Comentarios de texto de cantares gallegos de Rosalía de Castro

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 19,87 KB

1.-Aspectos biográficos-
Naceu en Santiago o 24 de febreiro de 1837, como filla ilexítima dunha fidalga de familia decadente –Mª Teresa de Castro e Abadía- e mais dun seminarista –José Martínez Viojo-.Tense interpretado , con escaso fundamento, que esa orixe bastarda traumatizou á nena Rosalía, sendo a causa última da súa perenne tristura… A infancia pasouna en Padrón (cando menos desde os tres anos).A fermosa vila, que Rosalía evoca na súa poesía adulta como o paraíso da infancia, viuna medrar co agarimo e admiración da súa familia polas calidades intelectuais que xa amosaba de nena.Marchou logo a Santiago, onde recibirá unha esmerada educación, inusual nas rapazas da época: francés, canto, piano, guitarra, deseño, lectura e escritura. Rosalía entra en contacto cunha mocidade inqueda: Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, etc.Ela mesma participa como actriz, con 17 anos, en diversas representacións teatrais no Liceo de San Agustín. En 1853 pasa unha tempada en Muxia, invitada pola familia de Pondal.A experiencia servillare para ambientar a súa primeira novela, La hija del mar, e mais para compor o poema A romaría da Barca , publicado no Albúm de la Caridad (1862). Durante esa tempada contrae o tifo e está a piques de morrer. Ben sexa por seguir a carreira de artista, ben por un desengano amoroso, Rosalía marcha en 1856 a Madrid.Coñece alí a Manuel Murguía(Arteixo, 1833- A Coruña 1923), con quen casa en 1858. Un ano antes publica o seu primeiro libro de versos, un folletiño titulado La Flor. En 1861 publica en El Museo Universal de Madrid o seu primeiro poema en galego, “Adiós, ríos, adiós, fontes” . En 1862 morre dona Teresa e Rosalía edita o longo e sentido poema “A mi madre” . Un ano despois aparece o primeiro libro integramente escrito en galego da historia e unha das obras fundamentais da nosa literatura: Cantares Gallegos (1863).Rosalía ten cando o publica, 26 anos de idade. Por motivos de traballo e por penurias económicas constantes, o matrimonio Castro-Murguía e os seus sete fillos (todos eles mortos sen deixaren descendencia) veranse obrigados a cambiar frecuentemente de localidade de residencia e a botar tempadas separados: Santiago (1861-1862), Madrid (1862-1864), Lugo (1864-1868), Simancas (1868-1870), Lestrove (1871), Madrid de novo (1872), Coruña (1873), Santiago (1875-1879), Lestrove de novo(1879-1884) e, finalmente, en 1884, a casa da Matanza na parroquía de Iria (Padrón) convertida desde 1972 en museo. En 1880 publica a súa derradeira novela en castelán e o seu derradeiro libro en galego: El primer loco e Follas Novas respectivamente. O poemario En las orillas del Sar, derradeira obra rosaliana, sae do prelo en 1884. Rosalía morre en Padrón en 1885, con 48 anos de idade, nunha situación de extrema pobreza, torturada polo cancro, atacada, marxinada ou abandonada por case toda a intelectualidade da época.. Foi soterrada no cemiterio de Adina (Padrón), os seus restos mortais foron trasladados dende aquí a San Domingos de Bonaval, en Santiago o 25 de maio de 1891, a xerarquía eclesiástica compostelá, presidida polo bispo Martín de Herrera, denega o permiso para celebrar as exequias na súa honra no recinto catedralicio.

2-A singularidade da figura de Rosalía-
Rosalía, sen dúbida a figura máis importante, representativa e universal da Literatura Galega, era unha muller culta (falaba francés, lía obras de Filosofía, relacionábase coa intelectualidade galega e mesmo española máis importante da época...), con criterios propios e contestataria, posuidora dun rexo carácter e dunha clara vontade de ser escritora, plenamente consciente do que facía cando rompía a mantenta os moldes literarios, idiomáticos, ideolóxicos e temáticos dominantes. Rosalía foi precursora e pioneira de correntes de pensamento social e político de plena actualidade tanto na Galiza coma no resto do mundo: feminismo, anticapitalismo, nacionalismo progresista, etc.


Por estas e outras razóns a súa obra é constantemente traducida a numerosas linguas e recibe atención en universidades de todo o mundo. Rosalía é unha figura singular no contexto literario da súa época por tres aspectos: participa decididamente na posta en marcha dun sistema literario galego autónomo usando unha lingua marxinada, rompre todas as barreiras temáticas e cultiva non só a poesía, senón tamén, abundantemente, a prosa. Porén sobre ela teceuse unha imaxe distorsionada e mistificada. Presentouse como unha SANTIÑA ou unha CHORONA. Díxose que escribía porque lle mandaba ou lle ditaba o seu home, Murguía. Foi considerada unha simple imitadora de Bécquer ou ROMÁNTICA REZAGADA.Negouse que fose consciente do papel que xogaba e da importancia que tiñan as súas obras. En vida, tivo sempre enormes dificultades para publicar, derivadas tanto da situación de penuria económica como da súa condición de muller e da heterodoxia do seu pensamento.Sirva de exemplo que F olla s N o v a s estaba practicamente feito en 1874 e tivo que agardar a publicación ata 1880, e iso grazas a axuda dos emigrantes galegos en Cuba. Rosalía recibiu en vida ataques durísimos, ben do elemento eclesiástico, ben dalgúns intelectuais do seu tempo. Nunca logrou vivir do seu ímprobo traballo de escritora e, antes de morrer, deu orde á súa filla máis vella, Alexandra, de queimar os manuscritos inéditos e cartas que gardaba. Tal vez unha das maiores inexactitudes que se teñen vertido sobre ela sexa considerala unha escritora ROMántica. Como a súa obra non encaixaba ben no esquema de desenvolvemento da literatura española comunmente admitido, algúns críticos engadiron ao cualificativo de “ROMántica” a apostila de “rezagada”. Que hai de certo no Romanticismo de Rosalía? Teñense dado os seguintes argumentos para rexeitar ese rótulo caracterizador: a) Na súa obra non hai nunca actitude escapista, tan típica dos ROMánticos, nin cara ao pasado nin cara ao exótico, senón máis ben identificación coa realidade por moi dura e triste que esta sexa. B) Destaca na súa escrita a denuncia social e a sensibilidade para os distintos problemas da xente, nomeadamente das mulleres campesiñas galegas; esta actitude solidaria e crítica coa sociedade está ben lonxe de certo prototipo ególatra e individualista do escritor ROMántico. C) O ton de sinceridade dos seus versos está moi lonxe do finximento, do patetismo esaxerado e da relativa “cursileria” de moitas poesías ROMánticas. D) Temas tratados tamén polos escritores ROMánticos, como a morte, o suicidio, o desacougo amoroso, etc. Son abordados por Rosalía desde unha perspectiva ben distinta, moito máis grave, seria, angustiada e metafísica.

3-O compromiso social-Rosalía foi unha persoa dotada dunha aguda sensibilidade perante a marxinación, a inxustiza e a opresión.A súa obra ten por iso un forte compoñente social. O seu compromiso como escritora plásmase nestes aspectos: 1) A defensa da cultura e do idioma galegos, da nosa idiosincrasia, presentándoas como dignas, naturais, “normais”, fronte á visión común naquela época de que todo o galego era sinónimo de inmundicia, atraso, ignorancia, brutalidade, incivilización, etc. 2) A defensa de valores sociais e morais do pobo galego fronte aos novos valores da sociedade burguesa ascendente, como o individualismo, a hipocresía, o poder do diñeiro... 3) A identificación cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas mulleres campesiñas galegas “viuvas de vivos”.
4) A denuncia das inxustizas, insultos, incomprensión e abusos cometidos con Galiza e cos galegos, con especial fincapé no tema da emigración e das súas gravísimas consecuencias. 5) A reivindicación dos dereitos da muller, comezando polo propio dereito a escribir, a ser “literata” nunha sociedade en que a desigualdade e a marxinación da muller eran aínda unha norma vixente.


4-O feminismo-Na segunda metade do século XIX,a polémica feminista irrompeu con forza na prensa, nos Ateneos, nas Facultades e noutros foros, xerando un forte debate entre aqueles sectores que postulaban o dereito da muller a ocupar un novo e máis xusto posto na sociedade, en igualdade de dereitos co home, e aqueles outros que, por contra, defendían que a muller debía continuar recluída no ámbito doméstico, sen acceso á cultura e á educación, ocupada tan só do coidado dos fillos e da satisfación do seu marido. Cando Rosalía rompe a escribír, máis do 93% das mulleres galegas eran analfabetas.As escasas escritoras que había (Virginia Felicia Auber, Emilia Calé, Clara Corral, Constanza Verea, etc) empregaban habitualmente o castelán, tratando temas considerados “femininos” desde ópticas moderadas (paisaxismo, amor ROMántico, relixión...) e limitábanse polo xeral ao cultivo do xénero poético. Nese sentido, Rosalía é unha figura illada, pois afástase do común das escritoras do seu tempo. O posicionamento feminista de Rosalía de Castro está presente en toda a súa obra. Centrándonos na narrativa, en Lieders canta a liberdade da muller con estas palabras: “ S olo c a n t o s d e i n d e p e n d e n c i a y li b e r t a d t a r t a m u d e a r o n m i s la b i o s , a u n q u e s i n ti e s e alr e d e d o r, d e s d e la c u n a, el r u í d o d e la s c a d e n a s q u e d e b í a n aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grilletes de la esclavitud”. En La hija del mar (1859) denuncia que “.... Aún no les está permitido a las mujeres escribír lo que sientes y lo que saben” e protesta contra a vulgar idea de que a muller só sirve para os labores domésticos. Mara, personaxe da novela Flavio, denuncia:” Decid que lo que quereis es vernos esclsvas y no compañeras vuestras, decid que de un ser que piensa y siente como vosotros, quereis hacer juguetes huecos, máqui nas que unas veces rían y otras veces lloren, y que, según vuestra conveniencia est en alegres y canten al ruído de las cadenas o se quejen y lloren al compás de vuest ros cantares de olvido”. Nesta mesma novela vemos a Mara queixándose de “ tantas criaturas devoradas por la miseria y el trabajo; tantas otras devoradas tambié n por el hastio y el ocio. Es una terrible calamidad, y en vano se habla de adelantos , de progreso: las mujeres siguen atormentadas”. En L a s li t e r a t a s . C a r t a a E d u a r d a , traballo publicado no Almanaque de Galicia de Soto Freire en 1865, Rosalía fai un retrato cru da vida da muller escritora.Denuncia a incomprensión e o rexeitamento da sociedade cara as mulleres intelectuais, que son acusadas de xénero.Tamén fai referencia a que, en ocasións, o mérito da muller escritora sexa atribuído ao seu home.

SIGNIFICADO DOS CANTARES


Cantares Gallegos convértese no primeiro clásico da literatura galega.A pegada desta obra é doadamente comprobable, tanto na posterior produción literaria, como no pobo galego, que se viu reflexado nela e aprendeu a ter conciencia da súa propia dignidade. O éxito do libro –e tamén o seu significado- débese a extraordinaria comuñón de Rosalía coas xentes do seu país. Ata tal punto se produciu esa identificación que moitos poemas e estrofas foron asumidos polo pobo como versos comunitarios. Cantares Gallegos significa un importante exercicio lingüístico e literario –xa que tenta converter o galego nunha lingua poética e reivindicativa o seu uso- e ademais supón unha defensa do ser galego, perante os de fóra, procura a defensa e redescuberta da nosa propia cultura e identidade.

