Cantigas de amigo, amor e escarnio: Análise e características
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,78 KB
Cantigas de amigo: Características principais
A cantiga de amigo é un xénero poético de orixe autóctona. A protagonista é unha muller que fala do seu amado (o amigo). A natureza ten unha grande importancia. As estrofas son, xeralmente, de dous versos con refrán e paralelismo.
Características formais e temáticas
- Voz poética: Expresa as alegrías ou tormentos do amor.
- Uso da palabra "amigo".
- Localización topográfica: Referencias a lugares concretos.
- Símbolos naturais: Auga, árbores, cervos, etc.
- Pequenas escenas da vida cotiá.
- Elementos repetitivos: Paralelismo, leixaprén e refrán.
Tipos de paralelismo e estrutura
- Paralelismo perfecto: AB / A'B' / BC / CD.
- Paralelismo imperfecto: AB / A'B' / CD.
- Leixaprén: O segundo verso dunha estrofa convértese no primeiro da seguinte.
- Refrán: Verso ou versos que se repiten ao final das estrofas.
Subxéneros das cantigas de amigo
- Mariñas: Ambientadas no mar.
- Bailadas: Relacionadas coa danza.
- Romaría: Fan referencia a unha ermida ou romaría.
- Pastorela: Unha pastora dialoga cun cabaleiro (só en Pero Meogo).
- Alba: Tratan do amencer e a separación dos amantes (só "Levad', amigo").
- Monologadas: Unha soa voz.
- Dialogadas: Dúas ou máis voces.
- Narrativas: Narran feitos sen dirixirse a un destinatario explícito.
Personaxes e recursos retóricos
Personaxes:
- Muller namorada.
- Amigo (en segundo plano).
Recursos retóricos:
- Vocabulario repetitivo.
- Frases curtas.
- Abundancia de figuras repetitivas (anáfora, refrán).
- Escasa presenza de metáforas.
Símbolos: árbores, auga, baños de amor, cabelo, cervo, doas (intercambio de aneis), fonte.
Cantigas de amor e a súa relación coa "cançó" provenzal
Nas cantigas de amor, o home diríxese á súa amada. Existe unha clara influencia da cançó provenzal e do amor cortés, pero con diferenzas significativas:
- Na cantiga de amor apenas hai referencias á natureza.
- Na cantiga de amor, o amante raramente é correspondido.
- Ridiculízanse tópicos como "morrer de amor".
- A "señor" carece de aparencia física na cantiga de amor.
- A cantiga de amor é menos artificiosa ca a "cançó".
- Nalgunhas cantigas de amor subvértense ironicamente tópicos provenzais.
- Hai contaminación co xénero de amigo (paralelismo, refrán).
O amor cortés
Filosofía amorosa que naceu a finais do século XI:
- A muller encarna o papel de señor.
- O trobador asume o papel de vasalo.
- A muller tiña que ser casada.
- Os trobadores provenzais empregan un "senhal" (pseudónimo) para ocultar o nome da dama.
Personaxes:
- Muller (inalcanzable).
- Namorado (vive con angustia).
Características:
- Eloxio da dama.
- Declaración de amor do poeta.
- Reserva da dama.
- Sufrimento do poeta.
Características formais das cantigas de amor
- Rima:
- Femia: Cando o verso remata en sílaba átona.
- Macho: Cando o verso remata en sílaba tónica.
- Tipos de estrofas:
- Unisonantes: Todas as estrofas riman igual.
- Singulares: Rima diferente en cada estrofa.
- Dobras: Riman de dúas en dúas (abba, abba, cddc, cddc).
- Alternas: As pares teñen unha rima e as impares outra.
Estética, linguaxe e procedementos formais
- Emprego de distintos recursos estilísticos.
- Xogo de palabras.
- Lóxica discursiva.
- Dobre: Repetición simétrica de palabras.
- Mordobre: Repetición da última palabra do verso en distintas formas.
- Finda: Grupo de versos ao final da cantiga.
- Atafinda: O significado dun verso complétase no seguinte.
Cantigas de escarnio e maldicir
As cantigas satíricas usan a ironía e retratan de xeito realista as distintas clases sociais da época.
- Escarnio: Critican de xeito encuberto.
- Maldicir: Critican directamente.
Tipos de sátira
- Sátira política: Censura o comportamento de nobres e da Igrexa.
- Sátira literaria: Parodia do amor cortés e enfrontamentos entre trobadores e xograres.
- Sátira persoal e de costumes: Crítica á nobreza, relixiosos, grupos sociais, mulleres e soldadeiras.
Estilo e recursos retóricos
- Vocabulario máis concreto, rico e variado.
- Vocabulario relativo a aspectos concretos do corpo humano.
- Xogos co sentido das palabras.
- Frecuente uso da ironía.
- Uso de metáforas.
Xéneros menores
- Tenzón: Composición dialogada.
- Cantiga de seguir: Parodia doutras cantigas.
- Pranto: Cantiga que enxalza as virtudes dun personaxe nobre falecido.