Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, Follas novas e recursos
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 24,52 KB
Actualizado el
Resumen
Este apuntamento presenta a Rosalía de Castro e a poesía galega do seu tempo, con precursores como Pintos Villar, Francisco Añón ou Nicomedes Pastor Díaz. Explica o libro Cantares Gallegos, de 1863, e as súas catro temáticas: amorosa, costumista, intimista e social-patriótica. Tamén resume Follas novas, de 1880, e recolle recursos estilísticos como a anáfora ou o oxímoron.
Puntos clave
- Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e é a figura central da literatura galega.
- Cantares Gallegos publicouse o 17 de maio de 1863. É un conxunto de poemas que imitan as cántigas populares e reivindican Galiza e a lingua galega.
- Cantares Gallegos ten 36 poemas e unha estrutura circular. As súas temáticas son amorosa, costumista, intimista e social-patriótica.
- Rosalía escolleu como lingua literaria unha lingua considerada vulgar e foi unha defensora da muller nunha sociedade machista.
- Follas novas, de 1880, trata sobre todo a emigración, a denuncia social e a temática intimista.
- Follas novas divídese en cinco apartados: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos.
- Entre os recursos estilísticos están a anáfora, a epífora, o paralelismo, o oxímoron e o encabalgamento.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
María Rosalía Rita de Castro: naceu o 24-2-1837 en Santiago de Compostela. A súa infancia estivo marcada por ter sido filla de María Teresa de Castro e José Martínez Viojo.
Viviu os seus primeiros anos na aldea de Ortoño cunha irmá do seu pai, estando en contacto constante coa lingua do país, coas cántigas, coas tradicións, coas crenzas... Que máis tarde callarían en Cantares Gallegos. Máis tarde a súa nai decidiría facerse cargo dela, marchando as dúas novamente a Compostela, onde estudaría música e mais debuxo.
Xoán Manuel Pintos Villar: Naceu en Pontevedra no ano 1811, estudou Dereito en Compostela e exerceu a profesión na súa cidade de nacemento.
No ano 1853 escribiu unha das obras cume da literatura galega do momento: A gaita gallega tocada polo gaiteiro. Como se deduce do título, a súa pretensión era didáctica. Argumentalmente trata dun gaiteiro que toma como tamborileiro a Pedro Luces, un mozo castelán, ao que lle vai ensinando pouco a pouco o idioma galego e o vai introducindo nas ‘cousas’ de GalizaFrancisco Añón: naceu en Outes (A Coruña), un ano despois de Pintos. Despois do acontecido no ano 1846 (a execución dos revolucionarios que acabaron sendo coñecidos como os Mártires de Carral) exilouse a Portugal, de onde sería expulsado polo ‘Hymno dos povos’, unha composición súa en portugués. Conseguiu traballo como secretario dun lord inglés, circunstancia que aproveitou para viaxar por Europa até que volveu a España (viviu en Andalucía e e Madrid), onde ensinou xornalismo e idiomas, aínda que mantendo sempre contacto coa súa patria.
Vicente Turnes: é o compostelán máis vello dos chamados precursores. A pesar de quedar cego aos vinte e sete anos, desenvolveu unha intensa actividade literaria. Foi autor de vilancicos de Nadal, de poemas nos que celebraba os acontecementos domésticos dos Borbóns, diálogos satíricos con temática política... Algunhas composicións deste escritor aparecen no Álbum de la Caridad.
Alberto Camino: (Ferrol, séc. XIX). Compuxo vilancicos de Nadal e poemas de carácter ROMántico. Foi tamén autor de composicións folclóricas moi semellantes ás dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Recursos estilísticos:
Interrogación retórica: Entre signos de interrogación. Consiste na formulación dunha pregunta que non precisa ningunha resposta.
Onomatopea: é a imitación de sons ou ruídos.
Anadiplose: Recurso literario que consiste na repetición da mesma palabra ou grupo de palabras ao final dun verso e ao comezo do seguinte. O uso continuado de anadiplose coñécese como “concatenación”.
Anáfora: Consistente en repetir unha ou varias palabras ó inicio de varios versos.
Epanadiplose: Un verso ou frase empezan e rematan do mesmo xeito.
Paralelismo: En poesía, cando en dous ou máis versos sucesivos se repite o mesmo esquema.
Polisíndeto: Repetición de conxuncións.
Encabalgamento: O sentido completo do verso remátase no seguinte.
Epífora: Repetición dunha palabra ou grupo de palabras ó final dun verso, dunha estrofa ou dun período.