CANTARES GALLEGOS-É o primeiro libro de Rosalía escrito en galego, con el iníciase o Rexurdimento pleno. O libro ábrese cun prólogo en prosa no que a autora afirma que se inspirou para a composición dos Cantares no Libro de los Cantares do escritor biscaíño Antonio de Trueba..En efecto, Rosalía tomou do escritor vasco a técnica de glosar ditos ou cantares populares, pero distanciouse del no carácter reivindicativo da súa poesía. Rosalía tiña presente a Trueba en certos procedementos estilísticos e en certas figuras de dicción: anáfora, paralelismo, similicadencia..., estes artificios retóricos son propios da nosa poesía medieval, pero cando Rosalía escribiu os “Cantares” non estaban divulgados os nosos Cancioneiros Medievais. É un feito probado que a nosa poesía medieval non influiu no noso Rexurdimento. Ademais da influencia de Trueba sinalouse somente a de Camoens nun único poema.Non tomou nada dos poetas galegos precedentes? Coñecía mal a poesía galega anterior a ela? Desestimábaa? Algo disto pódese supor, primeiro pola súa falta absoluta de referencias aos versificadores galegos anteriores; segundo, porque de acordo coas noticias de Murguía, foi a baixa calidade dalgunhas composicións que leu con fastío, o que a moveu a escribir en galego, sen dúbida para superar aqueles intentos. ESTRUTURA A obra comeza cun Prólogo en prosa ao que seguen na versión orixinal 35 composicións que teñen unha estrutura circular: O poema nº I, é unha introdución ou prólogo poético no que se anuncia o canto a Galiza, ten catro partes: a) A primeira apoíase nunha muiñeira popular, e alguén pide a unha rapaza que cante. B) A rapaza fala directamente ao lector. C) Louvanza da paisaxe galega. D) Promesa de cantar a Galiza. O poema nº XXXV remite polo contido ao nº I, é unha especie de épilogo e nel: a) A rapaza di que cumpriu a promesa b) Descúlpase pola pouca graza. Co resto dos poemas pódense facer varios grupos: os poemas de temática etnográfica, os de temática social ou patriótica e os de temática intimista.
Poemas de temática etnográfica. Este grupo de poemas –o máis numeroso- reflexa a idiosincrasia do pobo galego. Segundo traten de costumes ou de amor, podemos clasifica-los poemas en dous subgrupos: *Poemas costumistas.Describen aspectos da vida de Galicia, como as romarías, o divertimento no muíño, as devocións e supersticións populares, etc. *Poemas amorosos. Son monólogos tanto masculinos coma femininos, ou diálogos en que os namorados expoñen as súas coitas ou ledicias. Poemas de temática social ou patriótica.Tratan a situación de penuria e marxinación en que vive o pobo galego e constitúen unha defensa das terras, os costumes e as xentes de Galicia fronte a Castela. *A denuncia social do drama da emigración aparece en dous poemas: “Adiós ríos, adiós fontes” e “Airiños, airiños, aires”. * A defensa de Galicia ante o centralismo político aparece en tres poemas:” C a s t ella n a d e C a s tilla ”, “ C a s t ella n o s d e C a s tilla ” e “ A gaita gallega”.
Poemas de temática intimista. Son poemas tinxidos pola “saudade”, nos que Rosalía expresa os sentimentos persoais que lle provocan o afastamento da súa terra, a evocación da paisaxe e a lambranza dos seus antepasados. Son dous os poemas con esta temática: * “Campanas de Bastabales”, neste poema a autora expresa a vivencia da soidade e encádrase no grupo social dos “tristes” ou marcados pola desgracia, temas que aparecerán en Follas Novas . * ”Como chove miudiño” , neste poema evoca ós seus antepasados e o medio xeográfico onde pasou a infancia. METRICA-Dado o carácter popular do libro dominan as formas de arte menor. Tendo en conta a rima e as combinacións estróficas podemos dividir as formas utilizadas por Rosalía en dous grupos: a) Formas de orixe popular-tradicional: muiñeira, romance de octosílabos, romancillo de heptasílabos, endechas de hexasílabos, pentasílabos... B) Formas emprestadas á literatura culta.Rima consoante: -Arte menor: espinelas, séptimas, quintillas, cuartetas, redondillas... -Arte maior: hendecasílabos, octavas reais.


FOLLAS NOVAS-É o segundo e derradeiro libro de poemas de Rosalía escrito en galego.Aínda que foi publicado en 1880, grande parte dos poemas foron escritos entre 1868 e 1870 en Simancas. O libro consta de 137 poemas, clasificados pola propia autora en cinco apartados que ela denomina libros e ós que dá estes nomes: -Libro I: “Vaguedás” -Libro II: “ Do íntimo” -Libro III: “Varia” -Libro IV: “Da terra” Libro V: “ As viudas dos vivos e as viudas dos mortos” Pola perspectiva do suxeito poético, podemos clasificar os cinco libros en dous grandes grupos: lírica solitaria e lírica solidaria. Entre os dous sitúanse un grupo de poemas que tratan a realidade múltiple, común ós dous suxeitos poéticos. A lírica solitaria “Vaguedás” é o prólogo poético de Follas Novas .Nel Rosalía manifesta un estado anímico de soidade e desasosego, e informa de que a súa poesía, ao reflexar a súa existencia, vai ter o mesmo carácter. En “¡D o í n ti m o!” , Rosalía exterioriza as súas particulares e íntimas reflexións, derivadas da súa propia experiencia: o tempo como devorador dos soños e da esperanza, a insolidariedade humana, a actitude negativa da igrexa ante os pecadores, a experiencia da desgraza e a renuncia a esta vida de dor que se concreta no desexo da morte. O libro intermedio: a realidade múltiple En “Varia” , Rosalía completa o mundo poético dos dous primeiros libros e xustifica a poesía solidaria dos dous libros seguintes.Así, mentres que “Vaguedás” está centrado no mundo interior do “eu” poético e “¡D o í n ti m o!” recolle as reflexións do propio “eu”, en “Varia” , Rosalía expón a realidade múltiple que rodea ó “eu”.Os aspectos desa realidade múltiple e varia polos que Rosalía se interesa son especialmente a terra galega e o sufrimento do seu pobo, aspectos que son precisamente os temas dos dous libros seguintes. Os temas de “Varia” son diversos: lendas populares nos que aparecen asuntos como a superstición ou as meigas, a emigración e a saudade da terra, a problemática da muller...
A lírica solidaria. En “Da terra” , Rosalía expresa a súa integración no pobo galego. Polos temas esta parte é moi semellante a Cantares Gallegos e nela atopamos personaxes e escenas populares.
En “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos” ,Rosalía manifesta a súa identificación cos problemas do seu pobo.Esta derradeira parte do poemario céntrase no fenómeno da emigración e nas causas que o provocan – impostos, subdesenvolvemento, fame...-, e tamén nos problemas que sofren as mulleres do campo, principais vítimas desa emigración – a anguria, a soidade, a miseria...-.

A PROSA GALEGA


A prosa rosaliana inclúe os prólogos de Cantares Gallegos e Follas Novas e mailo Conto gallego . No Prólogo de C a n t a r e s G alle g o s defende o espírito galego mediante o enxalzamento das xentes, da cultura e da lingua galega. E tamén denuncia as inxustizas e o abandono que sofren os galegos e as galegas. Dúas palabras da autora é o título do prólogo de Follas Novas , nel atópase a profundidade do pensamento, as súas palabras son un prefacio da dor e da saudade que se reflicten nos seus poemas. Conto gallego , foi publicado postumamente en 1923. Trátase dunha narración popular que presenta unha estrutura dialogada de carácter dramático.Conta a aposta feita por dous homes sobre se un deles é quen de conseguir palabra de casamento dunha muller o mesmo día do velorio do seu home.

LINGUA

Na súa obra, Rosalía emprega basicamente o galego falado polo pobo na comarca de Santiago-Padrón, isto é, escribe nun galego espontáneo e coloquial, cunha sintaxe sinxela e un léxico pouco rebuscado no que hai abundantes castelanismos. Representa por veces o seseo e bota man de numerosos vulgarismos léxicos. Claro que hai que ter en conta, como di ela mesma nun dos seus prólogos, que escribe en galego sen gramática nin regra de ningunha clase, fiándose unicamente do seu coñecemento ambiental do idioma.

Entradas relacionadas: