Nutrición Heterótrofa: Procesos e Aparello Dixestivo en Animais
Nutrición Heterótrofa
Todos os seres vivos manteñen co medio un intercambio de enerxía necesario para realizar as súas funcións vitais. O conxunto de procesos relacionados coa toma de substancias do exterior denomínase nutrición. A alimentación é un dos procesos da nutrición mediante o que se obteñen os nutrientes, que poden ser orgánicos ou inorgánicos. Estas substancias son incorporadas ao interior das células, onde se obtén enerxía (necesaria para o mantemento das funcións vitais) e materia (empregada para crecer). A nutrición dos animais é de tipo heterótrofa e caracterízase pola necesidade de tomar materia orgánica elaborada en forma de alimentos.
Procesos da Nutrición
Nos organismos unicelulares, o intercambio de materia e enerxía é directo co medio. En animais sinxelos, a nutrición non require de estruturas moi especializadas, pois practicamente todas as células que constitúen o animal teñen contacto co medio. Nos animais pluricelulares máis complexos existen sistemas de incorporación e transporte, grazas aos cales todas as células reciben os nutrientes. Nestes animais realízanse varios procesos:
- Dixestión: É o proceso polo cal os alimentos se transforman en substancias sinxelas aptas para poder entrar nas células (realízase no aparello dixestivo).
- Respiración: Inclúe o intercambio de gases co medio, tomando osíxeno e cedendo dióxido de carbono (realízase mediante o aparello respiratorio).
- Transporte: É necesario para levar o osíxeno e mais os nutrientes a todas as células. Tamén se transportan os produtos de refugallo (aparello circulatorio).
- Metabolismo: É o conxunto de transformacións químicas que se producen no interior celular para obter enerxía e elaborar compoñentes propios.
- Excreción: É o proceso polo cal se eliminan substancias de refugallo (aparello excretor).
Procesos no Aparello Dixestivo
No aparello dixestivo realízanse os procesos que preparan os nutrientes para a súa incorporación ao sistema circulatorio.
- Inxestión: É o proceso de incorporación do alimento ao organismo. Os mecanismos de captura do alimento son moi diversos e dependen do tipo de alimentación. Algúns animais non teñen órganos de captación e o alimento incorpórase de forma pasiva ou por difusión. Outros animais inmóbiles ou que se moven moi lentamente dispoñen de cilios ou dunha rede de filtración de auga onde queda atrapado o alimento. As esponxas presentan unhas células chamadas coanocitos mediante as cales captan as partículas. Os mexillóns, por exemplo, utilizan uns cilios para conseguir a comida, e no caso dos carnívoros poden ser as garras e os dentes; nos moluscos cefalópodos son tentáculos.
- Dixestión: É a degradación dos alimentos en moléculas sinxelas que poidan ser absorbidas e pasar ao aparello circulatorio. Hai dous tipos:
- Mecánica: É unha degradación física e consiste na mastigación, trituración e fragmentación do alimento, o que facilita a súa dixestión química.
- Química: Prodúcese mediante encimas dixestivos que transforman as grandes moléculas orgánicas noutras máis sinxelas que poden ser absorbidas. Hai tres tipos:
- Intracelular (realízase no interior das células e é propia de organismos unicelulares e animais sinxelos).
- Extracelular (realízase fóra das células. É propia de animais con tubo dixestivo. Ás veces é necesaria unha trituración previa).
- Mixta (realízase en dúas etapas: primeiro unha inxestión extracelular e posteriormente complétase no interior das células. É típica de animais simples como os cnidarios).
- Absorción: É o paso dos produtos da dixestión cara ao medio interno.
- Exestión: É a eliminación dos produtos non asimilados tras a dixestión. Tamén se chama defecación.
Aparello Dixestivo en Invertebrados
Conforme os invertebrados evolucionaron a formas estruturais máis complexas, produciuse un aumento da complexidade caracterizada por:
- O paso dunha dixestión intracelular a unha extracelular.
- A aparición de estruturas con función trituradora.
- A formación de dúas aberturas no tubo dixestivo: a boca e o ano.
- A rexionalización do tubo dixestivo en órganos especializados en funcións concretas.
- A formación de glándulas dixestivas que elaboran zumes con encimas hidrolíticos para a dixestión química.
