A Biodiversidade e os Seres Vivos: Unha Exploración Completa
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Biología
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,43 KB
Tema 9: A Evolución Biolóxica e a Biodiversidade
Para adaptarse a vivir en ambientes moi distintos, os seres vivos sofren unha transformación gradual que se coñece como evolución biolóxica. Na actualidade, existen especies máis complexas que non viviron noutras épocas.
A Biodiversidade Ameazada
O termo biodiversidade inclúe todas as especies, así como as diferentes variedades destas, que habitan o conxunto dos distintos ecosistemas, ou biosfera. Calcúlase que cada ano se destrúen unhas 150.000 especies.
A destrución da diversidade biolóxica supón o maior perigo ambiental para a nosa civilización. A perda de especies non só é un valor ético, estético e sentimental, senón que tamén económico. Moitas especies vexetais e animais son fonte de alimentos e outros moitos produtos.
Que é unha especie?
Unha especie é un conxunto de individuos con características semellantes, capaces de cruzarse e producir descendentes fértiles. Distintas especies agrúpanse nunha categoría superior que é o xénero. As categorías superiores son: familia, orde, clase, phylum (tronco ou tipo) e reino.
O nome científico que reciben todos os organismos está formado por dúas palabras en latín: unha corresponde ao xénero, que se escribe en maiúscula, e outra á especie, en minúscula. Deste xeito, o can denomínase Canis familiaris e o lobo Canis lupus.
Os Grupos de Seres Vivos
Agrúpanse en cinco reinos:
- Moneras: Está formado polas bacterias e as algas cianofíceas.
- Protoctistas: Abarca os protozoos, que son unicelulares, e as algas.
- Fungos: Abarca os mofos, os fermentos, os cogomelos e os liques.
- Vexetais: Abarca as carrizas, os fieitos e as plantas con sementes.
- Animais: Os máis coñecidos son os moluscos, os artrópodos e os vertebrados.
As Moneras
As moneras están formadas polas algas cianofíceas e as bacterias. Unha bacteria é un organismo unicelular que na parte exterior posúe unha capa chamada parede celular que a rodea e esa parede está pegada a unha membrana celular. O citoplasma é un material xelatinoso que está rodeado por unha membrana.
A nutrición das bacterias divídese en dous grupos: autótrofas e heterótrofas. A maioría son heterótrofas, isto é, nútrense de materia orgánica viva ou morta.
Os Protoctistas
Os protozoos son seres unicelulares que viven en medios acuáticos ou húmidos. Pola súa forma de desprazarse: por cilios (orgánulos curtos con forma de fíos), como os paramecios; por flaxelos (máis longos que os cilios), como os tripanosomas; por pseudópodos (falsos pés), como as amebas; outros, como os plasmodium, son inmóviles.
As Algas
As algas son capaces de vivir nas ribeiras, no solo, sobre as plantas ou animais, nos océanos, lagos e regatos.
Tipos de algas: Clasifícanse en unicelulares e pluricelulares. As unicelulares viven na auga dos océanos, dos ríos e dos lagos e forman parte do plancto. As algas pluricelulares están formadas por filamentos.
Distintos Tipos de Fungos
- Os cogomelos, que medran nos bosques e nos prados.
- Os mofos, que medran sobre os alimentos, sobre a pel das persoas ou en lugares húmidos.
- Os fermentos, que se usan na fabricación do pan e dos doces.
A súa forma de vida: Non realizan a fotosíntese: son heterótrofos. Divídense en parasitos e saprófitos.
A súa estrutura: Teñen uns filamentos ramificados chamados hifas. Nos mofos vense a simple vista e nos cogomelos están estreitamente agrupadas. As hifas levan a cabo a función reproductora e nutritiva.
Os Liques
Viven pegados á codia das árbores ou sobre as rochas. Os liques están formados por unha asociación simbiótica dun fungo e de algas unicelulares.
Importancia dos liques: Os liques desempeñan unha grande función na formación do solo.
Os Vexetais
Os vexetais orixináronse hai aproximadamente 500 millóns de anos, a partir de algas verdes que abandonaron o mar e se adaptaron de xeito progresivo á vida terrestre.
Características:
- Son pluricelulares.
- Están fixos ao solo: a raíz sérvelles para fixarse e para tomar a auga e os sales minerais.
- Son autótrofos: son capaces de fabricar o seu propio alimento grazas á fotosíntese.
Os vasos condutores: Por eles circula o zume. Existen dous tipos de zume: zume bruto (unha mestura de auga e sales minerais) e o zume elaborado (que contén os glícidos elaborados pola planta mediante a fotosíntese). O conxunto de vasos condutores forman os tecidos vasculares: o xilema e o floema.
Grupos de Vexetais
Divídense en dous grupos: plantas con vasos condutores e plantas sen vasos condutores.
Plantas sen vasos condutores: Os mofos. Os rizoides (unha especie de raíces) sérvenlles para fixarse ao solo e absorber auga e sales minerais. Os filoides (unhas pequenas escamas semellantes ás follas) absorben a auga e dióxido de carbono e realizan a fotosíntese.
O grupo de plantas que posúen vasos condutores está formado polos fieitos e as plantas con sementes.
Os Fieitos
Viven en zonas cálidas e húmidas. As raíces desenvólvense ao redor do talo. Os talos poden ser aéreos ou subterráneos. As follas dos fieitos denomínanse frondes por ter algunhas formas moi variadas.
As Plantas con Sementes
Posúen vasos condutores, reprodúcense por sementes e posúen talo, raíces e follas.
A semente: Está constituída polo embrión, os cotiledóns e as cubertas protectoras que o rodean.
As ximnospermas: Son o grupo de plantas con semente máis antigo que existe. As coníferas son o grupo máis abundante e coñecido de ximnospermas.
As anxiospermas: Son plantas con sementes protexidas que forman froitos.
Como son as anxiospermas? Posúen raíz e tronco. A raíz é a zona da planta que medra cara o interior da terra e o tronco é a zona exterior da planta. Nel distínguense: talo (cilíndrico e algodonoso), follas (de forma variada), flores (que conteñen órganos reprodutores), froitos (onde se atopan as sementes).