano, para o pobo galego. Deste xeito, os heroes celtas de Pondal avantan polo camiño do heroismo clásico. BARDISMO O bardo era unha especie de historiador-poeta-sacerdote garante da memoria colectiva dun pobo.Pondal considerábase a si mesmo como o 'bardo' do pobo galego coa misión liberadora da colectividade galega,de escravos e ilotas a homes libres e orgullosos.

POESÍA LÍRICA


Aínda que ambas aparecen, en moitas ocasións, fundidas coa súa poesía cívica, dúas son as vertentes temáticas que a compoñen : a natureza e a muller.
A NATUREZA A paisaxe, que, ás veces, aparece como o marco axeitado no que se desenvolven os feitos heróicos dos seus personaxes, está formada, xeralmente pola gándara dos toxos e as uces e o bosque cheo de piñeiros e carballos.Trátase dunha natureza dura, áspera, brava acorde co seu ideal, que el tira da comarca bergantiñá e na que o mar raramente aparece. Nesta natureza bole unha rica fauna:cervos, raposos, corvos, corzos...A presencia do home queda insinuada,ás veces, pola presenza do dolmen, do castro...E outras veces maniféstase mediante figuras idílicas:o cazador, o mariñeiro..., personaxes sempre libres que non reflexan a dura vida do labrego sometido á terra. A MULLER Na concepción da muller que ten Pondal vai operar unha dobre e contradictoria influencia: Por un lado, atópase idealizada como unha muller guerreira e forte que se erixe en heroina á maneira ossiánica (Maroñas), como as fadas (Baltar,Berganti ños...), como as sereas -de procedencia clásica-, ou como a freira -símbolo de pureza-. Por outro lado na perspectiva propiamente amorosa presenta tres actitudes: -Actitude ROMántica: amor cabaleiresco, platónico con certos tintes trova dorescos(P.Ex.: " Eu sei dunha doce meiga" ). -Actitude machista: amor animalizado, a muller como obxecto de pracer ao servizo do home -"o descanso do guerreiro"- (P.Ex.: "Pilleina entre os pinos soa" ). -Actitude erótico-naturalista: erotismo sensual onde a forza da paixón está mitigada pola tenrura (P.Ex.: "Agora,meu corazón","Oh,quen poidera!" ).


LINGUA ,ESTILO E MÉTRICA

De acordo co seu pensamento, Pondal, quixo dignificar a nosa fala, excluíndo para iso as palabras demasiado humildes e vulgares e empregando reiteradamente o cultismo latino ou grego.Á súa vez tratou de eliminar o maior número posible de castelanismos, para así darlle á lingua unha maior pureza e enxebreza.
Para el o mellor galego falábase en Bergantiños,onde nacera a lingua, segundo a súa crenza. Desde o p.D.V. Morfolóxico destacamos algunhas características: -O plural das palabras rematadas en -n,faino en ns:corazóns, uns, mentres que o das agudas rematadas en -l engaden -es:pinales. -Alternancia de imperativos : levade / levai. -O sufixo latino -tionem foi resolvido en -zon ou en -ción : canzón, oración. -Aparición do ditongo UI fronte a OI : muito,nuite,luita. -Utilización de formas como fono e despoxano por foron e despoxaron. -Emprego constante de miñán por mañán. Estilisticamente, a súa producción caracterízase por non buscar a variedade, senón que se basea nos motivos fundamentais.Introduce procedementos propios da época homérica como o símil ou o abusivo uso de epítetos con carácter puramente retórico. Un rasgo moi destacado é a escasez de diminutivos, que o afasta do resto dos autores do século XIX. O sufixo -iño, agarimoso de seu, é sustituído frecuentemente por -ete ou -eta, menos sentimentais. Soamente nos seus poemas eróticos é onde aparece máis veces, para así mitigar a violencia que pode supoñer o abuso da muller. En canto á métrica non experimentou moitas formas novas. Utilizou preferentemente os versos de arte menor. A rima preferida foi a asonante, aínda que en " O s E o a s " utilizou a consonante. As combinacións estróficas son variadas; "Os Eoas" está escrito en octavas reais e en " Q u e i x u m e s d o s pi n o s " atopamos octavas italianas, serventesios, quintillas, romances, etc.En xeral, podemos concluír que a súa é unha poesía arcaizante, mais non pola artificiosidade senón pola sincera vivencia dun mundo pasado.

SIGNIFICADO DA OBRA PONDALIANA

Pondal é unha figura singular nas nosas letras, tanto polo papel que el mesmo se atribúe como pola requintada utilización da lingua.Concibe a súa obra como unha guía para sacar ao pobo da mediocridade en que estaba sumido e descubrirlle as virtudes das que era portador polo seu pasado celta. Para isto, realiza unha reconstrución do pasado galego ignorado polo pobo. Moitos dos seus poemas sitúanse nos grandes tempos míticos da fundación da patria e case parecen obra dun antigo bardo celta.

Entradas relacionadas: