Biografías dos precursores da literatura galega: Rosalía de Castro, Pintos, Añón, Turnes e Pastor Díaz

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,25 KB
Actualizado el

Resumen

O texto ofrece breves biografías de cinco autores vinculados ao inicio da literatura galega moderna: Rosalía de Castro, Xoán Manuel Pintos, Francisco Añón, Vicente Turnes e Nicomedes Pastor Díaz. Recolle datos sobre a súa formación, as súas obras principais, as súas circunstancias vitais e a súa relación coa lingua e cultura galegas.

Puntos clave

  • Rosalía de Castro (1837-1885) publicou o seu primeiro poemario, La flor, en 1857 e escribiu Cantares gallegos (1863) e En las orillas del Sar (1884).
  • Xoán Manuel Pintos (Pontevedra, 1811) escribiu A gaita gallega tocada polo gaiteiro (1853), de carácter didáctico.
  • Francisco Añón (Outes, 1812) exiliouse a Portugal tras a execución dos Mártires de Carral en 1846 e gañou un accésit nos Xogos Florais da Coruña en 1861 co poema “A Galicia”.
  • Vicente Turnes, compostelán, foi cego desde os vinte e sete anos e escribiu vilancicos, poemas e diálogos satíricos.
  • Nicomedes Pastor Díaz (Viveiro, 1811 - Madrid, 1863) foi poeta romántico, ministro e figura do provincialismo galego.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

¡Escribe tu texto aquí!

María Rosalía Rita de Castro: naceu o 24-2-1837 en Santiago de Compostela. A súa infancia estivo marcada por ter sido filla de María Teresa de Castro e José Martínez Viojo.

Viviu os seus primeiros anos na aldea de Ortoño cunha irmá do seu pai, estando en contacto constante coa lingua do país, coas cántigas, coas tradicións, coas crenzas... Que máis tarde callarían en Cantares Gallegos. Máis tarde a súa nai decidiría facerse cargo dela, marchando as dúas novamente a Compostela, onde estudaría música e mais debuxo.

No 1856 marchou á capital do Estado, publicando ao ano seguinte La flor, o seu primeiro poemario. Manuel Murguía que estaba nesa época en Madrid, fixo unha moi boa crítica do libro de Rosalía. Grazas a iso chegaron a coñecerse e a casaren un ano máis tarde.

Froito do seu matrimonio serían sete fillos, dos que dous deles morrerían moi pronto. A isto sumóuselle a morte da nai de Rosalía no 1862. Nese periplo é cando sente a necesidade de escribir Cantares gallegos (1863), o Conto gallego (publicado postumamente no 1923), boa parte dos poemas que irían en Follas novas (publicado no 1880) e a meirande parte das súas novelas en castelán (La hija del mar, 1859; Flavio, 1862; El caballero de las botas azules, 1867).

Co nomeamento de Murguía como xefe do Archivo Xeral de Galicia (1871), regresa definitivamente o viaxeiro matrimonio ao noso país, residindo en diante na Coruña, Compostela, Lestrove e Padrón . É na Matanza onde pasa os seus derradeiros anos de vida cun doloroso cancro (En las orillas del Sar, 1884; obra na que mostra os seus máis tristes e pesimistas sentimentos sobre a vida e sobre o mundo), falecendo o 15-6-1885.


Xoán Manuel Pintos Villar: Naceu en Pontevedra no ano 1811, estudou Dereito en Compostela e exerceu a profesión na súa cidade de nacemento.

No ano 1853 escribiu unha das obras cume da literatura galega do momento: A gaita gallega tocada polo gaiteiro. Como se deduce do título, a súa pretensión era didáctica. Argumentalmente trata dun gaiteiro que toma como tamborileiro a Pedro Luces, un mozo castelán, ao que lle vai ensinando pouco a pouco o idioma galego e o vai introducindo nas ‘cousas’ de Galiza. Publicaría un pequeno dicionario galego-castelán para a correcta comprensión do seu libro, ademais de composicións soltas na imprensa do momento. Tamén foi autor de poesía, como o soneto Galicia, boi de palla.

Francisco Añón: naceu en Outes (A Coruña), un ano despois de Pintos. Despois do acontecido no ano 1846 (a execución dos revolucionarios que acabaron sendo coñecidos como os Mártires de Carral) exilouse a Portugal, de onde sería expulsado polo ‘Hymno dos povos’, unha composición súa en portugués. Conseguiu traballo como secretario dun lord inglés, circunstancia que aproveitou para viaxar por Europa até que volveu a España (viviu en Andalucía e e Madrid), onde ensinou xornalismo e idiomas, aínda que mantendo sempre contacto coa súa patria.

Morrería en Madrid na máis absoluta miseria. A súa obra foi recompilada despois do seu pasamento (de onde destacaría o accésit gañado nos Xogos Floraisd’A Coruña no ano 1861 polo seu poema “A Galicia”.

Vicente Turnes: é o compostelán máis vello dos chamados precursores. A pesar de quedar cego aos vinte e sete anos, desenvolveu unha intensa actividade literaria. Foi autor de vilancicos de Nadal, de poemas nos que celebraba os acontecementos domésticos dos Borbóns, diálogos satíricos con temática política... Algunhas composicións deste escritor aparecen no Álbum de la Caridad.

Nicomedes Pastor Díaz: (Viveiro, Lugo 1811- Madrid 1863). Estudou no seminario de Mondoñedo e cursou Dereito en Compostela. Na capital do Reino da España acadou certo recoñecemento como poeta ROMántico. Na súa época compostelá compuxo dúas obras de estilo neoclásico: a Alborada(tópico do locus amoenus) e aÉgloga de Belmiro e Benigno Froito das súas incursións na vida política foron varios nomeamentos como ministro, á vez que mantivo relación con destacadas figuras do provincialismo galego, precisamente a súa presenza no goberno fixo máis doado o retorno dos exilados de 1846.


Preguntas frecuentes

Quen escribiu A gaita gallega tocada polo gaiteiro?

Foi escrita por Xoán Manuel Pintos Villar en 1853. Tiña unha pretensión didáctica e narra a historia dun gaiteiro que ensina galego a Pedro Luces, un mozo castelán.

Cales foron as obras máis importantes de Rosalía de Castro?

Entre as súas obras destacan Cantares gallegos (1863), Follas novas (publicada en 1880) e En las orillas del Sar (1884), esta última de tono triste e pesimista.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano naceu Rosalía de Castro?
2. Cal foi o primeiro poemario de Rosalía de Castro?
3. Por que exiliouse Francisco Añón a Portugal?
4. Onde estudou Dereito Xoán Manuel Pintos?
5. Que cargo ocupou Manuel Murguía, marido de Rosalía, en 1871?
6. Que poeta foi cego desde os vinte e sete anos?
7. Que obra de Pastor Díaz é de estilo neoclásico?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.