Sociolingüística: Funcións sociais, conflito e diglosia

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,89 KB

As funcións sociais da lingua

Conflicto e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

Funcións sociais da lingua:

  • Función de identidade: é a lingua na que se articula o pensamento, maioritariamente a lingua galega.
  • Función familiar: ámbito privado e afectivo.
  • Función laboral: o galego aínda é minoritario.
  • Función local: entorno cotián, maioritariamente o galego.
  • Función institucional: a que se manifesta nas relacións lingüísticas entre o individuo e os estamentos administrativos, sociais e económicos do pobo ao que pertence. O galego está en fase de recuperación desta función.
  • Función internacional: a que habilita os individuos para a comunicación con outros de linguas orixinarias diferentes. O inglés é a máis internacional polo momento. No noso caso, o castelán exerce esta función.

O conflito lingüístico

O conflito lingüístico é a situación na que dúas linguas que conviven na mesma comunidade presentan desequilibrios e tensións entre elas.

O conflito lingüístico aparece cando comeza a competencia entre as dúas linguas, é dicir, cando os falantes da lingua minorizada reclaman maiores dereitos e ámbitos de uso.

A diglosia

A diglosia é a situación na que dúas linguas son usadas con valor social diferente: unha empregada nas funcións consideradas cultas ou de prestixio e outra nas informais e cotiás.

O conflito lingüístico presenta tres posibilidades de evolución:

  1. Retorno a unha situación diglósica anterior.
  2. A normalización da lingua minorizada ou dominada.
  3. Substitución lingüística, ou cambio dunha lingua por outra, que podería ser:
    • Substitución da lingua dominada pola dominante.
    • Recuperación da lingua B dos usos dominantes, substituíndo ou eliminando a lingua A.

A diglosia en Galicia

A diglosia de Galicia está caracterizada polo emprego de códigos diferentes segundo:

  • Tipo de usos e situación.
  • Localización xeográfica.
  • Os interlocutores.

Debido aos usos, situacións, localización xeográfica e interlocutores que a empregan, a lingua A estivo marcada socialmente dunha maneira positiva e a lingua B de forma negativa.

Estereotipos e prexuízos lingüísticos

Das linguas minorizadas no Estado español, o galego é a que mantén unha vixencia maioritaria no seu territorio, aínda que mostra tamén un retroceso nas xeracións máis novas e nos ámbitos urbanos.

Cando nunha mesma comunidade se produce o fenómeno de convivencia de dúas linguas, adoita gozar unha máis que outra de maior prestixio social e poder económico.