Variacións da Lingua Galega: Tipos e Rexistros
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,35 KB
Galego T.6
Variacións Internas da Lingua Galega
Todos os humanos temos unha capacidade lingüística; esta maniféstase nas diferentes linguas, pero tamén poden atoparse variacións dentro dunha mesma lingua, dependendo da zona, idade ou situación na que se fale. Estes diferentes xeitos de falar dentro dunha lingua chámanse variedades lingüísticas.
Tipos de Variacións Lingüísticas
- Variacións diacrónicas: Consecuencia do paso do tempo. Diferencian o galego medieval e o actual.
- Variacións diatópicas: Dan lugar a dialectos segundo os trazos lingüísticos de cada zona.
- Variacións diastrácticas: Dependen do estrato social do falante ou da idade/sexo.
- Variacións diafásicas: Diferenzan os rexistros dependendo das circunstancias da comunicación.
- Variedade estándar/normativa: Ten maior prestixio social e é empregada na escrita. O galego non a necesitou ata o Rexurdimento.
Variación Social ou Diastráctica
Permite identificar distintos niveis de lingua; dende un nivel alto (cultismos, corrección gramatical) ata un nivel baixo (vulgarismos,...) pasando por un nivel medio. No caso do galego, unha lingua en proceso de normalización, estas fronteiras están difusas.
Dentro desta variación pódense incluír as xergas que se usan para diferenciar un grupo social dos demais. Empregan as estruturas xerais da lingua pero varían o léxico de tal forma que acaban sendo incomprensibles para os demais.
Variación Diafásica: Rexistros Lingüísticos
Está condicionada polos factores do contexto lingüístico: a canle, os interlocutores, a mensaxe, os diferentes temas e a situación. Estas variedades dan lugar a rexistros lingüísticos:
- Rexistro coloquial: Propio dunha linguaxe oral e espontánea, sen reflexión. Contén repeticións, faltas de concordancia, enunciados inacabados, sintaxe pouco elaborada e vocabulario coloquial.
- Rexistro formal: Variedade estándar, que só poden acadar falantes con instrución idiomática media ou alta.
Neste rexistro teñen importancia os tecnoletos, que usan un léxico específico e cun significado moi concreto (médicos, mariñeiros, informáticos). Neles, un termo só pode facer referencia a un significado, o que evita a polisemia e as ambigüidades. Estes, fronte ás xergas, non buscan ocultar, senón que responden á necesidade de ter un léxico moi preciso. A terminoloxía encárgase do estudo do léxico dos tecnoletos.
A Linguaxe Científico-Tecnolóxica
Busca conseguir a universalidade e exactitude necesarias nas disciplinas en que se usa. Características:
En canto ao léxico:
- Ampliación do significado de palabras comúns (ex: rede)
- Derivación con prefixos e sufixos cultos (ex: endoscopia)
- Uso de siglas, acrónimos e abreviaturas (ex: ADN)
- Préstamos do inglés e outras linguas (ex: walkman)
- Latinismos (ex: Trachurus trachurus = xurelo)
En canto á morfosintaxe:
Úsase o presente de indicativo, formas impersoais e pasivas dos verbos e sintaxe sinxela.
A nivel textual:
Emprégase o discurso expositivo-argumentativo.