Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo: A Xeración Nós e o Galeguismo
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,32 KB
Vicente Risco (Ourense, 1884-1969)
Datos Biográficos
- 1917: Risco funda a revista *La Centuria*.
- 1918: Ingresa nas Irmandades da Fala (un ano antes tiña contactos a través de Castelao).
- 1920: Fundador da revista *Nós* (director literario).
- 1931: Participa na fundación do Partido Galeguista.
- 1936: Durante a Guerra de Represión Franquista, Risco renuncia ás súas ideas galeguistas.
Obra e Pensamento de Risco
Os piares nos que se asenta o pensamento de Risco son:
- Cristianismo.
- Celtismo: Referímonos á conexión que tiña cos pobos celtas. Defende a espiritualidade dos pobos celtas fronte ao materialismo dos pobos mediterráneos.
- Atlantismo: Orientación que definía os pobos celtas (Portugal, Irlanda, Bretaña francesa). O Atlantismo é unha orientación. O Atlántico representa a España ibera, pobo sen camiño. Para Risco, no Norte tiña a esperanza de que Galiza fose o que foi.
- O Didactismo: As obras de Risco teñen a finalidade de ensinarlle algo ao lector.
- Importancia do mundo rural fronte ao urbanismo: Pensaba que o rural era a esencia do pobo. A súa obra abandona o ruralismo, pero defende desde fóra as cousas rurais.
- O interese que amosa polo mundo medieval.
Narrativa
Características da Narrativa de Risco
- Abandono do ruralismo (non lle interesa mostrar costumes rurais).
- Referencia aos mitos celtas (dota a súa forma dun certo intelectualismo).
- A recorrencia a temas esotéricos.
- Didactismo.
- Humor crítico.
Obras Narrativas Destacadas
- 1919: *O caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros*. Tema esotérico.
- 1925: *A trabe de ouro e a trabe do alquitrán*. É un relato de lendas populares, relacionadas cos mouros e cos tesouros encantados. En Galicia, os mouros son vistos como algo do pasado, relacionado coas orixes celtas. Predomina o didactismo.
- 1928: *O porco de pé*. Sátira contra as novas clases sociais emerxentes en Galicia no século XX. O protagonista, Don Celidonio (un comerciante foráneo, materialista e inculto), establécese na cidade de Aurora. Foi dependente dun comercio, sobe a xefe e despois é alcalde, e acabará converténdose en heroe local. A obra critica a burguesía materialista á que só lle interesa o diñeiro.
Teatro
- 1928: *O bufón de El Rei*. Drama situado nunha corte medieval. Risco, a través do personaxe do bufón, representa o personaxe do bufón.
Ensaio
- 1920: *Teoría do Nacionalismo Galego*. Verdadeiro ideario que move a unha institución, será a guía de futuras xeracións galeguistas. Trátase dun ensaio político e ideolóxico que amosa os trazos diferenciais históricos, xeográficos e culturais. Enxalza a lingua, a raza e a terra.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 - Trasalba, 1976)
Datos Biográficos
- 1916: O autor ingresa nas Irmandades da Fala.
- 1920: Creación da revista *Nós*.
- Nos anos 20 dirixe a sección de xeografía nun seminario galego.
- 1931-1936: Cando estoupa a Guerra e Represión Franquista, é desposuído da súa cátedra de instituto.
- Nos anos 50 volve ao ensino na Universidade de Santiago.
Obra e Pensamento de Otero Pedrayo
Piares Ideolóxicos
- Cristianismo: Representa a base da nosa identidade.
- Tradición: Sabedoría acumulada ao longo dos séculos.
- Oposición: Oposición ao materialismo e ao capitalismo (fronte ao espiritualismo) e á modernidade (fronte á tradición).
Narrativa e Novela
- 1925: *Pantelas, home libre* (relato).
- 1926: *O purgatorio de O. Ramiro* (relato). Tema do mundo ultratumba.
- 1936: *O mesón dos ermos* (relato).
- 1920: *Os camiños da vida* (Novela). Novela realista, historia de varias xeracións de dúas familias fidalgas.
Teatro
Otero Pedrayo non se centra en recrear acontecementos, senón en crear espazos, ambientes e personaxes.
- 1929: *A lagarada*. Traxedia ambientada no Ribeiro. Personaxes populares e de gran realismo.
- 1952: *O desengano do priorio*. Peza humorística que critica o novo comercio e a implantación da industria de tumbas.
Ensaio
Trata temas de xeografía, historia e cultura galega.
- 1926: *Sintaxe xeográfica de Galicia*.
- 1933: *Ensaio histórico sobre a cultura galega*. Desenvolvemento histórico e cultural de Galicia desde a prehistoria ata o século XX.
- 1952: *O libro dos amigos*. Homenaxe á amizade (aos seus amigos).
Poesía
- 1958: *Bocarribeira*. 65 composicións breves nas que o autor se fixa na paisaxe e no fluír temporal (o paso do tempo).