Respice finem galego
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,62 KB
OS SÉCULOS ESCUROS
Contexto histórico e cultural: Durante os séculos XVI e XVII, os cargos máis importantes da
Asministración son exercidos en Galicia por xente de fóra, que descoñece a lingua e os costumes.
A Real Audiencia de Galicia é a encargada de gobernar e Galicia dividese primeiro en cinco provincias e Máis tarde en sete.
O principal sostén galego durante o Antigo Réxime é a agricultura.
A estrutura social é estamental: compóñena a nobreza e o clero como estratos superiores, e o campesiñado Como masa traballadora. A maioría da propiedade atópase en mans dos sectores privilexiados, tanto en Réxime de foro (cesión a longo prazo) como de arrendamento (cesión a curto prazo).
A nobreza galega achégase a Castela e faise cortesá xa desde o reinado dos Reis Católicos, sufrindo un Proceso de desgaleguización que se fará patente no século, VI.
As clases populares sufrirán unha situación especialmente grave: e os campesiños vense abocados á miseria. Isto provoca continuas revoltas, enfrontando a campesiños e señores.
Dende o século XVI ata o XIX case non se escribirá en galego, situación que sumirá a nun estado dialectal. As clases urbanas comezan a falar en castelán e prodúcese a castelanización dos topónimos e antropónimos.
Castela e Portugal dispoñen das súas primeiras gramáticas e dunhas literaturas importantes, a nosa produción Literaria culta é practicamente inexistente.
A LITERATURA ESCRITA DOS S.ESCUROS
Conservamos moi poucas mostras
Poesía anónima tradicional
Ao desaparecer a lingua galega na escrita cos últimos trobadores, o único que pode pervivir é un tipo de Literatura de carácter popular e tradicional. Só quedan escasas mostras de poesia tradicional e poesía de temas Históricos ou de circunstancias.
Poesía de temas históricos ou de circunstancias
O «Pranto da Frouseira» é un poema de 32 versos no que un poeta pon en boca da propia fortaleza os Lamentos pola morte do Mariscal Pedro Pardo de Cela e do seu fillo, decapitados na praza maior de Mondoñedo por rebelarse contra os Reis Católicos.
Poesía académica
As poucas mostras de literatura culta que conservamos da época teñen escaso valor literario.
Poesía renacentista: O “Soneto de Monterrei” composición anónima. É un poema dialogado, Semellante a unha pastorela, no que un cabaleiro lle declara o seu amor a unha pastora.
Outro texto renacentista conservado é un soneto da condesa de Altamira, poema dedicado a Alonso De Ercilla.Poesía barroca: No volume dedicado ás Exequias á Raíña Margarida de Austria , publi- cado para Laiar a morte da esposa de Felipe ll, hai dúas composicións en galego, o soneto «Respice finemis, do
médico Pedro Vázquez de Neira e o «Soneto con falda>» de Xoán Gómez Tonel. Tamén do século XVI son as «Décimas ao Apóstolo Santiago» nas que o crego Martín Torrado, , critica con fina ironía A pretensión de Felipe IV de que santa Teresa compartise o padroado de España co Apóstolo. Por Último, conservamos algunhas composicións das Festas Minervais, certames litera rios que se viñan Celebrando anualmente na universidade de Santiago.
Poesía relixiosa
Entre os séculos XVI e XIX, os vilancicos de Nadal e Reis en galego abundaron por toda Galicia. As súas Características son a galeguización de personaxes e motivos (o contorno, o Neno, seus pais, Deus, os Instrumentos populares... Son galegos), o uso do paralelismo e a combinación de elementos populares e Cultos.
A maior parte destas composicións son anónimas, pero tamén as hai de autor coñecido. En Galicia- Consérvanse nos arquivos das catedrais de Compostela e Mondoñedo.
Teatro
A primeira peza teatral que conservamos en galego é o Entremés famoso sobre pesca no río Miño
ou Contenda dos labradores de Caldelas. A obra, de ton humorístico e final feliz, trata do confito
Que se produce entre galegos e portugueses pola pesca con redes no río Miño.