Rosalía de Castro: Cantares Gallegos e Follas Novas, Análise Literaria
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,48 KB
Rosalía de Castro: Cantares Gallegos
Publicada o 17 de maio de 1863, Cantares Gallegos consta de 32 cantares na procura de reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo. Rosalía viviu na marxinación pola súa tripla condición de muller, galega e escritora, e revela nesta obra un compromiso con Galicia e coa nosa lingua. Estamos ante un libro político.
1. Estrutura
A estrutura é circular: entre o primeiro e o último poema, ambos postos en boca dunha moza aldeá (a meniña gaiteira), defende o idioma galego cun carácter intimista e popular.
2. Temática
- Costumismo: a través das vivencias de personaxes populares. Estes cadros costumistas están ensombrecidos por penurias e deshonras, e é máis habitual que Rosalía empregue un ton desenfadado.
- Amor: expóñense as queixas dos namorados, dunha maneira non sempre desenfadada.
- Carga social e patriótica: con temas como a emigración, a miseria...
- Intimismo: a visión pesimista do amor, da saúde e da dor que podemos ver en Adiós ríos e Adiós fontes.
3. Recursos estilísticos e métricos
Emprega unha lingua popular e os seus recursos tamén son populares: abundan os paralelismos, as anáforas, as repeticións e as antítesis. Utiliza a arte menor, pero aparecen as formas populares: décimas, cuartetas, redondillas e oitavas reais.
Follas Novas
O libro estaba listo para ser publicado en 1872 coa 2.ª edición de Cantares Gallegos, pero finalmente publicouse en 1880. Leva unha dedicatoria agradecendo axudas económicas a unha sociedade de galegos na Habana.
Este prólogo da autora aclara a intención do libro: ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos, para introducirse nun romanticismo filosófico intimista. Rosalía interioriza as penas e sufrimentos galegos. O poemario inclúe 5 libros e 136 poemas.
Estrutura da obra
- Subxectividade: en "Vaguedás" e "Do íntimo", nos que predominan o desconsolo e a soidade humana.
- Obxectividade: en "Da terra" e "As viudas dos vivos e dos mortos".
- "Varia": combinación dos dous anteriores.
Temática
Visión intimista
- O sentimento de soidade e desamparo son constantes; Rosalía vai gañando conciencia de que a existencia é fonte de dor.
- O amor está condenado ao fracaso: é unha ilusión que se destrúe co tempo.
- Adquiren tamén protagonismo o odio, o resentimento e a vergoña.
- O repouso identifícase coa morte, e mesmo chégase a contemplar o suicidio como fuga do sufrimento.
- As constantes oscilacións entre dúbidas e crenzas revelan un sentimento de saudade.
Visión social
- A situación da muller escritora está limitada polo sentimentalismo que lle impón a sociedade. Isto explica a resistencia que tivo sempre a publicar e que, antes de morrer, mandase queimar os libros.
- Tamén soubo ocuparse das penas alleas.
- Desenvolve tamén o tema da emigración.