Galego: prexuízos lingüísticos, historia literaria e teatro (1900-1976)

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,96 KB
Actualizado el

Resumen

O texto recolle os prexuízos lingüísticos que afectan ao galego en Galicia, a situación da lingua e da cultura galega na primeira metade do século XX (Real Academia Galega, Irmandades da Fala, revista Nós, Estatuto de 1936) e a evolución do teatro e da Nova Narrativa Galega entre 1936 e 1976. Permite revisar os principais autores, obras e movementos literarios desta etapa.

Puntos clave

  • Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor sen argumentos sobre unha lingua ou os seus falantes, e na Galicia contemporánea favorecen a diglosia e o autoodio lingüístico.
  • En 1906 fundouse a Real Academia Galega, cos obxectivos de elaborar un dicionario e unha gramática.
  • O Estatuto de Autonomía de 1936 recollía a cooficialidade do galego e do castelán.
  • Entre 1936 e 1950 o teatro galego desenvólvese no exilio; a partir de 1950 cultívase un teatro de conflitos universais, escrito para ser lido.
  • A Nova Narrativa Galega foi un grupo de escritores nados entre 1930 e 1940, que iniciou o movemento coa publicación de Nasce 1 árbore de Gonzalo R. Mourullo en 1954.
  • A I Mostra de Teatro de Ribadavia celebrouse en 1973 como punto de encontro para autores e grupos.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

ESTEREOT E PREXUIZ LING/Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor emitidos sen argumentos sobre unha lingua ou sobre os propios falantes, que provocan unha aceptación ou un rexeitamento dun idioma na sociedade. /En Galicia dáse unha situación derivada do contacto entre o galego e o castelán, este comezou nos Séculos Escuros, e así a
separación galego dos usos elevados, relegándoos ó uso familiar. De esta maneira, prodúcese a diglosia. /Na actualidade a situación ten cambiado (...) aínda que un dos principais obstáculos é a vixencia de certos estereotipos e prexuízos lingüísticos. Como son a imposición
do galego, a suposta falta de utilidade, o asociamento á pobreza, o galego como marca ideolóxica, a súa caracterización pexorativa e como sinal de descortesía. /Estas ideas chegan ata os falantes e inflúen nos usos das linguas chegando a provocar un sentimento de autoodio cara a lingua natal.(...) /É importante poñer estes prexuízos e estereotipos ó descuberto para combatelos.(...) Pero hai outros factores que determinan o uso da lingua: o hábito de falar unha lingua o que impide cambiar a outra, o contorno condiciona os usos da lingua( o urbano axuda ó castelán)... /Nestes momentos parece que xa non cómpre seguir combatendo esta
situación, pero si que fai falta.


O GALEGO NO PRIMEIRO TERXO DO S.XX/No período entre 1900 e 1936 continúase coa difusión e normativización la lingua galega iniciado no séculos anterior. /En 1906 fundase a Real Academia Galega cos obxectivos de elaborar un dicionario e unha gramática. /Coa aparición das Irmandades da Fala (1916) promóvese o uso do galego como lingua de cultura e o seu uso en todos os ámbitos. En 1918 celebran a “ l Asemblea Nazonalista Galega” onde formulan un plan máis amplo para a recuperación política, social e económica de Galicia cos obxectivos de conseguir a súa autonomía e a oficialidade do galego. /En 1920 xorde en
Ourense a revista “Nós”, integrada por Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas, e que conta coa colaboración de Losada Diéguez e Castelao. Estes homes pretenden actualizar, universalizar e normalizar a cultura galega integrando na súa revista traducións, propostas de autores estranxeiros e ata arqueoloxía e música, demostrando a validez do galego en todos os ámbitos. /En 1923 créase o Seminario de Estudos Galegos que potencia o uso do galego na prosa científica e técnica e o incorpora ó sector universitario. /Coa instauración da 2ª República (1931), o galeguismo vaise reagrupar en torno ó Partido Galeguista que pretenderá conseguir a
autodeterminación política para Galicia, que se verá materializada na elaboración do Estatuto de Autonomía en 1936, que recollía a cooficialidade do galego e do castelán na Administración e un ensino bilingüe nas escolas primarias e niveis superiores. /Non obstante, prodúcese unha perda de falantes monolingües en galego e a extensión da diglosia, como consecuencia dun ensino en castelán reprimindo o galego, e a alta emigración de galego falantes. /A nivel lingüístico, o desexo de distinción do galego co castelán provoca a aparición de formas
arcaicas, lusismos, hipergaleguismos e pseudoevolucións.


