Lírica galego-portuguesa: cantigas de amigo e cantigas de amor

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,54 KB
Actualizado el

Resumen

O documento presenta a lírica galego-portuguesa medieval, as súas orixes na lírica popular e nas kharxas mozárabes. Explica os temas, subxéneros e personaxes das cantigas de amigo, así como a cantiga de amor e o concepto de amor cortés. Ao final, o estudante coñecerá os campos semánticos característicos da cantiga de amor.

Puntos clave

  • As cantigas de amigo orixínanse na lírica popular e nas kharxas mozárabes, escritas en mestura de árabe e romance.
  • O tema central das cantigas de amigo é a ausencia do amigo, que provoca enfado, tristura, ciúmes ou alegría.
  • Os subxéneros das cantigas de amigo son a mariña ou barcarola, a cantiga de romaría, a bailada e a alba.
  • A cantiga de amor adapta ao contexto galego-portugués a canción occitana e expresa o amor dun trobador por unha senhor.
  • O amor cortés está baseado na vasalaxe feudal e idealiza tanto a dama como o sentimento amoroso.
  • Os campos semánticos da cantiga de amor son a louvanza da dama, o amor do poeta, a reserva da dama e a coita de amor.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Orixes da Lírica Galego-Portuguesa: As Cantigas

A lírica galego-portuguesa constitúe unha mostra fundamental da poesía medieval. A orixe das cantigas de amigo reside en dous elementos principais:

  • A Lírica Popular

    Diferentes mostras literarias europeas certifican a existencia dunha canción de amor feminina que deu orixe a xéneros diversos.

  • As Kharxas Mozárabes

    Trátase de textos breves vinculados con composicións máis amplas, as muwaxahas, e que están escritos nunha mestura de árabe e de romance castelán.

Cantigas de Amigo: Temas, Subxéneros e Personaxes

Temas e Subxéneros

O motivo temático central deste tipo de cantiga é a ausencia, voluntaria ou non, do amigo, que desencadea na voz poética diferentes emocións: enfado, tristura, ciúmes, alegría, etc.

Como subxéneros das cantigas de amigo podemos sinalar os seguintes:

  • Mariña ou Barcarola

    Caracterízase por conter referencias ao mar ou unha ambientación claramente mariña.

  • Cantiga de Romaría

    Caracterízase por situarse en capelas, ermidas, romarías ou peregrinacións, pois a miúdo estes lugares constitúen o punto de encontro da amiga co amigo.

  • Bailada

    Caracterízase por incluír un convite á danza.

  • Alba

    Caracterízase por recoller o momento da despedida dos amantes, ao amencer.

Personaxes das Cantigas de Amigo

  • A Amiga

    Acostuma a ser unha doncela que actúa con inxenuidade.

  • O Amigo

    Con frecuencia aparece na distancia, afastado da amiga, mais tamén pode lamentarse por ter que estar separado dela, etc.

  • A Nai da Amiga

    Acostuma intervir para aconsellar a filla sobre a relación co amigo ou para prohibirlle velo, feito que pode motivar que a amiga minta para poder encontrarse co namorado.

  • Irmás ou Amigas da Protagonista

    Preséntanse como receptoras silenciosas das queixas amorosas da amiga.

A Cantiga de Amor e o Amor Cortés

A Cantiga de Amor

Nace como adaptación ao contexto cultural galego-portugués da canción occitana, orixinaria do sur de Francia. Neste tipo de cantiga, o trobador expresa o seu amor por unha dama que habitualmente é denominada senhor.

O Amor Cortés

Establece un modelo de relación entre o trobador e a senhor baseado na vasalaxe feudal. Nestes textos, tanto a figura como o propio sentimento amoroso están totalmente idealizados. O amor cortés conxuga ese sentimento intenso cunha serie de pautas que dificultan que o amor sexa correspondido.

Campos Semánticos da Cantiga de Amor

A nivel lingüístico, unha das características fundamentais é a presenza dunha serie de campos semánticos que remiten a determinadas circunstancias da relación amorosa:

  • Louvanza da Dama

    A senhor é descrita polo trobador como unha muller sen par tanto física como moralmente.

  • Amor do Poeta

    O trobador confesa os seus sentimentos pola senhor.

  • Reserva da Dama

    Ante a confesión amorosa do trobador, a senhor reacciona con desdén; ademais, pode manter unha actitude de indiferenza.

  • Coita de Amor

    O sufrimento extremo derivado do amor non correspondido provoca que o trobador caia na coita de amor, unha pena intensa que pode conducilo á loucura de amor.

Preguntas frecuentes

Cales son as dúas orixes das cantigas de amigo?

Segundo o texto, a orixe das cantigas de amigo está na lírica popular, que certifica unha canción de amor feminina, e nas kharxas mozárabes, textos breves escritos en mestura de árabe e romance castelán.

Que é a coita de amor?

É o sufrimento extremo derivado do amor non correspondido, unha pena intensa que pode levar o trobador á loucura de amor.

Que ocorre na alba dentro das cantigas de amigo?

A alba recolle o momento da despedida dos amantes ao amencer.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal é o motivo temático central das cantigas de amigo?
2. Que subxénero das cantigas de amigo se caracteriza por incluír un convite á danza?
3. Que personaxe das cantigas de amigo acostuma aconsellar a filla ou prohibirlle ver o amigo?
4. De onde nace a cantiga de amor?
5. En que se basea o modelo de relación do amor cortés?
6. Como reacciona a senhor ante a confesión amorosa do trobador?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.