A prosa medieval galega: ficción e historiografía

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,86 KB

Prosa de ficción medieval galega

Prosa de ficción: forman parte deste grupo dous ciclos narrativos: a Materia de Bretaña e a Materia de Troia, así como diversos textos haxiográficos (vidas de santos).

A Materia de Bretaña (ciclo bretón)

Está formada por textos baseados en historias bretoas que circularon por toda Europa nos séculos XII e XIII. Son historias que xiran arredor do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda. Conservamos tres partes:

  • Xosé de Arimatea: narra a historia deste xudeu que recolleu o sangue de Cristo na copa utilizada na Derradeira Cea (o Santo Graal), que polo mandato de Deus vai a Gran Bretaña e fica alí.
  • Merlín: conta as profecías deste mago, anunciando a chegada de novos tempos e a vinda dun cabaleiro ao rescate do Graal.
  • A demanda do Santo Graal: narra as aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Santo Graal. Dos 125 cabaleiros que van, só son tres os elixidos: Boorz, Perceval e Galaaz (este último representa a xustiza divina arredor da cal xira o libro).
  • Libro de Tristán: narra os tráxicos amores entre Tristán e Isolda.

A Materia de Troia (ciclo clásico)

A guerra de Troia tivo un gran éxito na Europa do século XIV como materia narrativa. Os textos conservados en galego ofrécennos unha visión medieval da Grecia clásica:

  • Crónica Troiana
  • Historia Troiana

Haxiografía

O texto galego máis destacable é Miragres de Santiago, no que se inclúen varios milagres, a destrución de Xerusalén, a descrición da catedral de Santiago... A obra ten un carácter propagandístico.

Historiografía medieval

Trátase de textos históricos encargados polos reis para prestixiar a monarquía; polo tanto, teñen unha finalidade propagandística. Destacamos:

  • General Estoria: versión galega da obra castelá de Afonso X, na que narra dende a creación ata o reinado deste monarca.
  • Crónica de Santa María de Iria: tradución de textos latinos. Nela fálase do traslado do corpo de Santiago dende o porto de Iria, de distintos bispos, etc.
  • Libros de Liñaxes: fan referencia á xenealoxía das principais familias nobres de Portugal. Son catro libros, dos cales o último contén tamén referencias a trobadores e outras personalidades galegas dos séculos XII, XIII e XIV, así como lendas de gran valor literario.

Entradas relacionadas: