Variedades da lingua galega: diacrónica, diatópica, diastrática e diafásica

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 17,17 KB
Actualizado el

Resumen

O documento explica a variación interna das linguas a partir de catro eixes: temporal, espacial, sociocultural e situacional. Describe as variedades diacrónicas do galego, as variedades diatópicas (dialectos), os niveis de lingua (culto, medio, popular e vulgar) e os rexistros formais e coloquiais.

Puntos clave

  • A variación intralingüística distribúese en catro planos: diacrónica (histórica), diatópica (xeográfica), diastrática (sociocultural) e diafásica (situacional).
  • No galego distínguense tres etapas históricas: antigo ou medieval (séculos X a XV), medio ou dos Séculos Escuros (séculos XVI a XVII) e moderno (desde o Rexurdimento do século XX).
  • A variación diatópica dá lugar aos dialectos, ou variedades sintópicas, propias de cada zona xeográfica.
  • Os niveis de lingua (culto, medio, popular e vulgar) reflicten a destreza lingüística que un falante posúe segundo a súa extracción social, cultura e educación.
  • O nivel culto caracterízase pola dicción clara, a corrección gramatical, a riqueza léxica e a precisión expresiva.
  • O rexistro formal emprégase en situacións con alto nivel de planificación, como a linguaxe científica e técnica; o rexistro coloquial, en situacións informais.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

UNIDADES DA LINGUAXE E VARIEDADE DAS LINGUAS


En Cada comunidade, a lingua propia é sinal da identidade e vínculo de Unión entre os individuos, pero tamén, un obstáculo para a Relación cos membros doutras comunidades.

Nunca Se debe esquecer que todas as linguas nacen dunha capacidade única, Universal e común a toda a especia: a linguaxe humana.

A Varidedae lingüística é un fenómeno que se observa.

  • na Gran cantidade de linguas que se falan no mundo

  • no Interior de cada idioma

A variación Intralingüística engloba as variedades internas, comunmente Denominadas dialectos, «acentos», xergas, falares, etc.Estas Diferenzas internas maniféstanse en catro planos ou eixes:

  • temporal ou Histórico: variación diacrónica

  • espacial ou Xeográfico: variación diatópica

  • Sociocultural


    Variación diastrática
  • Situacional


    Variación diafásica

Unhalingua Histórica é a que se constitúe como unha «unidade ideal, identificada como Tal polos propios falantes e polos falantes doutras linguas. Presenta Variación interna relacionada coa variación diatópica(diferenzas no Espazo xeográfico), diástrática (diferenzas nos Estratos socioculturais) E diafásica (diferenzas nos usos).


VARIACIÓN DIACRÓNICA OU HISTÓRICA

Sitúase No eixe temporal e está constituída polas diferenzas que as linguas Presentan ao longo da súa evolución no transcurso da historia.

A Variación diacrónica dunha lingua vén condicionada polas distintas Situacións sociais e culturais nas que esta se desenvolve Historicamente.

Cada unha das variedades Históricas da lingua que presenta unhas características homoxéneas E aparece claramente delimitada no tempo recibe o nome de variedade Sincrónica

O conxunto das variedades Sincrónicas constitúe e define a variación diacrónica dun idioma

No Galego, pódense Distinguir varias etapas históricas coas súas variantes Características:

  • Galego antigo ou Medieval (séculos X a XV).

  • Galego medio ou dos Séculos Escuros (séculos XVI a XVII)

  • Galego moderno (a Partir do Rexurdimento do século XX ata hoxe).

Dentro de cada etapa Podense distinguir outras variedades lingüísticas propias de Momentos históricos determinados.

VARIACIÓN DIATÓPICA OU XEOGRÁFICA

A Variación diatópica desenvólvese no Eixe espacial e está composta polo Conxunto das diferenzas lingüísticas propias de Cada zona do territorio ocupado Por unha lingua histórica.

A Variación diatópica vén condicionada polas peculiaridades Idiomáticas caracteristicas das diferentes áreas xeográficas onde Se fala un idioma.

Cada Unha das variedades xeográficas dunha lingua Caracterizada Por uns trazos Comúns e claramente delimitada no espazo recibe o nome de variedade Sintópicca (dialecto).

O Conxunto das variedades sintópicas constitúe e define a variación Diatópica dun idioma.


VARIACIÓN DIASTRÁTICA OU SOCIOCULTURAL

Está Formada polas diferenzas lingüísticas propias dos estratos sociais, Económicos, etc. Aos que pertencen os falantes.

As Variedades socioculturais da lingua denomínanse variedades Sinestráticas, Sociolectos ou niveis de lingua.

O Nivel de lingua

É a Destreza lingüística que por extracción social, cultura educación Posúe un falante.

Nivel Culto:


Dicción clara, corrección gramatical e riqueza léxica, exactitude Precisión na expresión.

Nivel Medio:


Respecto polas esixencias normativas, austeridade expresiva.

Nivel Popular:


Maior uso das funcións apelativa, expresiva e fática, importancia Dos códigos non verbais, incorreccións gramaticais.

Nivel Vulgar:


pronuncia Descoidada, vulneración das regras gramaticais e Frecuentes incorreccións Fónicas, morfosintácticas e léxicas (vulgarismos), elevado Ton de voz, pobreza de vocabulario e uso de palabras malsoantes.


VARIACIÓN DIAFÁSICA OU SITUACIONAL

Está Relacionada coas situacións nas que se usa a lingua ou co tipo de Comunicación que establece o falante.

Cada Unha das variedades situacionais da lingua denominase variedade Sinfásica, nivel de fala, estilo ou rexistro lingüístico.

O Nivel de fala ou rexistro linqüístico

É a Modalidade expresiva dunha situación comunicativa concreta Determinada polo interlocutor, a canle, o tema e o contorno.

Rexistro Forma


. Modalidade propia de situacións formais cun alto nivel de Planificación. Son propias do rexistro formal a linguaxe Científica e técnica.

Rexistro Coloquial


. Modalidade Propio de situacións informais de comunicación. Neste rexistro Inclúense as xergas esotéricas de algúns grupos sociais e doutros Grupos profesionais Pechados.

Preguntas frecuentes

Que son os niveis de lingua?

Son as variedades socioculturais da lingua, tamén chamadas sociolectos, e reflicten a destreza lingüística que un falante posúe segundo a súa extracción social, cultura e educación. Distínguense os niveis culto, medio, popular e vulgar.

En que se diferencia a variación diacrónica da diatópica?

A variación diacrónica refírese ás diferenzas que unha lingua presenta ao longo da súa evolución histórica, mentres que a diatópica refírese ás diferenzas entre zonas xeográficas onde se fala unha mesma lingua.

Cales son as etapas históricas do galego segundo o texto?

O galego antigo ou medieval abarca os séculos X a XV, o galego medio ou dos Séculos Escuros os séculos XVI a XVII, e o galego moderno vai desde o Rexurdimento do século XX ata hoxe.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cantos planos ou eixes de variación interna se distinguen no texto?
2. Como se chama a variación diatópica?
3. Que etapa do galego abarca os séculos XVI a XVII?
4. Que caracteriza o nivel culto da lingua?
5. Que rexistro lingüístico corresponde ás situacións informais de comunicación?
6. Como se chaman as variedades diatópicas tamén?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.