Poesía galega dos anos 80: características, grupos e movementos literarios
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,83 KB
Actualizado el
Resumen
O texto presenta a poesía galega de finais do século XX, centrada na promoción dos anos 80, formada por autores nados a partir da segunda metade dos anos 40. Explica as liñas poéticas desta etapa, como o formalismo, a poesía da experiencia, o experimentalismo e a recuperación da voz feminina. Tamén describe os colectivos Rompente, Cravo Fondo, Alén e a revista Loia, así como as características principais da poesía destes anos.
Puntos clave
- A promoción dos anos 80 estivo formada por autores nados a partir da segunda metade dos anos 40 e ao longo dos 50.
- Nesta etapa convivían o formalismo, a poesía da experiencia, o experimentalismo e a recuperación da voz feminina.
- O grupo Rompente (1966-1983), nado en Vigo, avogaba por formas vangardistas e utilizaba a escritura automática surrealista.
- O libro manifesto de Rompente é “Silabario da turbina” (1978).
- Cravo Fondo naceu en Santiago en 1977 e propuña unha vía intermedia entre o formalismo e a poesía crítica.
- Entre as características da poesía dos anos 80 destacan o esvaecemento do “eu” poético e a apertura temática cara a problemática social, política e o erotismo.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
A Poesía Galega de Finais do Século XX e Comezos do XXI
Hai unha promoción anterior entre 1975 e 1980 onde destaca Xosé Luís Méndez Ferrín, que vai ser o modelo a seguir a partir de Con pólvora e magnolias. Tanto este como a promoción dos anos 80 danse a coñecer a partir de libros colectivos e porque aparecen distintas coleccións editoriais.
A Promoción dos Anos 80
Nesta promoción había diferentes liñas de poesía. Por un lado estaba a estética formalista, por outro a poesía da experiencia, o experimentalismo e a recuperación da voz feminina.
Esta promoción estivo formada por unha serie de autores nados a partir da segunda metade dos anos 40 e ao longo dos 50. Viven momentos reivindicativos desde a súa época de estudantes, onde a universidade era sensible a movementos sociais e ás transformacións políticas. Os escritores desta xeración están influenciados por autores europeos e americanos, asimilan as correntes modernizadoras da literatura universal e manteñen un diálogo vivo coa tradición poética autóctona. Existe a necesidade de renovar o discurso literario (a poesía social-realista de Celso Emilio), recuperando o gusto pola palabra como obxecto de deleite estético e ampliando o ámbito de temas propios. Nesta década aparecen varios colectivos: “Rompente”, “Cravo Fondo” e a revista “Loia”, chamados movementos da retagarda da vangarda do século XX:
Grupo Rompente (1966-1983)
Nace en Vigo. Antón Reixa, Camiño Valdeorras, etc., avogan por formas vangardistas, incluíndo o espectáculo poético-musical. Utilizan a escritura automática surrealista e xogan coa disposición tipográfica do poema. O libro manifesto é “Silabario da turbina” (1978) e outra das súas obras máis importantes é “Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio” ou “A dama que fala”. Outros títulos deste grupo son: “Galletas kokoschka non”, “Facer pulgarcitos tres”, etc.
Cravo Fondo
Nace en Santiago no 1977. Este grupo publicou neste ano un volume con este título onde participaban Fiz Vergara, Helena Villar, Xulio Valcárcel e Ramiro Fonte, que asinaron un manifesto tras facer unha dura crítica do social-realismo, propoñendo unha vía intermedia entre o proceso formalista e a poesía crítica.
Alén
Nace en Santiago no 1977. Formado por Miguel Anxo Mato Fondo, Francisco Salinas Portugal e Ramón Penas.
Revista Loia
Manuel Rivas, Vicente Araguas, Luís Pereiro e os artistas plásticos Menchu Lamas, Raimundo Patiño e Antón Patiño foron os seus principais membros.
Características da Poesía dos Anos 80
- O formalismo, entendido como vocación por abordar a linguaxe poética como elemento fundamental do discurso literario, procurando nas súas posibilidades estéticas desde un rexistro culto no que proliferan as referencias interdisciplinares.
- Esvaecemento do “eu” poético mentres gañan peso os referentes externos.
- Apertura temática. Entran neste apartado a exploración das propias vivencias, a problemática social e política, a presenza do erotismo, etc.
- Aceptación do exemplo de Méndez Ferrín de Con pólvora e magnolias e mais o de Cunqueiro de Herba aquí ou acolá. Así mesmo, hai un interese crecente pola lírica anglosaxoa e portuguesa e polo neodecadentismo da poesía en castelán.
Preguntas frecuentes
Cal é o libro manifesto do grupo Rompente?
O libro manifesto do grupo Rompente é “Silabario da turbina”, publicado en 1978. O grupo, nado en Vigo, avogaba por formas vangardistas.
Quen formaba o grupo Cravo Fondo?
Cravo Fondo, nado en Santiago en 1977, estaba formado por Fiz Vergara, Helena Villar, Xulio Valcárcel e Ramiro Fonte. Asinaron un manifesto que criticaba o social-realismo.
Que características tiña a poesía dos anos 80?
Destacan o formalismo, o esvaecemento do “eu” poético en favor de referentes externos e a apertura temática cara a vivencias persoais, problemática social e política e erotismo.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.