Poemas de nadal en galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 12,83 KB


A ilustración


Mvto cultural q se produciu en toda Europa ao longo do sXVIII. Algunas das súas características máis importantes son a axaltación da razón, o cultivo das ciencias, o estudo das humanidades clásicas e a preocupación polas linguas modernas e pola educación./ O obxectivo principal dos ilustrados galegos é tentar superar o estado de atraso económico, social e cultural no que estaba sumida a nos aterra. Para iso propoñen un programa reformista que podía mellorar o sistema produtivo e fúndase, con tal motivo, a Academia de Agricultura do Reino de Galicia e as Sociedades Económicas de Amigos do País./ Dentro do mvto ilustrado podemos distinguir en Galicia 2xeracións: 1) A xeración crítica (1726-1760): Frei Benito Xerónimo Feixoo (o padre Feixoo defendeu a dignidade da nosa lingua negando a súa condición de dialecto do castelán e equiparándose a outras linguas como o castelán ou o portugués), o Padre Sarmiento (profesor de Teoloxía, defensor da lingua e a cultura galega, propoñía que os escolares fosen ensinados na súa lingua materna), Anselmo Feixoo Montenegro (irmán do padre Feixoo, escribiu “Llanto de la flota por una infa gallega”, poema composto de 15 quintillas en galego no que unha ninfa se laia do afundimento da escuadra española en Rande en 1702 por parte dos ingleses. Taén é autor dunha glosa en galego), Plácido Feixoo Montenegro (é tamén irmán do padre Feixoo, e del 
só conservamos unha glosa en galego). 2)A xeración intermedia (1760-1780): Xosé Andrés Cornide Saavedra (pertenceu á Sociedade de Amigos do País e á Academia de Agricultura de Galicia. Conservamos del 3poemas en galego), Diego Antonio Cernadas e Castro (os seus versos galegos son sátiros ou de circunstancias. Del conservamos 1 composicións en galego), María Francisca de la Isla e Losada (foi unha das mulleres máis ilustres do século, ata o punto de exercer como conselleira do arcebispo de Santiago. Membro da Academia de Boas Letras do Porto, só deixou en galego unha obra de carácter humorístico, o “Romance ao señor abade de Fruime”), Padre Sobreira (autor de “Idea de un diccionario de la lengua gallega”).//// Manifestacións literarias da literatura popular: Formas versificadas: infantís (arrolos, de berce, cantares de xogos), de labor (de arada, de sega, de malla), de festa (panxoliñas, maios, cantigas de aninovo, de entroido), de romaría e santuario, de divertimento (alborada(chegada da alba), alalá, desafío, regueifa, muiñeira, cantar de cego). Formas en prosa: contos (marabillosos, de animais, de costumes), lendas (etiolóxicas-explicación das orixes de fenómenos naturais-, haxiográficas-vidas de santos-, históricas-batallas, fazañas). Teatro popular.

