A Nova Narrativa Galega: Autores e Obras Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,15 KB

A Nova Narrativa Galega (1954-1970)

A Nova Narrativa Galega, movemento popular entre 1954 e 1970, caracterizouse por:

  • A aparición de autores novos.
  • Rachar coas formas de narrar tradicionais.
  • Renunciar á linearidade temporal.
  • O uso de espazos urbanos.
  • Rexeitar os argumentos convencionais.
  • Concebir o ser humano como un obxecto.
  • Renegar do enxebrismo.
  • Introducir o sexo e a violencia.
  • Recibir influencias europeas.

Autores destacados: Gonzalo Rodríguez, Mourollo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xohán Casal, María Xosé Queizán, Camilo Gonsar, Xohana Torres e Carlos Casares.

Xosé Neira Vilas (1928-2015)

Non pertence estritamente á Nova Narrativa. Acadou un verdadeiro éxito con Memorias dun neno labrego (1961), obra realista que marcou a xeración da ditadura. Continuou a súa produción con Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977).

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)

Estudou en Santiago e Madrid. Publicou Percival e outras historias. Outras obras destacadas son O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do norte. Nos anos 70 publicou Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras sombras e Antón e os inocentes. A súa obra combina de xeito maxistral a dureza e o lirismo, con temas que van dende relatos realistas ata o misterio. Na súa poesía destacan: Poesía enteira de Heriberto Bens, Con pólvora e magnolias, O fin dun canto, Estirpe, Era na selva de Esm e Contra Maquieiro.

Carlos Casares (1941-2002)

Estudou en Santiago, onde coñeceu representantes do galeguismo. Foi director da Editorial Galaxia e da revista Grial. Na narrativa dos anos 70 publicou Vento ferido e Cambio en tres. En 1975, Xoguetes para un tempo prohibido. Posteriormente: Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. As súas obras están moi traballadas tecnicamente cunha linguaxe sinxela.

María Xosé Queizán

Significou a inclusión de voces femininas. Nada en Vigo (1939), é destacable o seu labor feminista con obras como A orella no buraco (1965), Amantia, A semellanza, O segredo da Pedra Figueira, Amor de Tango, Ten o seu punto a fresca rosa, Meu pai vaite matar (2011), A boneca de Blanco Amor (2014) e Son noxento (2015). En 2007 publicou o poemario Cólera.

Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

Estudou en Santiago, onde comezou o seu labor literario, plasmado en tres libros de poesía: Mar ao norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama riveira (1933). Na Guerra Civil dedicouse á docencia e ao xornalismo. Coa fundación da editorial Galaxia, comezou a escribir en galego: Merlín e familia (1955), As crónicas do sochantre (1956) e Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961). Nos anos 70 traballou no Faro de Vigo, onde publicou Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e acolá (1971) e Os outros feirantes (1979). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ánxel Fole (1903-1986)

Estudou Dereito en Valladolid, Madrid e Santiago. Co inicio da Guerra Civil, introduciuse no Partido Galeguista. Tras a guerra, marchou ao Courel. En 1935 regresou a Lugo e comezou a traballar en El Progreso. En 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

  • 1ª etapa: Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955), que reflicten o mundo rural do Courel.
  • 2ª etapa: Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981), ambientados no mundo urbano de Lugo.

Nos seus libros emprega unha linguaxe rica e enxebre, con abundantes dialectismos. Fole móstrase na súa obra baixo a figura dun contador de contos.

Entradas relacionadas: