Literatura Galega: Autores e Obras Principais

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,56 KB

Ramón Cabanillas

A súa literatura caracterízase por harmonizar a tradición literaria, asimilando a estética do Rexurdimento (Rosalía, Curros e Pondal), trazos modernistas, a inclinación cara ao sensual e o colorista, o exótico e os elementos mitolóxicos, así como a musicalidade lingüística.

Poesía lírica

  • No desterro
  • Vento mareiro
  • Da terra asoballada
  • A rosa de cen follas

Poesía cívica

É unha poesía influída polo agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala na que aparece unha gran exaltación da aldea.

Poesía intimista

O sentimento amoroso é o protagonista, así como a conmoción ante a paisaxe.

Poesía costumista

Presenta matices humorísticos ou irónicos.

Narrativa

Na noite estrelecida: o autor recupera os asuntos de Bretaña, as lendas do Rei Artur, os cabaleiros da Táboa Redonda e o Santo Grial, situado en Galicia. O poema consta de tres partes: A espada Escalibor, O cabaleiro do Santo Grial e O sono de Arturo.

Vicente Risco

Narrativa

Supón unha novidade porque abandona o ruralismo. Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros caracterízase pola intencionalidade didáctica e polo humor crítico. O intelectualismo e o didactismo pódense ver en A velliña vella ou A trabe de ouro e alcatrán. A máis importante é O porco de pé, na que se caracteriza unha parodia humorística.

Teatro

  • O bufón de El Rei
  • Nós, os inadaptados
  • Mitteleuropa

Otero Pedrayo

As claves do seu pensamento son o cristianismo, a tradición e o materialismo. A súa narrativa céntrase nos distintos aspectos de Galicia.

O mundo rural

O purgatorio de don Ramiro

No ámbito das novelas destaca a triloxía Os camiños da vida. En teatro destaca A lagarada.

Lorenzo Varela

A súa poesía está recollida en Catro poemas pra catro gravados. En Lonxe atopamos poemas reivindicativos e outros cargados de nostalxia por ter que deixar Galicia.

Eduardo Blanco Amor

Entra en contacto con Lorca (Seis poemas galegos). Tamén publica Romances galegos e Poema en catro tempos. Tamén salientamos del a creación do Teatro Popular Galego (Farsas para títeres).

Narrativa

A esmorga e Xente ao lonxe. A esmorga está ambientada na cidade de Ourense, constitúe unha declaración a un xuíz, de Cibrán, detido tras a morte do Bocas e o Milhomes. Narrada cunha linguaxe dura.

Xente ao lonxe cóntasenos a través dos ollos de Suso, a historia dunha familia obreira. Salienta nela a eficaz creación dos personaxes e a recreación do ambiente da cidade. Os biosbardos recolle sete contos onde se exploran diversas facetas da infancia e da adolescencia.

Castelao

Non parte dun corpus ideolóxico para proxectalo na súa narrativa, non comparte a visión elitista que se plasma nas súas obras, el opta por mostrar a realidade amosando diferentes facetas populares. É unha prosa sustantiva depurada de adornos e en ocasións ten un ritmo. A través do humor pretende mostrar os defectos da sociedade galega. O lirismo é outra das claves, vén favorecido polo uso de recursos expresivos.

Narrativa

Un ollo de vidro: é o único morto do cemiterio que pode ver. Cousas constitúe a creación máis orixinal de Castelao, polo carácter de síntese entre o narrativo e o plástico. Retrincos son cinco relatos ordenados cronoloxicamente que se presentan como autobiográficos. Os dous de sempre trata da vida de dous protagonistas, Pedriño, fillo de familia pobre, vive coa súa tía que o protexe de máis, lacazán, comellón, ve pasar a vida sen ningún sentido. Rañolas: eivado de pernas, sen pai e cunha nai borracha, supera estes obstáculos. É agudo, activo e emprendedor e loita por unha vida mellor.

Teatro

Os vellos non deben de namorarse conta a historia de tres vellos que se namoran de mozas e que ao final acaban morrendo.

Ensaio

  • As cruces de pedra na Bretaña
  • As cruces de pedra na Galiza

Ánxel Fole

Narrativa

Á lus do candil e Terra Brava reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio. Contos da néboa e Historias que ninguén cre, ambientados na cidade de Lugo, ao autor gustáballe xogar con tramas de misterio e cun certo humor. Nos seus libros emprega unha lingua rica xa que o seu galego é o do Courel. Nos contos de Fole retrátase unha Galicia misteriosa na que cobran importancia tres aspectos: as experiencias parapsicolóxicas (alucinacións), crenzas tradicionais (bruxería) e supersticións relixiosas (Santa Compaña). Elementos referidos á súa narración: fórmulas de apertura, narración en espiral, unha conclusión ao final do relato e unha voz narradora testemuña. Elementos referidos á lingua: abundante uso de refráns e galego mesturado con frecuentes barbarismos e dialectalismos.

Luis Seoane

Fardel de exiliado, As cicatrices e A soldadeira. A súa poesía ten como temas fundamentais a emigración e o exilio, tenta darlles a voz a tantos emigrantes anónimos que tiveron que deixar Galicia e levar unha vida noutro país, é unha poesía de denuncia social.