O prerrexurdimento


Contexto histórico: a Galicia da 1ªmetade do sXIX está marcada por un constante crecemento demográfico, un réxime de propiedade sometida aos foros. Política e administración: comeza o século coa guerra da Independencia, mais o que caracterizará as primeiras décadas será o constante enfrontamento entre liberais e absolutistas. En 1814 Fernando VII volve ocupar o trono de España ata a súa morte en 1833. O provincialismo:
Na década de 1840 iníciase o provincialismo. Loitarán na defensa dos seus intereses económicos, políticos e culturais co obxectivo de que ocupe un lugar de maior relevancia dentro do Estado./ Créase a Xunta Superior do Reino de Galicia, na que chegarán a formar parte da dirección destacados líderes provinciais como Antolín Fraldo e Pío Terrazo. Pero o levantamento fracasa e moitos dos seus líderes serán fusilados./ Rosalía de Castro, Manuer Murguía, Eduardo Pondal ou Aurelio Aguirre encabezarán unha nova xeración que desempeñará un importante labor reivindicativo e cultural. Sociedade: o modelo de organización social segue sendo o do Antigo Réxime. O campesinado é a clase media maioritaria e os fidalgos constitúen un segemento social en auxe. O clero seguirá sendo un grupo social tamén privilexiado. En canto á buruesía e ao proletariado, aínda son grupos pouco numerosos. Lingua e cultura: a centralización política nesta etapa provoca que a lingua e a cultura galegas sexan identificadas con tradición e atraso. A creación dun aparato escolar estatal, gratuíto, será un apoio inestimable á expansión do castelán, único idioma oficial./ Aparecen nesta primeira metade do século moitos xornais (El idólatra de Galicia, 1841-42, El Iris de Galicia, 1841 etc), nos que intervirán algún dos máis destacados provincialistas en defensa da nosa lingua e da nosa cultura./ A literatura do prerrexurdimento: a escaseza de textos literarios en galego segue a ser a tónica dominante na 1ªmetade do sXIX. Textos literarios de carácter propagandístico: son característicos das primeiras décadas do século e nacen como resposta a determinados acontecementos políticos e sociais da época. En 1808 publícase un romance anónimo titulado “Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento”, obra na que se pretende animar os soldados na loita contra os franceses. En 1810 Xosé Fernández de Neira publica “Proezas de Galicia”. Poesía e teatro: a comezos do sXIX continúa o villancico galego de Nadal iniciado en séculos precedentes. En canto á poesía en lingua galega, o seu cultivo foi bastante escaso e as poucas composicións que se crearon apareceron espalladas por diferentes xornais e revistas. 
Os autores máis salientables son Nicomedes Pastor Díaz (2 obras en galego: unha alborada de tema amoroso e a “Égloga de Belmiro e Benigno”, na que dous pastores choran as súas penas de amor) e Vicente Turnes (en galego escribiu diversos poemas de circunstancias, villancicos e diálogos), e a obra máis importante de teatro é “A casamenteira”, escrita en 1812 polo xornalista Antonio Benito Fandiño. Os precursores do rexurdimento:
Foron un grupo de autores que, vinculados ao provincialismo, manteñen a actividade literaria entre 1846 e 1863. Estes escritores, de ideoloxía liberal e ROMántica, van cultivar fundamentalmente unha poesía tradicional, folclórica e costumista inzada de castellanismos, vulgarismos e formas dialectais. As figuras máis destacadas son: 1)Xoán Manuel Pintos: foi un xuíz de Cambados, fiscal en Pontevedra. Cultivou literatura, música, pintura e xornalismo. Gran defensor da lingua galega e da súa dignificación, é autor de “d´A gaita gallega”, publicada en fascículos, contén unha mestura de diálogos, poemas, observacións lingüísticas etc., nos que se denuncia a marxinación de Galicia e se alude á necesidade de usar o noso idioma e escribilo correctamente co ánimo de iniciar o lector no seu uso. 2)Francisco Añón: maila residir a maior parte da súa vida fóra de Galicia, destacou polo seu amor á nos aterra. Publicou numerosas publicacións periódicas, 39 poemas en galego. O poema máis famoso é “A Galicia”. 3)Alberto Camino: foi un colaborador na prensa galega da época. Unha parte da súa obra non chegou a nós porque a mandou destruír antes de morrer. É un poeta de estética ROMántica no que predominan as composicións de temática amorosa e de carácter sentimental. O seu poema máis célebre, publicado por moitos xornais da época, é “O desconsoló”, no que un namorado chora a perda da súa amada. 4)Antonio María de la Iglesia: (1822-1892) foi un 2 principais responsables dos Xogos Florais de 1861 e da publicación do “Álbum de la Caridad”. 5)Francisco María de la Iglesia: (1827-1897) a súa poesía, de temática variada, encóntrase espallada en diversos xornais e revistas. No final da súa vida tamén escribiu prosa en galego./ Os xogos florais (concursos literarios): en 1861 celebráronse na Coruña os 1os Xogos Florais. Presentáronse poemas en galego e en castelán, que se publicaron o ano seguinte no “Álbum de la Caridad”, no que tamén se inclúe un “Mosaico poético de nuestros vares gallegos contemporáneos”, antoloxía bilingüe que constitúe a 1ªrecompilación de poesía galega do sXIX e na que figuran 40poemas en galego (Rosalía de Castro e Eduardo Pondal).