O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 e 1976: A xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia/Entre 1936 e 1950 o teatro galego desenvólvese no exilio. Será en 1950 cando se cultiva en Galicia un teatro que busca transcender a propia realidade na que se vive para presentar conflitos universais, ofrecendo unha visión escura e conflitiva do mundo e da existencia. É un teatro escrito para ser lido. /Algúns dos autores máis importantes da xeración dos 50: /Cunqueiro escribe un teatro caracterizado polo clasicismo. “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca” é unha versión da historia de Hamlet. /Carballo Calero realizou un importante
labor a prol da nosa lingua e literatura, da súa autoría é unha das primeiras historias da literatura galega. A súa obra dramática é experimental, próxima ó teatro do absurdo. Destaca “A sombra do Orfeu”. /Xenaro Mariñas, precursor do teatro social con obras como “A chave na
porta” ou “A revolta” , unha obra de carácter simbólico cunha visión tráxica da existencia. /Neste período, Manuel María escribe “ Auto de taberneiro” e “ Edipo” e Xohana Torres “A outra banda do Iber”. /A partir de mediados dos 60 iníciase a recuperación das actividades teatrais e nacen así importantes grupos teatrais como “O Facho”. O Teatro Circo é o primeiro
grupo teatral independente galego. /Na década seguinte aparecen novos grupos e en 1973 celébrase a I Mostra de Teatro de Ribadavia, punto de encontro para autores e grupos. /Algúns autores escriben algunhas obras neste período: /Euloxio Rodríguez Ruibal, autor de obras que constitúen unha manifestación contra a violencia e opresión. Destaca “O cabo
dano”. /De Manuel Lourenzo, só o primeiro ciclo, o místico pertence a este período. Está formado por obras que recrean personaxes míticos do teatro grego, como “Romanía ás covas do demo”. /O teatro Roberto Vidal Bolaño divídese en dúas tendencias: /Un teatro simbólico, como "Ladaiñas pola morte do meco”, na que o meco se identifica coa opresión estranxeira que explota ás clase populares; e un teatro con textos máis complexos nos que se dá unha visión pesimista da vida, como “Laudamuco, señor de ningures”, na que trata o tema do tirano que se encontra no declive do seu poder.


A NOVA NARRATIVA GALEGA/A NNG foi un grupo de escritores nados entre 1930 e 1940, que comezaron a escribir a finais dos 50 e na década dos 60. Foron universitarios que incorxaron ás nosas letras novos modelos culturais e procedementos técnicos, influenciados polo "nouveau
roman" francés e polos narradores europeos e americanos mais imxtantes do seculo XX. O movemento iníciase coa publicación de Nasce 1 árbore de Gonzalo R.Mourullo en 1954./A pesar de que a NNG nunca se consolidou como grupo, presenta 1 serie de trazos comúns: a
intención de aplicar nos textos novas formas narrativas e a vontade de ruptura coa literatura galega anterior. Trataron de construír 1 literatura artificial para fuxir do mundo hostil que os rodea e tamen asumiron un compromiso coa lingua galega. Esta Xeracion de novos narradores
está vinculada x 4 acontecementos da cultura galega: a celebración das Festas Minervais, a colaboración periodística no xornal La Noche de Santiago, a Xeracion da colección Illa Nova e a fundacion do grupo Brais Pinto. /Comparten 1 serie de características literarias: a creación de
mundos literarios artificiais, evitando a descripción realista do agro galego; ambientes urbanos e sórdidos; personaxes marxinais, desequilibrados, violentos; tratamento do tema absurdo existencial; a presenza reiterada da violencia; o tratamento con liberdade do tema sexual; a fusión do real co fantastico; a fuxida da localización concreta dos espazos narrativos; e o
emprego de recursos técnicos como o monólogo interior, as diferentes voces narrativas nun mesmo relato e a alternancia de planos temxais./Destacan autores e obras como: Camilo González Suárez-Llanos, quen publicou Lonxe de nós e dentro, un libro de relatos nos que
están presentes a angustia, a soidade e o absurdo; Gonzalo R.Mourullo, autor de Memorias de Tains: relatos onde os personaxes actúan movidos x un destino traxico; Méndez Ferrín, Con Percival e outras historias, na que se atopan características salientables da súa narrativa, O crepúsculo e as formigas, 1 recreación dun ambiente de terror, onde a persoas viven un final traxico, e Arrabaldo do norde, a súa primeira novela con técnicas obxectalista; María Xosé Queizan, figura destacada do feminismo e do nacionalismo e autora de A orella no buraco, na que utiliza a ruptura da secuencia temxal para amosar tres situacions autobiográficas; Carlos
Casares Mouriño, quen inicia un retorno ao país concreto ao tempo que incorxa os novos procedementos narrativos. Escribe Vento Ferido con innovacions tecnicas e Cambio en tres, onde mestura o experimentalismo e un certo Realismo critico; e x último Xohana Torres, autora
de Adiós,María, onde amosa o enfrontamento entre o rural e o urbano. Esta, xunto con Cara Times Square, de Camilo Gonsar, consideranse as obras que poñen fin ao movemento./ Ademais, outros autores relacionados co grupo son Vicente Vázquez Dieguez, Xohan Casal e
Xosé Fernández Ferreiro.

Preguntas frecuentes

Que son os prexuízos lingüísticos segundo o texto?

Son xuízos de valor emitidos sen argumentos sobre unha lingua ou sobre os seus falantes, que provocan a aceptación ou o rexeitamento dun idioma na sociedade.

Cando se fundou a Real Academia Galega?

Fundouse en 1906, co obxectivo de elaborar un dicionario e unha gramática da lingua galega.

Que características comparten os autores da Nova Narrativa Galega?

Comparten a intención de aplicar novas formas narrativas, a vontade de ruptura coa literatura galega anterior, a creación de mundos literarios artificiais e a presenza reiterada da violencia e do absurdo existencial.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que é a diglosia, segundo o texto?
2. En que ano se fundou a Real Academia Galega?
3. Que revista xurdiu en Ourense en 1920?
4. Que representa o meco na obra Ladaiñas pola morte do meco de Roberto Vidal Bolaño?
5. Que obra inaugura o movemento da Nova Narrativa Galega?
6. Cal foi o primeiro grupo teatral independente galego, segundo o texto?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.