O Rexurdimento: Biografías e Obras Clave da Literatura Galega

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,23 KB

Rosalía de Castro

Naceu en Santiago en 1837 e faleceu en Padrón en 1885. Filla ilexítima, casou en Madrid con Murguía, figura clave do Rexurdimento. As súas obras máis importantes son Cantares Gallegos (1863) e Follas Novas (1880).

Cantares Gallegos

Contén 35 poemas de estrutura circular nos que canta a Galicia dende diversas perspectivas. Caracterízase polo seu ton descritivo e costumista, e aborda a poesía amorosa e a denuncia social.

Follas Novas

Este poemario está dividido en 5 seccións: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e As viuvas dos vivos e as viuvas dos mortos. O prólogo é clave interpretativa da obra e informa do seu contido. Os poemas son froito da tristura propia e do sentir as penas alleas, potenciado polo feito de ser muller. Isto condiciona o protagonismo que terán as mulleres ao longo desta obra, manifestándose na abundancia do "eu" feminino como suxeito. A temática céntrase en Galicia e a súa soidade, o home e o "eu" existencial da autora. A métrica emprega tres sistemas: romántico, popular e experimentación persoal.

Manuel Curros Enríquez

Naceu en Celanova en 1851 e faleceu na Habana en 1908. Estudou Dereito e asumiu o papel de defensa da República como forma de goberno. En 1880 publicou Aires da miña terra, poema que provocou unha forte polémica anticlerical. En 1888 publicou O Divino Sainete.

O Divino Sainete (1888)

É un longo poemario narrativo de carácter burlesco que parodia a Divina Comedia de Dante. O seu argumento narra unha suposta peregrinaxe que Curros realiza a Roma para gañar o Xubileo. Nel, vai acompañado por Añón, conducindo sete vagóns dun tren, onde cada vagón representa os sete pecados capitais (preguiza, gula, ira, luxuria, avaricia, soberbia, envexa). En cada vagón atopa diversos personaxes, moitos deles reais, que tiveron relación coa súa vida.

Temas: Denuncia social e dos males dos labregos, afán anticlerical, defensa da xustiza e crenza no progreso. Tamén inclúe poesía costumista, como A Virxe de Cristal, e presenza ocasional de poesía lírica.

Eduardo Pondal

Naceu en Ponteceso en 1835, lugar que resulta importante para el. Licenciado en Medicina, participou en numerosas sociedades literarias e tertulias.

A. Literarios

A súa primeira publicación foi o longo poemario A Campana de Anllóns (1862). En 1886 publica Queixume dos pinos, que trata dun personaxe que camiña a Ponteceso e escoita o queixume dos piñeiros.

Celtismo e Bardismo

Influenciado por historiadores como Murguía, construíu un universo literario mítico baseado nun pasado lendario, que situou na época celta. Para relatar o noso pasado, o poeta recorreu á creación de heroes que nunca existiron ou a mitos extraídos doutros lugares. Creou un mundo de ficción celta para incitar os galegos a recuperar a bravura e o orgullo dos seus antecesores celtas.

Helenismo e Iberismo

A idea do "home libre" e a "morte pola patria" proveñen da cultura helénica. Cría nunha sociedade política que confederase todos os pobos ibéricos. Deste xeito, Galicia quedaría libre do xugo castelán en unión con Portugal.

A defensa da lingua

Consideraba o galego un elemento fundamental na nosa sociedade. Foi o único autor do Rexurdimento preocupado por crear un galego culto.

Muller

O tratamento da figura feminina non é uniforme. En ocasións, aparecen na súa obra heroínas guerreiras e, noutras, a muller representa a debilidade, aparecendo mesmo como botín para os guerreiros.

O Rexurdimento

Período que abrangue boa parte do século XIX e caracterízase por:

  • Aparición na sociedade dun movemento político-ideolóxico reivindicador da personalidade colectiva galega e defensor dos seus trazos caracterizadores.
  • Recuperación da escrita literaria galega.
  • Existencia dunha serie de escritores que acadaron cotas de calidade moi altas nalgunha das súas obras.

Períodos do Rexurdimento:

  • Precursor: Engloba as actividades e a obra de autores co movemento provincialista que usaron o galego con anterioridade á publicación de Cantares Gallegos.
  • Rexurdimento Pleno: Anos centrais, nos que se deron os mellores froitos literarios. Aparición de Rosalía, Curros e Pondal. A publicación de Cantares Gallegos marca o inicio desta etapa. O xénero predominante é a poesía, aínda que comezan a aparecer o teatro. Celebráronse Xogos Florais e concursos literarios para fomentar o uso do galego na escrita, e apareceron dicionarios e gramáticas. O ano 1880 é un momento clave coa aparición de Follas Novas, Saudades Gallegas e Aires da miña terra. Seguirían Queixume dos pinos (1886) e O Divino Sainete (1888).
  • Depresión Finisecular: As obras abundan, aínda que non acadan o nivel dos autores principais. Sobreviven xéneros como a narrativa. Este período coincide coa aparición da Xeración do 98 e, en 1916, coas Normas Ortográficas da Fala Galega.

Entradas relacionadas: