As Vangardas Artísticas Europeas e Galegas: Análise e Contexto
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,87 KB
As Vangardas
A vangarda é un conxunto de movementos artísticos europeos, con afán de ruptura, que se aplica a todos os campos estéticos. Reciben o nome de Ismos e en Europa destacamos varios:
- O Futurismo, que se inicia co manifesto de Marinetti no que exalta a violencia e a luxuria con rapidez verbal, suprimindo adxectivos e adverbios.
- O Cubismo, que distorsiona a sintaxe e revoluciona a tipografía cos Calligrammes de Apollinaire.
- O Dadaísmo, nace da man de Tristán Tzara, rebélase contra a lóxica e a racionalidade mediante unha linguaxe mesmo incoherente.
- O Surrealismo está relacionado coa primacía do soño, a loucura e o inconsciente.
- E por último o Creacionismo, co seu abanderado Vicente Huidobro, para quen a arte non debe imitar a realidade xa que o poeta é un pequeno Deus; o poema é unha realidade autónoma froito da intelixencia.
Vangardas en Galicia
Tamén atopamos vangardas en Galicia; onde o grupo "Nós" abre as portas a estas correntes, especialmente Risco, quen informa a Manuel Antonio dos ismos europeos. Os vangardistas galegos son mozos nacidos ao redor do ano 1900 e danse a coñecer en revistas como ALFAR, RONSEL, CRISTAL...
Vangarda Plena Galega
Por un lado atopamos movementos de vangarda plena:
- O Surrealismo, onde destaca Álvaro Cunqueiro coa súa obra POEMAS DE SÍ E NON, coa asociación de ideas e a influencia dos soños pero cun pouso sentimental.
- O Creacionismo promovido por Manuel Antonio, o mellor expoñente vangardista en Galicia. En 1922 publicou o manifesto MÁIS ALÁ xunto ó pintor Álvaro Cebreiro. A súa obra principal é DE CATRO A CATRO. FOLLAS SEN DATA DUN DIARIO DE BORDO (1928), 19 poemas estruturados como viaxe marítima cunha estrutura superficial (unha viaxe marítima, desde a preparación ata o final cunha parada no medio) e estrutura profunda (viaxe interior cunha visión desilusionada e negativa).
Outras Correntes Galegas
Por outro lado, dentro dos movementos de vangarda galegos destacamos:
- O Hilozoísmo onde baixo unha forma tradicional, o poema deshumanízase e a paisaxe humanízase. Destaca Luís Amado Carballo con PROEL e O GALO.
- O Neotrobadorismo, que non é propiamente unha vangarda senón unha reformulación de estilos e temas medievais. O seu impulsor foi Bouza Brey, con obras como NAO SENLLEIRA, e Álvaro Cunqueiro con DONA DO CORPO DELGADO.
Outras Voces Poéticas
Outras voces poéticas importantes son Luís Pimentel con TRISCOS, Luís Acuña e Roberto Blanco Torres.