A literatura e o teatro galego (1936–1976): exilio e recuperación

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,54 KB

A literatura do exilio

A literatura do exilio. Por mor da represión iniciada en 1936, o centro da actividade literaria galega trasladouse a México e Bos Aires. Coas súas publicacións, os intelectuais galegos buscaban a continuidade dunha cultura ameazada, co apoio dos emigrantes galegos e a prol da República. Cultivaron os máis diversos xéneros e moitas obras importantes foron realizadas no exilio ou grazas ao seu mecenado. Destacan:

  • Os vellos non deben namorarse
  • Sempre en Galiza (Castelao)
  • A esmorga (Blanco Amor)
  • Memorias dun neno labrego (Neira Vilas)

A poesía trata temas de denuncia social, situación dos emigrantes e dos exiliados galegos e reivindicación da dignidade e do pasado histórico de Galicia.

Poesía e voces do exilio

Emilio Pita. Publicou no exilio Jacobusland, testemuña da guerra civil en Galicia e cunha nostálxica visión da natureza galega.

Luis Seoane. Fundou o Laboratorio de Formas de Galicia. Publicou Fardel de exiliado, unha visión moi persoal da emigración galega. Tamén publicou Na brétema Sant-Iago e As cicatrices. Na súa poesía mostra preocupación social e política, coñecemento histórico e cultural e o reflexo do mundo artístico.

Lorenzo Varela. Publicou Catro poemas para catro gravados, que conteñen gravados de Luis Seoane e a exaltación de María Pita e da súa fazaña no cerco inglés á Coruña. Lonxe, a súa obra máis importante, está marcada pola anguria do desterro e por unha visión idealizada da lonxanía de Galicia.

A prosa no exilio

A prosa trata temas da guerra civil dende un punto de vista memorialista e cun ton de denuncia testemuñal dos feitos vividos polos propios escritores.

Ramón Valenzuela Otero. Publicou O naranxo. A novela Non adardei por ninguén, narrada por un fidalgo galeguista republicano nos anos da guerra civil, xunto con Era tempo de apandar, constitúen un documento narrativo desta época e teñen moito de autobiográfico.

Silvio Santiago. Escribiu no exilio Vilardevós, na que exalta o popular a través das súas lembranzas de mozo nun medio rural. En O silencio redimido relata a época da súa condena, fuxida e desterro.

O teatro galego entre 1936 e 1976

Entre 1936 e 1950 o teatro galego desenvólvese no exilio. Será en 1950 cando en Galicia se cultive un teatro que busca trascender a realidade propia para presentar conflitos universais, ofrecendo unha visión escura e conflitos do mundo e da existencia. É, nalgúns casos, un teatro escrito para ser lido.

Autores e acción dramatúrxica

Algúns dos autores máis importantes da Xeración dos 50:

  • Álvaro Cunqueiro. Escribe un teatro caracterizado polo clasicismo. O incerto señor don Hamlet, príncipe da Dinamarca é unha versión da historia de Hamlet.
  • Carballo Calero. Realizou un importante labor a prol da nosa lingua e literatura. Da súa autoría son das primeiras historias da literatura galega. A súa obra dramática é experimental, próxima ao teatro do absurdo. Destaca A sombra de Orfeu.
  • Xenaro Mariñas. Precursor do teatro social con obras como A chave na porta ou A revolta, unha obra de carácter simbólico cunha visión tráxica da existencia.
  • Manuel María e Xohana Torres. Neste período, Manuel María escribe Auto de taberneiro e Xohana Torres Á outra banda do Iber.

Teatro popular e grupos

No teatro conviven dúas tendencias: unha culta, con técnicas e temas innovadores, e outra popular, enxebrista e costumista. Luis Seoane presenta en A soldadeira unha temática histórica (revolta irmandiña) e, de forma contemporánea, en Esquema de farsa denuncia a falsa visión dada polas autoridades franquistas da vida dos emigrados.

Varela Buxán fundou a compañía «Aires da Terra», que estreou a súa primeira obra Se o sei non volvo a casa. Dende 1950 publicáronse varios tomos do seu teatro, caracterizado por ser un teatro directo, popular, de liña cómica e sentimental e encadrado nun ambiente rural.

A partir de mediados dos anos 60 iníciase a recuperación das actividades teatrais como O Facho. O Teatro Circo é o primeiro grupo teatral independente galego. Na década seguinte aparecen novos grupos e en 1973 celébrase a I Mostra de Teatro de Ribadavia, punto de encontro para autores e compañías.

Algúns autores deste período

  • Euloxio Rodríguez Ruibal. Autor de obras que constitúen unha manifestación contra a violencia e a opresión.
  • Manuel Lourenzo. Só o primeiro ciclo, o místico, pertence a este período. Está formado por obras que recrean personaxes míticos do teatro galego, como Romaría ás covas do demo.
  • Roberto Vidal Bolaño. O seu teatro divídese en dúas tendencias: un teatro simbólico, como Ladaíñas pola morte do meco, na que o meco se identifica coa opresión estranxeira que explota ás clases populares; e un teatro con textos máis complexos, nos que se dá unha visión pesimista da vida, como Laudamuco, señor de ningures, onde aborda o tema do tirano no declive do seu poder.