Linguas da Península Ibérica: Historia, Situación e Familias Lingüísticas

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,18 KB

As Linguas Faladas na Península Ibérica

Despois da conquista romana, só unha pequena zona da península, situada no oeste dos Pireneos, quedou sen latinizar. Actualmente, nesa zona fica o éuscaro, a única lingua prerromana que pervive na Península ata os nosos días. Cando desapareceu o Imperio Romano, segundo se foron conformando os distintos reinos e cobraron importancia cidades como Santiago de Compostela, León, Toledo, xurdiron linguas como o galego, o portugués, o asturiano, o castelán, o aragonés e o catalán.

Situación Actual das Linguas na Península

  • O aragonés: só é falado na metade norte da provincia de Huesca por unhas 15.000 persoas. Canto máis se baixa ao sur, máis trazos casteláns aparecen.
  • O asturiano: esténdese pola Asturias central e occidental, o occidente de Cantabria, o norte de León e algo de Zamora. Existe unha Academia de la Llingua Asturiana, fundada en 1980, que creou unha variedade estándar en 1981 e que en 1991 publicou unha gramática.
  • O castelán: é a única lingua oficial de todo o estado español. As cifras de falantes son moi conflitivas, xa que hai 8 millóns de cidadáns do estado español que falan habitualmente outras linguas, polo que a cifra real estaría por 32 millóns.
  • O catalán: a comunidade lingüística catalá repártese en catro estados: Francia, Italia, Andorra e España, e ten 7.000.000 de falantes. Ten unha tradición literaria de gran calidade, interrompida por 3 séculos.
  • O éuscaro: o territorio situado na zona oeste dos Pireneos nunca foi latinizado nin conquistado polos árabes, o que permitiu que a lingua prerromana que alí se falaba, o éuscaro, chegase viva ata hoxe.
  • O galego: da antiga Gallaecia romana xurdiron tres territorios: Galicia, Portugal e Asturias. A zona galega e a portuguesa compartían unha serie básica de evolucións dende o latín que se mantiveron ata o ano 1143, cando Portugal se independiza da coroa de Castela. Actualmente fálase en Galicia, no occidente de Asturias, no occidente do Bierzo leonés e en zonas limítrofes de Zamora por máis de 2.000.000 de persoas. O Estatuto de Autonomía, no artigo 5º di que a lingua de Galicia é o galego, que os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e que ninguén poderá ser discriminado por causa de lingua. A Lei de Normalización Lingüística dicía que o galego é a lingua propia de Galicia e que todos os galegos teñen o dereito de coñecelo e usalo.

Indicadores Sociolingüísticos para a Lingua do Noso País:

  • Indicadores negativos: a continuación do proceso da perda de falantes de lingua inicial galega, a timidez con que avanza o proceso de normalización lingüística e a escasa penetración do galego.
  • Indicadores positivos: o incremento da presenza do galego na vida pública, a oficialización da lingua e a proliferación de colectivos que defenden a normalización.

Non existen zonas plenamente galegofalantes nin totalmente castelanfalantes, pero podemos facer a seguinte distribución: segundo o hábitat, segundo a idade e segundo a clase social.

1. As Linguas no Mundo:

As linguas segundo o número de falantes:

chinés: 1000 / inglés: 350 / español: 250 / hindi: 200 / árabe: 150 / bengalí: 150 / ruso: 150 / portugués: 135 / xaponés: 120 / alemán: 100

As Familias Lingüísticas:

  • En Europa temos as linguas indoeuropeas, que son as máis estendidas no mundo. Engloba as linguas románicas, xermánicas, eslavas, albanés, armenio, as linguas bálticas, as celtas e as indoiranias. Definitivamente, todas as linguas descendentes doutra anterior, o protoindoeuropeo.
  • En África temos varias familias lingüísticas, pero apenas teñen máis dun millón de falantes.
  • En América existen tres grandes familias, destacan a maia, a guaraní e a quechua.
  • En Oceanía fálanse linguas austronesias, papúas e australianas.

As Linguas en Perigo:

Estímase que para finais deste século, podería acadar niveis de catástrofe. Con cada lingua desaparece unha cultura. As causas son: as guerras, os desastres naturais, a adopción de linguas dominantes contribúen ao seu desuso, pero sobre todo os medios de comunicación masiva.

2. As Linguas en Europa:

A Unión Europea ten 23 linguas oficiais. Son linguas oficiais da UE as consideradas máis importantes en cada país, con independencia do número de falantes ou das outras linguas que se falen neses países: o letón, falado por 1.400.000 persoas, é oficial en Letonia e na UE, pero o catalán (4 millóns) e o galego (2.500.000) non son oficiais na UE.

As Familias Lingüísticas:

  • A familia indoeuropea: maior parte de Europa e estendéndose por Asia cara á India.
  • A familia urálica: no norte de Europa.
  • As linguas caucásicas: nas montañas do Cáucaso.