Resumo Completo de Memorias dun Neno Labrego: A Vida de Balbino
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 11,18 KB
Actualizado el
Resumen
Este resumo conta a vida de Balbino, un neno pobre de aldea que mira con envexa a xente rica. Os capítulos falan da súa familia, da morte do seu padriño, do can Pachín, da mestra Eladia e do seu amigo Lelo. Ao final, Balbino marcha a servir á casa do Landeiro. O estudante verá como a pobreza e a morte marcan a vida do protagonista.
Puntos clave
- Balbino é un neno pobre que critica aos nenos ricos, porque, segundo el, non saben o que é traballar.
- A familia de Balbino vive de loito pola morte do seu tío Braulio, e por iso el non pode ir ás festas.
- O can Pachín morre polo veleno que se puxo para o raposo que matara as galiñas.
- Balbino deixa a escola para sempre cando a mestra Eladia marcha do pobo para casar.
- Lelo de Cidre salva a Balbino do río e faise o seu mellor amigo.
- Balbino tira unha pedra a Manolito, o fillo do señor, e foxe da casa para servir na casa do Landeiro.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Resumo das Memorias de Balbino
Capítulo I: Eu son Balbino
Balbino preséntase. É un neno pobre, un ninguén. Critica os nenos ricos, xa que, segundo el, non saben o que é traballar nin vivir mal.
Escribe nun caderno e algún día quixera facer un libro e ser moi famoso, pero dálle vergoña que lle atopen o caderno, xa que nel reflicte os seus sentimentos. Ademais, el non estivo na guerra nin nada semellante e non tería nada interesante que contar como fixo Smith, porque el era só un ninguén.
Capítulo II: Perdido
Balbino foxe ao bosque para non ser atopado polos seus pais. O pai déralle unha somanta por enfarruscar a cara con feluxe ao neno do señor, que tiña todas as comodidades. Ao mediodía, a súa nai e a tía chamábano a gritos. El comezou a facer figuras coa terra, froito do aburrimento. Á tardiña, todos buscaban a Balbino, ata que o seu can Pachín o atopou e volveron para casa. Ao día seguinte, cando espertou, só viu máis de dez caras arredor del, pero volveu a durmir.
Capítulo III: O Xudeu
Balbino describe unha fermosa procesión de Santos. El quería ir por foguetes, mais non o deixan, xa que son perigosos. Sen que se decatase ninguén, fuxiu de alí. Foi dar á eira do Xudeu. O Xudeu pensaba que ía roubar pexegos, pero Balbino explicoulle que non. Comezaron a falar durante un longo rato. O Xudeu explicoulle o porqué do seu mote. Logo, a nai do rapaz foi buscalo e levouno á casa. Ao chegar, o pai malloulle coa corda por escaparse.
Capítulo IV: Loito
Facía xa tres anos que morrera o seu tío Braulio e todos na súa casa seguían de loito. Nos días de festa, el quedaba encerrado na casa porque estaban de loito. O rapaz lembra como o seu tío Braulio chegara de África e lle contaba fantásticas historias. Morrera atrancado debaixo da roda do carro.
Balbino non deixaba o loito pola súa madriña, que aínda seguía triste por Braulio. O rapaz sente certa envexa polo resto das persoas, que no Entroido toleaban e na Coresma choraban. El ía ao revés: no Entroido estaba triste e na Coresma contento. O último Entroido pasárao na casa vendo a toda a xente rir a través da ventá. Describe toda a diversión que ten a xente que el non pode ter.
Capítulo V: Os maiores
O rapaz critica os maiores. Moitas veces non se preocupan por nós e dedícanse a outras cousas. Quixera deixar de ser pobre, máis que por el, polos seus pais, xa que a súa nai chorara moitas veces pola falta de recursos. Balbino quixera fuxir da pobreza a outro lugar e poder mercar pan trigo e todo o que tiña o fillo do señor, aínda que sempre haberá alguén nunha situación peor ca del. Un exemplo era Andrés, que tiña tres irmás e un pai que os mallaba. Decididamente, Balbino quería ser maior.
Capítulo VI: América
Balbino conta cando o seu irmán Miguel marchara para América. A súa irmá e a madriña choraban, e o seu pai nin choraba nin ría. O neno quería que o seu irmán marchase para América, así logo contaríalle cousas que diría no colexio. Ao tempo de marchar, os familiares recibiron unha carta de Miguel contando que vivía moi ben. Balbino decidiu que de maior tamén marcharía para América, pero non o deixaron.
O padriño e o pai do neno comezaron a discutir durante un longo tempo, cada un coas súas razóns de por que o neno non debería marchar para América. Pero el quería ir, dixesen o que dixesen. Pensou no seu irmán: onde estaría aquela carta que lle prometeu?
Capítulo VII: Pachín
Pachín era o can de Balbino. Antes de nacer o neno, tiveran outro can, pero morreu. Dérallo o Zoqueiro de Ribán en pago de terlle cravado o seu pai unha galla. O can era pequeno e marelo. Tiña unha penca no fociño e gustáballe barullar. Queríao todo o mundo. Moitos sentían envexa de Balbino polo seu can. Un día, a súa tía volvera á casa contando que ao ferrador lle entrara o raposo no galiñeiro e lle comera nove galiñas. O neno foi ao monte e descubriu as nove galiñas mortas. Para que o raposo non se achegase máis ao galiñeiro, mataron dúas galiñas e puxéronlle veleno dentro. O raposo non morreu, pero si Pachín. Balbino fixo un burato na horta e enterrouno, plantando unha cerdeira a modo de lousa.
Capítulo VIII: Rebusque
Balbino non podía ir á festa do Carme polo loito. A súa tía Carme levouno á misa, aínda que el non quería. Pola noite, viu a festa polo ventanuxo. As bandas de música tocando e a xente bailando. Imaxinouse a el bailando cunha estrela.
Ao día seguinte, antes de ir ao monte co seu pai, foi ao souto a ver que cousas quedaran da noite anterior. Atopou unha pequena caixiña brillante que gardou con moito agarimo no resío. O rapaz imaxinaba que nesa caixa habería moitos tesouros que o sacarían da súa pobreza, e con iso soñou toda a noite.
Na mañá, Balbino fixo os seus traballos e logo foi xunto á caixa. Non se atreveu a abrila. Admirouna durante un longo tempo e deixouna alí de novo, prometéndose que ao día seguinte a abriría. Cando chegou á casa, comezou a chover. Choveu a reverter. Os lóstregos e os tronos sacudían a natureza. Pola mañá, a chuvia seguía e o río desbordara. Co desbordamento, levara a caixiña do neno. A riqueza da caixa íase con ela.
Ao día seguinte, xa parara de chover e correu ao resío xunto ás matogueiras. A caixa non estaba. O rapaz levou as mans á cara e botouse a chorar.
Capítulo IX: Eladia
O rapaz vai á feira coa súa tía Carme e ve a Eladia, a antiga mestra da que el estaba namorado. Lembra o seu primeiro día de escola. Balbino era moi bo e de seguida pasoulles por diante a todos os da súa clase. O primeiro mestre que tivo foi Don Alfonso, pero levárono de volta a Andalucía porque quería impoñer a súa lingua aos alumnos. Despois, chegou Eladia. Ela colleulle moito agarimo a Balbino por ser o máis adiantado da clase. O rapaz namorouse dela pouco a pouco. Un día, a mestra púxose enferma e Balbino substituíuna.
Un domingo, el viuna cun mozo paseando da man. Enfureceu de rabia e estivo enfermo por uns días. Cando se recuperou, foi á casa da mestra, pero un veciño díxolle que Eladia marchara do pobo para casar co mozo e que non volvería. O rapaz non volveu á escola nunca máis.
Capítulo X: O Fumazo
Ese ano deixaran ao rapaz ir ao Fumazo. Foi cuns amigos e colleron feixes. Fixeron un fumazo ben grande para a noite de San Xoán e a xente foise achegando. O gaiteiro tocou e a xente non paraba de bailar muiñeira durante toda a noite. Balbino quedouse durmido e un foguete pola mañá espertouno. O pai contoulle as tradicións desa noite. Ao día seguinte, como lle dixera o seu pai o día anterior, o sol bailaba coma un tolo na mañanciña.
Capítulo XI: A Morte
O neno espertou cos berros da súa familia ao atopar o seu padriño morto, como dixera o médico. O rapaz debruzouse no peitoril da xanela, e alí estivo toda a tarde.
Coa morte do seu familiar, ninguén o botaba en falta. Balbino comparaba o curso do río coa vida da xente. De súpeto, entrou a súa nai no cuarto chorando pola morte do padriño. O rapaz non soubo que dicirlle nese momento. Baixou á cociña, que estaba chea de xente. No cuarto de embaixo estaba o padriño. Parecía que durmía. A xente rezaba polo defunto.
Pola noite, apareceu aínda máis xente. Algúns xogaron ás cartas e logo contaban contos. Balbino quedouse durmido soñando con todo o sucedido polo día. Cando espertou, estaba na súa cama. A campá tocaba para chamar á misa do padriño. Quedouse na cama cavilando sobre todo o que lle sucedera e o pouco que entendía as cousas.
Capítulo XII: O meu amigo
Balbino, antes de morrer o padriño, falara con el dos amigos. O rapaz notou que lle faltaba un amigo. Buscouno durante un longo tempo ata que unha tardiña de Nadal o atopou. A súa madriña mandoulle ir buscar o lavadoiro, pero cando o neno botou a man, esvaroulle o zoco e a corrente do río levouno. Un neno chamado Lelo de Cidre colleuno dun pé e salvouno. A partir daquela, ese neno sería o seu mellor amigo. Compartían todo e falaban das súas cousas, ata que un día o rapaz tivo que emigrar a América por culpa dos seus pais. Prometéralle escribirlle unha carta desde América para contarlle como era. E despedíronse con esa promesa.
Capítulo XIII: Sancristán
Un día, Xaquín do Relanzo petou na porta da casa do neno. Falou co seu pai para pedirlle ao rapaz de sancristán, e aceptaron. O xastre fíxolle un traxe novo e ao rematar o ano dábanlle vinte pesos. O rapaz estaba feliz facendo o traballo, pero o choio acabouse cando lle tocou a función de San Roque ao Morulo e entrou de sancristán un sobriño del. Balbino bota de menos o traballo, xa que nunca tivo nada mellor.
Capítulo XIV: O Xuramento
Serafín era o enterrador do pobo. Balbino tíñalle moito agarimo, xa que ás veces, sen que se decatasen na casa, ía xunto del e falaban un longo rato. Serafín deulle algúns consellos sobre a morte e a vida, e o neno tivoos presentes todo o día. O neno xurou que cando fose maior faría grandes cousas para non morrer de todo, e cumpriría o xuramento.
Capítulo XV: A Pedra
Un día, Balbino pasaba por diante da casa do señor e o seu fillo Manolito estaba na porta con algúns amigos. O rapaz do señor empezou a insultalo e correu xunto del para pegarlle, pero Balbino colleu unha pedra e deulle a Manolito, que comezou a sangrar na cara. O rapaz comezou a correr con todas as súas forzas. Foi á casa de Estrela, a segunda curmá da súa nai. Contoulle o sucedido con Manolito e ela deixouno durmir na súa casa. Ao día seguinte, Estrela levouno para a súa casa. Cando chegou, a súa tía e a súa nai berráronlle a máis non poder e o seu pai levouno diante do señor e comezou a arrearlle coa corda no lombo por mandato do señor. A súa familia non tiña cartos para pagar o estrago de Manolito e o señor estaba pensando en botalos do pobo, así que Balbino pensou nunha fuxida. Colleu a súa roupa, os seus zapatos e fuxiu á casa da súa irmá Celia. Contoulle todo e pediulle que lle conseguise traballo servindo a alguén. Foi servir á casa do Landeiro.
Capítulo XVI: Destino
Balbino serviu na casa do Landeiro por moito tempo. Tratouno ben e dáballe libros para ler. O que máis lle gustou foi un chamado "Robinson Crusoe", que conta as memorias dun tal capitán Smith. Coñeceu unha moza que tamén traballaba na casa do Landeiro chamada Flora, que foi a súa amiga. A súa familia visitábao ás veces: o señor non os botara do pobo. O rapaz recibiu unha carta do seu amigo Lelo cunha gran alegría. Lelo contáballe moitas cousas e Balbino a el tamén. O caderno do rapaz deullo a Alberte, que xuroulle que non o amosaría a ninguén. Que o leve.
Buenos Aires, 1960
Preguntas frecuentes
Por que Balbino non pode ir ás festas?
Porque a súa familia segue de loito pola morte do seu tío Braulio. Nos días de festa queda encerrado na casa.
Como remata o resumo?
Balbino foxe da casa despois do conflito con Manolito e vai servir á casa do Landeiro. Alí lee libros e coñece a Flora.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.