Diferentes Aparellos Dixestivos en Invertebrados
: •Poríferos.-esponxa(Estan provistos dunha epiderme con orificios ou poros inhalantes polos que entra a auga con partículas de alimento a unha cavidade xeral ou atrio, onde as partículas son captadas polas células mediante fagoocitose.A auga sae por unha cavidade maior, o osculo.A dixestion e intracelular) •Cnidarios.-medusa(hai unha cavidade gastrovascular cunha única abertura que fai de boca e de ano.Arredor da abertura hai tentáculos con células urticantes que axudan á captura de presas) •Platielmintos(teñen so unha boca ventral e central , farinxe musculosa e un tubo dixestivo cego moi ramificado.Posuen unha dixestion mixta e os refugallos non dixeridos expulsanse pola boca) •Anelidos.-gusano(Posuen un tubo dixestivo rexionalizado que na miñoca presenta as seguintes partes:boca, farinxe musculosa, esófago, boche, moega, intestino e ano) •Moluscos.-caracol(Teñen un tubo dixestivo con glándulas anexas.Alguns grupos posuen rádula como órgano raspador.Na farinxe desembocan as glándulas salivares, o esófago ten cilios, o estomago é voluminoso e esta conectado co hepatopáncreas que verte encimas dixestivos e termina no intestino que desenvoca no ano) •Artrópodos crustáceos.-langostino(teñen boca, un esófago curto e un estómago con duas partes, unha mastigadora, o saco cardíaco, e outra con funcions dixestivas, o saco pilórico, o intestino e longo e termina no ano.) •Artrópodos insectos.-saltamontes(Teñen boca farinxe boche moea estomago intestino e ano.A maior parte de insectos posue glándulas salivares.Presentan adaptacions ao tipo de alimentación que teñen, polo que os seus apéndices bucais están sumamente modificados para obter o alimento, e asi poden mastigar,chuchar….) •Equinodermos.-ourizo(a boca encontrase en posición ventral, cun curto esófago e un estomago que nas estrelas de mar penetra nos brazos formando os cegos pilóricos.o intestino termina no ano en posición dorsal.Os ourizos posuen un complexo aparello mastigador chamado lanterna de aristoteles)APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS.O TUBO DIXESTIVO.: Nos vertebrados o aparello dixestivo é moito mais complexo ca nos invertebrados e os seus órganos están mais especializados.Está constituido por un tubo dixestivo que se extende dende a boca ata o ano e as glándulas dixestivas(como as salivares) que facilitan a dixestion de tipo químico.En determinadas zonas do tubo dixestivo existen uns aneis musculares chamados esfínteres que controlan o paso de substancias dunha rexión a outra.Organos do tubo dixestivo:O tubo dixestivo esta constituido por varios órganos que son:- •Boca: Nela podemos encontrar diferentes elementos segundo o grupo. ~Peleteiro/pico(E caracteristicos das aves e dos quelonios-tortugas) ten 1 forma ou outra segundo o que coman ~Dentadura (Esta formada por varias pezas dentais que son distintas en cada grupo de vertebrados.En mamíferos a sua función e a mastigacion.En peixes anfibios e reptiles, os dentes carecen de función mastigadora e serven para impedir que as presas capturadas saian da boca.Nos mamíferos os dentes están adaptados á funcion que realizan segundo o tipo de alimentación que posuan.Na especie humana son os seguintes:incisivos premolares,caninos e molares) ~Glandulas salivares(Existen en todos os vertebrados menos nos peixes) ~Lingua(En mamíferos e un órgano musculoso, en peixes e inmóvil e en aves e de natureza cornea) •Farinxe: Encóntrase na parte posterior da boca e está rodeada de musculos para empurrar a comida.A farinxe é un órgano común ao aparello dixestivo e mais ao respiratorio.Comunica co esófago e coa larinxe e, na sua parte superior, coas fosas nasais.Posue un repregamentro chamado epiglote que pecha a larinxe para evitar que ao tragar o bolo alimenticio penetre nas vías respiratorias•Esófago: É un tubo musculoso que se encarga de conducir o alimento desde a farinxe ata o estómago facilitando o transito con movementos peristálticos das suas paredes.Comunica co estomago a través dun esfínter chamado cardia.Nas aves posue unha dilatación lateral chamada buche.- •Estómago: É unha dilatación do tubo dixestivo en que o alimento se almacena un certo tempo.Nas súas paredes encontranse as glándulas gástricas encargadas de segregar zumes gástricos responsables da dixestion química no estomago.Tamen posuen potentes músculos que mesturan o alimento inxerido cos zumes gástricos formando unha mezcla acuosa chamada quimo.Segundo o numero de cavidades que teña o estomago pode ser monogastrico(unha cavidade) ou digastrico(mais de unha cavidade). Na especie humana o estómago ten unha soa cavidade en forma de saco, cunha capacidade de 1,3 litros.Posúe unha primeira porción próxima ao cardia,chamada fundus; unha zona central(corpo) e unha rexion pilórica anterior ao intestino delgado.- •Intestino delgado:É un tubo dobrado duns dous centímetros de anchura e sete metros de lonxitude.En mamíferos hai tres rexións:duodeno, xexuno e íleo. Na primeira porción realizase unha dixestion química dos alimentos gracias a bile e ao zume pancreático. A mucosa interna ten vilosidades intestinais, para aumentar a superficie de absorción .•Intestino groso:E un tubo cun diámetro maior ca o intestino delgado.Nas persoas comeza coa valvula ileocecal.O primeiro tramo e un cego que comunica co apéndice vermiforme.Ségueo o tramo mais longo chamado colon(dividido en colon ascendente,transverso,descendente e sigmoide).Igual que no intestino delgado as suas paredes presentan pregamentos para aumentar a superficie de absorción.O tramo final é o recto que desemboca no ano. •Ano:É o orificio final por onde se produce a eliminación dos productos non asimilados.Ten uns esfínteres que regunlan a saida das feces fecais.En anfibios reptiles e aves existe unha cloaca(órgano formado polo ensanchamento do recto na que terminan os conductos do aparello excretor e reproductor.
O APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS.AS GLANDAULAS DIXESTIVAS:Nos vertebrados ao longo do tubo dixestivo desenvolveronse unha serie de glándulas especializadas na secreción de enzimas dixestivos que favorecen o proceso de dixestion:- •Glandulas salivares:Están situadas arredor da boca e na especie humana hay tres pares:duas parótides, duas submaxilares e duas sublinguais.Todas fabrican saliva que segregan a boca.A salive esta formada principalmente por auga,mucina e amilase(hidratan,lubrican, e dixeren o almidón, e tamén hai lisozima para matará as bacterias).- •Glándulas gástricas:Encontranse dispersas na mucosa das paredes do estomago.Son glándulas de forma tubular que teñen dous tipos de células secretoras:as células parietais que producen acido clorhídrico e as células principais que sintetizan o encima pepsina.Ademais en toda a superficie da mucosa existen células calciformes que secregan mucina, que lubrica e potexe as paredes do acido que hai. •Glándulas intestinais:Localízanse na capa mucosa das paredes do intestino.Dous tipos:-DE BRÜNNER(con células que producen mucina)-DE LIEBERKÜHN(que se encontran no fondo das vilosidades intestinais e producen o zume intestinal formando por encimas dixestivos:disacaridasas,peptidasas e nucleasas intestinais.- •Figado: situado baixo o diagragma.Esta formado por células chamadas hepatocios, que posuen unha grande actividade metabólica;as suas funcions son:-Producir e segregar bile.-Converter glicosa en glicóxeno e almacénalo.-Transformar os aminoácidos excedentes en acidos graxos e urea.-Almacenar ferro e vitaminas.-Destoxificar substancias que entran nos alimentos.- •Pancreas:Encontranse situado detrás do estómago.Está percorrido en toda a sua lonxitude polo conduto pancreático.é unha glandula mixta con función exocrina e endocrina.Como órgano exocrino, as suas glándulas fabrican o zume pancreático que se verte ao dudodeno.Como órgano endocrino fabrica as hormonas insulina e glicagón que segrega ao sangue,que regulan o azucar.
A ABSORCION E A EXESTION EN VERTEBRADOS:Á vez que se produce a dixestion no intestino vanse absorbendo as moléculas sinxelas que se producen.Os nutrientes teñen diferentes mecanismos de absorción:-Difusion simple(Paso de substancias a favor de gradiente de concentración.É transporte pasivo(non supon gasto de enerxía))-Difusion facilitada(Paso a través da membrana con axuda de proteínas transportadoras.Transporte pasivo)-Transporte activo(Paso en que ademais de proteínas de transporte se produce un alto gasto enerxético)). A absorción de moléculas é un proceso que se realiza ao longo de todo o tubo dixestivo .Absocion no intestino delgado.:Neste tramo do tubo dixestivo levase a cabo a absorción da maioria dos nutrientes.Dependendo da natureza de cada tipo de molécula, esta realizase de diferentes maneiras:- •Glicidos sinxelos(liberados da dixestion de moléculas son absorbidos rápidamente por transporte activo e difusión facilitada) •-Os aminoácidos e os dipeptidos(son absorbidos por mecanismos de transporte activo)- •Os acidos graxos, a glicerina, o colesteros e as vitaminas liposolubles(A,D,E e K) ((viaxan por unha ruta indirecta a través do sistema linfático.Estas moléculas entran nas células da mucosa por difusión pasiva.Forman complexos de lipoproteínas, chamados quilomicrons ao unirse a proteinas.Tamen o colesterol e o resto de lípidos son empaquetados neste tipo de complexos.))- •As vitaminas hidrosolubles(B e C) Absorvense ao longo do intestino delgado excepto a vitamina B12 que ten sistemas específicos de absorción na parte final do ileo) Absorción no intestino groso: A absorción de auga,sodio e sales minerais e un proceso que comenza no intestino delgado e segue no colon do intestino groso.Pouco a pouco, ao longo do intestino groso os residuos da dixestion fanse mais consistentes xa que chegan a perder un 70% de auga por absorción.O intestino groso aloxa un gran numero de bacterias simbióticas que producen aminoácidos e vitaminas.Estas moléculas pasan por absorción ao torrente sanquineo desde o intestino.No traxecto final do intestino groso as bacterias simbiontes tamen degradan as substancias alimenticias que non foran dixeridas antes e levan a cabo procesos de putrefacción. Exestion Tras a dixestion e absorción os restos non dixeridos transformados xa en feces fecais son expulsados mediante a exestion.E un proceso involuntario que comeza cando se relaxa o esfínter anal interno ao chegar as fecer e o estinter externo ppode de maneira voluntaria reter as feces de forma temporal