Hipérbato: Desorde ou alteración da orde normal das palabras dentro da frase.
Hipérbole: Ponderación esaxerada.
Oxímoron: Unión de conceptos incompatibles: "Silencio enxordecedor".
Prólogo de cantares gallegos: Fálanos da intención do seu libro: a
reivindicación da Galiza e de todo o galego (a lingua, as paisaxes, as
xentes, as crenzas, as tradicións...),Probabelmente foi escrito nos anos 60, mais non se editou en vida de Rosalía, senón postumamente.
Rosalía foi unha adiantada para a súa época por varios motivos:
-Escolle como lingua literaria unha lingua denostada por vulgar e inculta,
-Foi muller e nai escritora
-É unha acérrima defensora da muller: nos seus poemas queda en evidencia a vulnerabilidade dos dereitos da muller nunha sociedade machista
- O uso do heptasílabo combinado co verso de once sílabas.
- O uso das formas romanceadas de arte menor.
Rosalía de Castro convértese na figura central da nosa literatura, mitificada polo pobo galego e obxecto dunha abundante bibliografía no estranxeiro.
CANTARES GALLEGOS:
O 17 de maio do ano 1863 é a data na que se publica o libro Cantares gallegos esta data figura debaixo da adicatoria do libro ao escritor Fernán Caballero.
Cantares Gallegos son un conxunto de poemas nos que a autora pretende reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo, dándolles aparencia de cántigas populares e una ideoloxía de reivindicación e defensa de Galicia e da lingua galega. Todo o libro é unha constante reivindicación, unha denuncia, tanto nos cantares de poesía social coma nos amorosos.
En contra da visión ‘tradicional’ española nesta obra móstrase a fortaleza desta muller. Destaca a súa identificación de Galiza como elemento en oposición a España.
O libro está composto por 36 poemas, cunha estrutura circular.
No primeiro poema a voz lírica é dunha moza invitada a cantar na lingua galega, e acepta insegura e gustosa.
O segundo poema é unha resposta ao primeiro, onde a moza se desculpa pola súa incapacidade á hora de cantar.
catro temáticas principais: ·
Temática amorosa: Nestes poemas os amantes falarán do seu amor, das súas coitas... Das súas vivencias amorosas.
Os homes e mulleres expresan o seu amor de forma cariñosa.
Temática costumista: Nestas composicións se narran as romarías, crenzas, tradicións, etc., do rural galego. Son unha defensa da nosa cultura
Temática intimista: É a Rosalía máis persoal, anticipando o que serían En las orillas del Sar e Follas novas. Son esencialmente os poemas ‘Campanas de Bastabales’ e ‘Como chove miudiño’.
Temática social-patriótica: Aquí aparecen as súas reivindicacións de Galiza e de todo o galego. Estes poemas están en contra da emigración, contra Castela, contra o abandono do País, contra a inxustiza...
FOLLAS NOVAS:
A meirande parte desta obra foi escrita a fins dos anos 60 en
Simancas e foi publicado no 1880.
Estrutura e temática:
Os temas fundamentais deste libro son a emigración, a denuncia social e tamén unha temática intimista. Rosalía estruturou Follas novas en cinco apartados, dos que os dous primeiros serían de poesía subxectiva , e os dous últimos de poesía obxectiva
I) Vaguedás: A autora reflexiona sobre a súa propia poesía. É a iniciación ao que será o resto do libro
II) Do íntimo: A voz lírica é a da autora que fala a través de diferentes personaxes.
III) Varia: O seu nome ven da diversidade temática. Poderiámolo considerar como a ponte entre a poesía subxectiva e a obxectiva
IV) Da terra: É coma unha prolongación dos Cantares Gallegos: reivindicación de Galiza e de todo o galego
V) As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos: É unha loita contra as desgrazas da emigración, protagonizada pola muller que sofre a ausencia do ser querido.
Preguntas frecuentes
Que temáticas ten Cantares Gallegos?
Ten catro temáticas. A amorosa fala do amor; a costumista narra romarías, crenzas e tradicións do rural galego; a intimista é a máis persoal; e a social-patriótica reivindica Galiza e denuncia a emigración e a inxustiza.
Que é a anadiplose?
É a repetición da mesma palabra ou grupo de palabras ao final dun verso e ao comezo do seguinte. O uso continuado da anadiplose coñécese como concatenación.
Por que se considera a Rosalía adiantada para a súa época?
Escolleu como lingua literaria unha lingua considerada vulgar e inculta, foi muller e nai escritora, e defendeu os dereitos da muller nunha sociedade machista.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.