O rexurdimento


Características: o rexurdimento é o mvto de recuperación da cultura galega q se produce na 2ªmetade do sXIX como expresión da procura dunha conciencia autóctona de diferenciación cultural x parte dun sector da sociedade galega./ Ten a sua orixe remota no labor desenvuelto polos ilustrados a finais do sXVIII./ A manifestación máis salientable deste mvto é a aparición dunha serie d autores q mostran unha incuestionable militancia a prol de Galicia e o seu idioma./ o renacer da cultura galega tamén ten o seu reflexo na publicación de obras históricas e fililóxicas q se ocupan de Galicia e da sua lingua, aínda que redactadas en castelán./ delimitación: o acontecemento q marca o remate do Prerrexurdimento e a transición do Rexurdimento é a convocatoria dos primeiros xogos florais (coruña, 1861)./ a historia literaria galega acepta a publicación dos Cantares Gallegos no ano 1863 como sinal inconfundible de que algo mudou substancialmente no transcorrer da nosa literatura. Admítese este feito como o comezo do Rexurdimento./ No ano 1880 publícanse as obras poéticas Follas Novas, Saudades Gallegas (Lamas Carvajal), e a novela “Maxina ou a filla espúrea” (Marcial Valladares)./ A partir de 1889-1891 ábrese unha etapa na nosa literatura chamada Posrexurdimento, no que xurde a xeración literaria denominada “Antre 2 séculos”, que ten como representantes a Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela e Francisco Álvarez de Nóvoa./ Causas do rexurdimento. O galleguismo: O Romanticismo: a difusión das ideas ROMánticas acentúa o interese polo diferencial e polo particular e o desenvolvemento nunha tendencia a evadirse mediante a creación de mundos ideais alternativos á realidade, que se sente como desagradable. O liberalismo: potencia o emprego do galego na prensa, fundamentalmente en textos didácticos e propagandísticos./ Etapas do galleguismo: o galleguismo é unha 
corrente ideolóxica (XIX-XX) resultado da interacción entre o Romanticismo e o Liberalismo. Pasa por diferentes etapas sucesivas: 1) Provincialismo: (1840-1865) mvto que nace para defender a integridade territorial de Galicia. Os momentos de esta etapa son o primeiro provincialismo (1840-1846, moi activa no cultural e no político) e segundo provincialismo (1854-65, tiña posturas menos conflitivas, o que fai q se potencie unha fronte cultural. A consecuencia é o rexurdimento). 2) Federalismo: (1865-75) corresponde a etapa anterior e posterior á I República. Constitúe unha etapa de escaso cultivo da literatura galega. 3)Rexionalismo: (1875-1906) caracterízase pola reorganización cultural e ideolóxica. É o resultado da asunción do ideario galeguista por parte de sectores conservadores e tradicionalistas. Ten a fundación de “Asociación Regionalista Gallega”, a la que pertencen Manuel Murguía, Aureliano Pereira etc. Remata coa fundación, en 1906, da Real Academia Gallega./ Protagonistas do rexurdimento: o rexurdimento foi protagonizado por unha xeración de escritores mozos, herdeiros do galleguismo do provincialismo, aglutinados arredor do “Liceo de la Juventud” de Santiago. Entre eles atopamos a Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel Murguía entre outros./ Algúns deles participaron en 1856 no célebre banquete de Conxo, onde realizaron públicamente a súa afirmación ideolóxica: combinación de progresismo e galleguismo. O rexurdimento atopará a súa manifestación máis afortunada na poesía lírica, encarnada nas tres grandes figuras poéticas do sXIX: Rosalía, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez./ A prosa foi cultivada tamén por escritores como Marcial Valladares ou Antonio López Ferreiro (realistas).