Sistema Circulatorio: Resumo e Funcionamento
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Biología
Escrito el en
gallego con un tamaño de 10,37 KB
Resumo da Unidade 4
- Sistema Circulatorio Sanguíneo
Consta dun líquido circulante (o sangue), una bomba impulsadora (corazón) e unha rede de vasos sanguíneos (arterias, veas e capilares).
As súas funcións son: transporte de substancias (nutrientes, O2, CO2, produtos de refugallo e hormonas); regulación da Tª corporal; defensa frente a patóxenos e células tumorais.
- O Sangue
Líquido vermello e espeso composto por:
- Plasma Sanguíneo (55%): líquido de cor lixeiramente amarela, composto por auga (90%), proteínas, nutrientes, ions, hormonas e produtos de refugallo do metabolismo.
- Células Sanguíneas (45%):
- Glóbulos Vermellos (99%): pequenas células, sen núcleo, conteñen hemoglobina, unha proteína con ferro que transporta o O2 ata as células.
- Glóbulos Brancos: máis grandes cos glóbulos vermellos e con núcleo. Defenden ao organismo de patóxenos e células tumorais.
- Plaquetas: son anacos de citoplasma que interveñen na coagulación sanguínea.
- Os Vasos Sanguíneos
- Arterias: Paredes grosas e elásticas. Levan o sangue do corazón ao resto do corpo. Ramifícanse en vasos máis pequenos chamados arteríolas.
- Veas: Paredes máis delgadas e menos grosas e elásticas ca as arterias. Recollen o sangue do corpo e o levan ata o corazón. As ramificacións das veas son as vénulas.
- Capilares: Vasos microscópicos que forman unha rede. Conducen o sangue a todas as células. Unen as arteríolas coas vénulas.
- O Corazón
Órgano musculoso e oco, situado na caixa torácica entre os pulmóns. É o encargado de impulsar o sangue.
Estrutura do corazón:
- Está dividido en dúas metades (dereita e esquerda) separadas polo tabique interventricular. Cada metade está dividida, á súa vez, en dúas partes (aurícula e ventrículo).
- As aurículas son as cavidades superiores. Na esquerda desembocan as veas pulmonares e, na dereita, as veas cavas superior e inferior.
- Os ventrículos (cavidades inferiores) comunícanse coas aurílaculas polas válvulas mitral (esquerda) e tricúspide (dereita), que impiden o retroceso do sangue. Do ventrículo dereito sae a arteria pulmonar (leva ao pulmóns o sangue pobre en O2), e, do esquerdo, a arteria aorta que leva o sangue rico en O2 a todo o organismo). Á saída do corazón atópanse as válvulas sigmoides ou arteriais, que impiden o retroceso de éste.
- O Ciclo Cardíaco
O tecido muscular do corazón chámase miocardio (capa intermedia).
A contracción do miocardio chámase sístole e a relaxación do miocardio denomínase diástole.
O ciclo cardíaco e a sucesión de sístoles e diástoles de forma continua. As súas etapas son as seguintes:
- Primeira etapa: O sangue entra nas aurículas, que están dilatadas, desde as veas cavas e pulmonares.
- Segunda etapa: As aurículas, cheas de sangue, contráense (sístole auricular) e o sangue pasa aos ventrículos a través das válvulas mitral e tricúspide.
- Terceira etapa: Os ventrículos cheos de sangue contráense (sístole ventricular). As válvulas mitral e tricúspide mantéñense pechadas para evitar o retroceso do sangue.
- Cuarta etapa: O sangue sae polas arterias forzando a apertura das válvulas sigmoides. Mentres, as aurículas dilátanse de novo para encherse de sangue (diástole auricular). Comeza un novo ciclo.
- A Circulación do Sangue
É o percorrido do sangue polo aparato circulatorio. Consta de dous circuitos: pulmonar e xeral.
- Circuito Pulmonar: O sangue cargado de CO2 entra ao corazón polas veas cavas á aurícula dereita, pasa ao ventrículo dereito, sae do corazón polas arterias pulmonares, chega aos pulmóns, onde solta o CO2, e cárgase de O2, sae dos pulmóns polas veas pulmonares, e chega ao corazón pola aurícula esquerda.
- Circuito Xeral: O sangue cargado de O2 pasa da aurícula esquerda ao ventrículo esquerdo, sae do corazón pola arteria aorta e ramifícase en arteriolas, e logo, en capilares, chegando a todos os órganos do corpo, onde reparte O2 e nutrientes, recolle o CO2 e outra vez nutrientes, os capilares reúnense en vénulas, que á súa vez o fan en veas que desembocan nas veas cavas, que levan o sangue de novo ao corazón pola aurícula dereita.
- O Sistema Linfático
O plasma intersticial é un líquido que rodea ás células. Os capilares verten neste líquido os nutrientes e o O2, e, despois, pasan ás células. As células verten nel produtos de refugallo e o CO2, e de aquí pasan aos capilares.
O sistema linfático está constituído pola linfa, os ganglios linfáticos e os vasos linfáticos.
- Linfa
A linfa é un líquido incoloro que circula polos vasos linfáticos. Fórmase a partir do líquido intersticial e do plasma sanguíneo.
- Ganglios Linfáticos
Son engrosamentos ao longo dos vasos linfáticos. Neles fabrícanse glóbulos brancos. Abundan nas inguas, nas axilas e no pescozo.
- Vasos Linfáticos
Son tubos de pequeno diámetro e os seus extremos teñen forma de saco. Distribúense por todo o corpo.
No seu interior presentan válvulas que garanten o fluxo da linfa nun só sentido, cara ao corazón, impedindo o seu retroceso.
Os vasos linfáticos únense formando condutos de maior tamaño. Existen vasos de gran tamaño, desde eles, a linfa termina nas veas subclavias.
- Funcións do Sistema Linfático
- Absorción das graxas dos alimentos dixeridos.
- Drenaxe do plasma intersticial.
- Formación de células do sistema inmunitario (glóbulos brancos).