Teatro galego 1936-1976: Xeración dos 50 e Grupo de Ribadavia

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,84 KB
Actualizado el

Resumen

O documento repasa o teatro galego durante a ditadura franquista, desde a posguerra ata 1976, con especial atención á Xeración dos 50 e ao Grupo de Ribadavia. Explica o contexto de censura e exilio, as tendencias temáticas de cada promoción e os autores máis representativos, como Cunqueiro, Cortezón, Lourenzo ou Vidal Bolaño.

Puntos clave

  • Durante as primeiras décadas da ditadura, a represión e a censura fixeron que gran parte do teatro en galego se refuxiase no exilio americano.
  • A posguerra está representada por Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero, que abordan o absurdo e a angustia existencial desde unha perspectiva universal.
  • A Xeración dos 50 (Bernardino Graña, Daniel Cortezón, Xohana Torres) está marcada por unha forte preocupación sociopolítica e pola denuncia da opresión.
  • A Mostra de Teatro de Ribadavia (1973-1980) serviu de plataforma de lanzamento para novas compañías e dramaturgos.
  • O Grupo de Ribadavia gostaba do experimentalismo e da conexión coas tendencias do teatro europeo, denunciando a opresión política, lingüística e cultural.
  • Manuel Lourenzo estrutura a súa obra en tres liñas: clásica ou mítica, histórica e do «teatro inmediato».

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia

O teatro galego atopou grandes atrancos durante a ditadura franquista. De feito, nas primeiras décadas, a represión e a censura do réxime provocaron que gran parte do teatro en galego se refuxiase no exilio americano. Na Galicia neste período, distinguimos tres promocións.

Teatro de posguerra

Son autores como Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro ou Ricardo Carballo Calero. Naceron arredor de 1910 e formáronse na República. Nos seus textos, de alto valor literario, abordan o tema do absurdo e da angustia existencial desde unha perspectiva universal. Van máis alá da propia realidade social e existencial, presentando conflitos, situacións e personaxes universais dun mundo escuro e problemático. Aflora sempre o seu compromiso co home da posguerra, un home que vive coa angustia do presente e a desesperanza no futuro.
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981) é autor de O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959), obra na que aborda un tema universal como a busca da propia identidade. E faino, igual que sucedía na súa obra narrativa, a través dun mito da literatura universal: Hamlet. Os textos dramáticos de Cunqueiro adoitan caracterizarse como moi literaturizados; é dicir, que son case «narracións dialogadas», onde a rica prosa do autor de Mondoñedo prima sobre a propia estrutura teatral. Isto relaciónase, como xa vimos, coas poucas expectativas dos autores de ver os seus textos representados, nas primeiras décadas da ditadura.

Dramática social ou Xeración dos 50

Podemos citar a Bernardino Graña, Daniel Cortezón e Xohana Torres. Estes autores, nados entre a década dos 20 e dos 30, constitúen a primeira xeración posterior á Guerra Civil. O seu labor creador está condicionado por unha fonda preocupación sociopolítica. Aflora o conflito social e individual pola falta de liberdade e a opresión. O texto dramático convértese no instrumento co que facer unha reconstrución crítica da realidade, un instrumento de loita e intervención sociopolítica. Abordan temas moi heteroxéneos: desde a recreación histórica ata o drama psicolóxico.
Daniel Cortezón (Ribadeo, 1927). Especializouse na temática histórica: Prisciliano (1970), Os irmandiños (1977) ou Pedro Madruga (1980). Estas pezas adoitan presentar unha trama elaborada e complexa na que todos os elementos (ambientación, personaxes...) contribúen a dar unha visión integral do feito histórico que está a representar. Cortezón propón unha revisión da nosa historia, baixo o prisma do nacionalismo comprometido. É partidario dun teatro que contribúa a evitar a perda da memoria histórica.

Grupo de Ribadavia

Desde a fin dos anos 60, o teatro galego vive un gran desenvolvemento. Os lentos cambios no contexto sociopolítico propician a recuperación das actividades teatrais. Un feito de importancia capital foi a Mostra de Teatro de Ribadavia (1973 - 1980), que serviría de plataforma de lanzamento a novas compañías, como Teatro Circo, Histrión 70, Antroido, Troula ou Artello, e a novos dramaturgos, como Euloxio R. Ruibal, Manuel Lourenzo ou Roberto Vidal Bolaño. Estes autores, nados entre as décadas dos 40 e dos 50, están vinculados de forma directa á práctica teatral (actores, directores...). Gostan do experimentalismo e da conexión coas tendencias do teatro europeo do momento (simbolismo, absurdo, farsas...). O seu é un teatro comprometido no que se denuncia a opresión política, lingüística e cultural.
Manuel Lourenzo (Ferreira de Valadouro, Lugo, 1943). A obra deste autor ten unha clara evolución temática, concretada en tres liñas:
  • A clásica ou mítica, na que actualiza mitos da tradición clásica grega ou da Materia de Bretaña.
  • A histórica, na que recupera determinadas figuras do pasado histórico de Galicia ofrecendo unha visión anovada delas.
  • A do «teatro inmediato», na que aflora unha dimensión fortemente inconformista e crítica coa sociedade actual.
Son exemplos respectivos destas liñas pezas como: Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1978), Xoana (1991) e Veladas indecentes (1996).
Roberto Vidal Bolaño (Compostela, 1950 - 2002). Vidal Bolaño amosou gran facilidade para converter en materia teatral todo tipo de temas e conflitos, ante os cales ofrecía sempre unha visión crítica e irónica, xa nas súas primeiras obras (de claro matiz antifranquista) xa nas máis actuais. Entre as súas obras máis representativas están Laudamuco señor de ningures (1977), Agasallo de sombras (1985) ou Saxo tenor (1993).

Preguntas frecuentes

Que foi a Mostra de Teatro de Ribadavia?

Foi un evento celebrado entre 1973 e 1980 que serviu de plataforma de lanzamento a novas compañías, como Teatro Circo, Histrión 70, Antroido, Troula ou Artello, e a novos dramaturgos como Euloxio R. Ruibal, Manuel Lourenzo ou Roberto Vidal Bolaño.

Que temas abordaba a Xeración dos 50?

Os autores desta xeración, nados entre as décadas dos 20 e dos 30, abordaban temas heteroxéneos, desde a recreación histórica ata o drama psicolóxico, con preocupación sociopolítica pola falta de liberdade e a opresión.

Que obra de Álvaro Cunqueiro se menciona?

O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959), obra na que aborda a busca da propia identidade a través do mito de Hamlet.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que provocou a represión e a censura do réxime franquista no teatro galego nas primeiras décadas?
2. Que autor da posguerra escribiu O incerto señor Don Hamlet?
3. Que especialidade temática tiña Daniel Cortezón?
4. Que período abarcou a Mostra de Teatro de Ribadavia?
5. Cales eran as tres liñas temáticas da obra de Manuel Lourenzo?
6. Que caracteriza o Grupo de Ribadavia segundo o texto?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.