A Lírica Galego-Portuguesa Medieval: Xéneros, Axentes e Códices
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,23 KB
A Lírica Galego-Portuguesa: Periodización e Axentes
Periodización da Lírica Medieval Galego-Portuguesa
Esta lírica pode dividirse en catro períodos principais:
- Período Inicial ou Preafonsino (ata 1230): Antes das cantigas de Afonso X.
- Período Afonsino (1230-1280): Creación das cantigas de Afonso X e das Cantigas de Santa María.
- Período Dionisíaco (1280-1325): Dominado pola figura de Don Dinís.
- Período Posdionisíaco (1325-1354): Despois da morte de Don Dinís.
Textos Conservados
Consérvanse tres grandes códices, ademais doutros documentos importantes:
Os Tres Grandes Cancioneiros
- Cancioneiro de Ajuda: Contén 310 composicións, todas cantigas de amor.
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional: 1647 composicións, duns 150 autores.
- Cancioneiro da Vaticana: 1205 composicións, moitas cantigas de todo tipo.
Ademais destes tres códices, cómpre salientar o Pergamiño Vindel, o Pergamiño Sharrer e o Cancioneiro de Berkeley.
Axentes da Creación e Interpretación
Trobador
Reis, nobres, de orixe aristocrática. Compoñían os versos e as melodías, pero non as interpretaban.Xograr
De orixe popular. Podían ser só intérpretes ou tamén compositores.Segrel
De orixe na nobreza ou na burguesía.Soldadeiras
Xograresas que bailaban e interpretaban cantando ou tocando instrumentos musicais.O Zéxel
Composición estrófica da métrica popular arábigo-andaluza, formada por un retrouso de dous versos ao que lle seguen tres versos monorrimos, seguidos dun cuarto verso que rima co retrouso.
Cantigas de Amor
Estruturada como requerimento de amor do poeta á dama (senhor). A amada é a representación de todas as virtudes e bens. Trátase da exaltación da muller, venerada como suma das cualidades positivas.
Temática e Estrutura
Voz masculina. Soe darse un cruce entre un preámbulo e catro tipos semánticos:
- Reserva da dama.
- Dor polo amor non correspondido.
- Eloxio da dama.
- O amor do poeta.
As marcas distintivas aparecen nos dous primeiros versos, por medio dun apóstrofo á senhor, sexa de xeito directo ou con fórmulas como "mia senhor".
Protagonistas e Actitude
Os protagonistas son o trobador e a dama (senhor). Non é unha muller real, é un ser idealizado, obxecto de sentimentos moi fixados pola retórica do amor cortés. De aí que as descricións físicas sexan moi xerais.
A actitude da dama fronte ao trobador abrangue diferentes tipoloxías, dende o desdén ata a ira. A clave é a mesura, a busca do equilibrio entre razón e paixón. A miúdo leva á coita. A coita leva consigo o pesar, a imposibilidade amorosa que conduce á loucura de amor.
Cantigas de Amigo
Recoñécese pola palabra amigo, que aparece sempre en boca dunha muller. É un xénero culto, feito maioritariamente por xograres galegos.
Forma e Estilo
O emprego de formas de repetición e o paralelismo é fundamental nestas cantigas. Este recurso estaba vencellado á música e utilizaríase tamén para lembrar as letras á hora de ser cantadas.
Clasificación das Cantigas de Amigo
O sinal distintivo é a palabra amigo nos primeiros versos. Clasifícanse en:
- Mariñas ou Barcarolas: O mar aparece como interlocutor.
- De Romaría: Festas a carón da ermida.
- Albas: Separación dos amantes ao mencer.
Paisaxe, Temática e Personaxes
A paisaxe adoita ser primaveral ou mariña (o mar).
Oímos a voz dunha muller que manifesta o seu estado en relación ao namorado. Isto converte a amiga en protagonista. Tamén pode aparecer a nai como obstáculo na relación amorosa. O amigo é sempre a figura da que se fala, e rara vez participa na acción. En moitos casos está ausente e pode aparecer como falso e mentirán.